sexta-feira, setembro 28, 2007
Absolutamente conmocionados pola xa cada vez máis próxima irrupción na pista da Zapateira da conferencia Noroeste con epicento na cidade da Coruña o inicio de tempada na conferencia irmá fixo necesaria a irrupción en escea do web oficial da conferencia NorLeste, aquí poderedes seguir as clasificións nas principias táboas clasificatorias e ler as actas oficias de cada partido e moi atentos porque niste mesmo web ides poder descargar as fotos oficiais das nove franquicias que compiten nista conferencia, mentras na TENDA-LNB poderedes seguir adquirindo material deportivo e consultar o calendario para ista tempada 2007-08 que xa tendes á vosa disposición. Acabicórnate coa serpe multicor da LNB!!
segunda-feira, setembro 24, 2007
1º CARREIRADA DA XORNADA PATROCIANDA POLA CERVEXA SAN MIGUEL. ZIDANE vs CHEMA. Todo o que se diga É pouco , TELE-VARAL retransmitíu xunto coa Galega ista histórica carreira na que Juan Pico contou cos espectaculares comentarios de Sak membro da conferencia NorOeste con epicentro na cidade da Coruña. E como traca inicial xa podes descargar o tema Achicando as pozas, B.S.O construída en exclusiva para a LNB por ZIMMER103 coma trepidante psicofonía alieníxena para o deporte da billarda, qué forte que forte , comezou a SUPERLIGA que o demo reparta sorte!!
A SUPERLIGA DE BILLARDA 2007-08 BOTOU A ANDAR!!
Conomoción absoluta no deporte galego de esencia tradicional , arrincou ise gran catro eixos chamado SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA que no seu interior carrexa a máis perigosa e explosiva das cargas posíbeis, a da emoción e a da constancia duns palanadores e palanadoras que en cada golpexo da madeira contra a madeira se reivindican coma deportistas e coma militantes disa tribu chamada LNB. ás 16 h do domingo 23 a pista da Anguieira a mesma que víu nacer fai uns anos a pequena miñoca LNB agora convertida en gran serpe multicor , vestiuse de gala para recibir ós máis de 50 palanadores e palanadoras englobados nada máis nen nada menos que en 9 franquicias que inicaban a competición da mellor liga de billarda do mundo. E como non podía ser doutro xeito , centos de afeccionados a iste deporte que se espalla coma o lume na herba seca en terras galegas , asturianas e portuguesas se deron cita para apoiar de xeito enfervorizado dende as improvisadas bancadas ós seus equipos na pista.
Bruaban as gradas , sobresaíndo os siadeiros dos debutantes Billardeiros Musicais, que facendo honor ó seu nome de xeito enfervorizado apoiaban as acción do italo-galego Franco , Lourenço ou Hugo que arrincaban a cada golpe ó igual que os seus compañeiros os aplausos dos seus seguidores, máis comeidos e concentrados se amosaron os outras cenicentas na competición , Os Remurelle-Bulls chegaron á Anguieira dispostos a asimilar o máis axiña posíbel sistemas de xogo dista competición que racha moldes e poucoa pouco ir arrincando chantos no cabeza da clasificación. Outros que debutaban como franquicia eran os Piratas da Billarda, sen dúbida a gran sorpresa da xornada e de seguroda tempada , son os máis xoves da competición pero demostraron unha veteranía importada da súa militancia nas división inferiores da LNB , Cistian , Lía e os dous Adriáns xa amosan credenciais para estar no máis alto a final de tempada.
Pero ademáis das novas franquicias as xa existentes luciron as súas nova incorporacións , a desvandada sufrida pola EkipA foi paliada polas incorparación do eléctrico Xosiño, o Mesi da Billarda que xunto con Edelmiro de seguro fan renacer das cinzas á ista historica franquicia, un exEkipA coma Iván brilou de novo no Sporting Petapouco e as Fanecas Bravas con Luisa , e a fichaxe da palanadora urugaia Pamela ven fortalecida o seu poder anotador . Así as cousas O Varal ofrece un adianto resumido das principais táboas clasificatorias que serán completadas no especio patrocinado pola TENDA - LNB : Hugo ( Billardeiros Musicais) , Suso (Remourelle-bulls) , Rafa ( Tronos do Masma) , Cristian ( Piratas da Billarda ) e Ivan ( Sporting-Petapouco) lideran a clasificación xeral con 6 puntos e Billardeiros Musicais, Remourelle Bulls con 18 puntos seguidos dos Tronos do Masma con 16, Sporing 14 encabezan a clasificación de Franquicias, comezou a SUPERLIGA !!
sexta-feira, setembro 21, 2007
ARRINCA A SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA!!
