O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 02, 2009

ISTA FIND O AÑO DO PARROQUIAL RESUCITA NOS PRATOS DA TABERNA DE LOLA EN REMOURELLE!!


Non hai coche que sen gasofa ande , polo que tampouco hai palanador que sen tragar funcione e máis no contexto tan brutal no que imos estar inmersos, coas catro conferencias preparándose para arrincar na máis esixentes e multitudinarias da edición de todas cantas Superligas galegas de billarda se teñen realizado. É por elo que iste domingo 6 de setembro, coincidindo ademáis coas festas patronais de Ribadeo na que se celebra a III edición do partido Billardeiros Musicais+ Os Outros Vs Resto do Mundo. Os campións da última edición do Año Negro , a selección parroquial de Vilamar, celebran o xantar de irmandade na Taberna de Lola de Remourelle no que se vai despachar o trofeo en forma de aña acadado na finalísima a tres fronte ós Furabolos e ós Billardeiros Musicais.

-RIBADEO: DOMINGO 6 DE SETEMBRO




13 h: Sesión Vermute do Año Negro

Sesión Vermute do Año no BAR NEVADA en Ribadeo , na rúa peatonal Ramón González ( moi preto da praza de abastos) , encontro das delegacións participantes no xantar que o desexen antes de tirar cara Remourelle.

14:00 h: Xantar do Año Negro na Taberna de Lola (Remourelle)

Haberá representación de tódalas delegacións participantes no parroquial tanto das equipas do NorLeste coma da Conferencia Central e dos irmáns do CNL de Asturies , prezo moi asequíbel polo que pregamos a tod@s aqueles que quiran asistir que confirmen o antes posíbel a súa asistencia para facilitar a laboura de Lola e do seu magnífico equipo de cociñeiros e camareir@s. Contacto Reserva: chankli_12@hotmail.com / 605.316896

16:3o h: Partido BM+ Os Outros Vs Resto do mundo

Durante o xantar se fará a inscripción para participar no combinado do resto do mundo que a partires das 16:30 horas se enfrontará na pista do IES Gamallo Fierros de ribadeo ó poderoso tamdem BM+ Os Outros.

-SALVATERRA
: SÁBADO 5 DE SETEMBRO:

Pero o domingo mentras uns brindan nas terras do Norte , outros membros da tribu nas terras do Sur estarán de resaca billardeira despois diste sábado 5 de setembro realizar a segunda edición do Aberto no festival da Poesía do Condado en Salvaterra , a organización premia cun lote de libros e viño ó campión diste aberto e para amortiguar os efectos iste explosivo coctel decidiron marcar a hora do inicio a unhas intempestivas 12 h. do mediodía....un simple quencemento de bonecas para o 12 de setembro facer retemblar Redondela no arrinque da Superliga na Conf. Sur

E como non hai quen se atreva a dar sedes oficias á LNB seguimos okupando bares xa que na Zona Estornela anuncian reunión de capitáns aberta a todo palanador que o desexe no Bar Puentes de Compostela para o 27 arrincar a tempada de Superliga tamén na Conf. Central....camareiro unha cunca que nos desidratamos con tanto lume [ descultas polos erros motivados polo fume entre os ollos]

1 Comments:

  • At 12:13 AM, Blogger Unknown said…

    O aberto da poesia celébrase en Salvaterra de Miño, no interior da muralla, deica..!

     

Postar um comentário

<< Home