DOMINGO 23 ÁS 16 H , NA PISTA DA ANGUIEIRA EN BARREIROS (LUGO) ARRINCA COA FORZA DUN XABARÍN FERIDO A NOVA EDICIÓN DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA E COMO TRACA INICIAL SOARÁ NO CASSETE DA LNB ZIMMER103 CUNHA SINPHONÍA ALIENÍXENA ESPECIAL QUE SE VAI CONVERTER NA B.S.O PARA UN DEPORTE QUE ARRINCA CHANTOS E INVADE AS LEIRAS . AGARDÁMOSTE PARA ACABICÓRNATE COA SERPE MULTICOR DA LNB, COMEZA O ESPECTÁCULO!!
quinta-feira, setembro 20, 2007
IRROMPE A 1º CARREIRRA DA XORNADA DA HISTÓRIA > CHEMA vs ZIDANE!!
Os reloxos andan lentos coma coscos xa que os palanadores e palanadoras da mellor liga de billarda do mundo están desexando xa, romper coa tensión e o nerviosismo das horas previas ó inicio da tempada, pero, sobre todo dous palanadores estarán máis excitados e concentrados ca ninguén. Como xa anunciabamos a LNB xa elexíu os bois que van turrar na primeira e histórica chega billadeira da CARREIRA DA XORNADA, por unha banda Ismael, O Zidane da Billada o experimentado palanador dos Cornería-Team vai ter enfronte a un emerxente e debutante deportista na SUPERLIGA, Chema dos Billardeiros Musicais debuta ó grande nista primeira carreira da xornada da historia patrocinada polo distribuidor oficial da cervexa San Miguel no NorLeste galego. TELE-VARAL ultima preparativos para xunto coas cámaras da GALEGA compatir os dereitos de retransmisión dista histórica data, a do domingo 3 de setembro na pista da Anguieira de Barreiros. Non hai cura para o veleno da picadura da serpe LNB!!
quarta-feira, setembro 19, 2007
SALTA MUROS E ALAMBRADAS....FALTAN SÓ 105 HORAS PARA O INICIO DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA!!
Iste domingo 23 de setembro comeza o gran espectáculo da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA, paláns en alto de novo para tentar acadar a gloria que só uns poucos da grande tribu de palanadores epalanadoras poderá acadar. Participación histórica na conferencia NorLeste con epicentro na mariña de Lugo donde van ser nada menos que 9 franquicias as que inicien carreira a partires da 15:30 h. na pista polideportiva da Anguieira , o mesmo cemento que víu nacer e reproducirse á LNB. Ós Sporting Petapouco, Fanecas Bravas, Bíteres, EkipA SaFaRi , Cornería –Team , Tronos do Masma únenselles as novas franquicias dos Piratas da Billarda , Remourelle-Bulls e os Billardeiros Musicais para facer dista terceira edición da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA a máis competitiva e electrizante das nunca antes desputadas. As rúas e os carreiros da Galiza xa ferven porque faltan só 105 horas para o inicio do gran espectáculo, moi atentos á pantalla porque a LNB xa ten escollido os protagonistas da primeira CARREIRA DA XORNADA , que enfrontará a unha máis que consolidada estrela do deporte da billarda cun debutante que amiaza con destronar todos os moldes dista competición que inicia a súa intensa conta atrás.....
segunda-feira, setembro 17, 2007
APRESENTACIÓN MUNDIAL DO ORGANIGRAMA COMPETITIVO DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA!!
Todo listo para que ista fin de semana se volte a vivir , ulir e palapar a loucura dunha fin de semana de SUPERLIGA de Billarda. Foron un par de meses de angustiosa espera que agora xa chegan ó seu remate . O Varal apresenta o organigrama competitivo que a LNB vai desplegar durante ista edición da SUPERLIGA con dous frontes abertos, un con epicentro na cidade da Coruña , a conferencia NorOeste e outro con epicentro na mariña de Lugo , a Conferencia Norleste, niste última coa participación histórica de 8 franquicias que engloba a 50 palanadores e palanadoras que obrigou a reestructurar a competición e establecer dúas series A e B de igual rango entre as dúas das cales sairán os elexidos para loitar en Compostela nos play-off polo título final. Moi atentos á pantalla porque con primeira xornada da Superliga chega a explosión da primeira carreira da xornada que moi pronto anunciaremos quen son os bois billardeiros que se van enfrontar nista histórica chega retransmitida en exclusiva polas cámaras liséxicas de TELE-VARAL. Outro deporte xa está a ser posíbel!!
quinta-feira, setembro 13, 2007
O CABALO DE FERRO DO SERÁN PASA POR RIBA DAS CHAIRAS DA TRIBU QUIMBAMBEIRA!!
Comeza a conta atrás para que o vindiero domingo 23 de setembro a primiera billarda voe na pista da Anguieira no agradadísimo arrinque da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA, iste mércores entre bágoas polo inminente cese de actividade nas Quimbambas da Radio Galega a voz da LNB adiantou en exclusiva para as nosas madriñas antes de que o tren do serán arrinque da estación , a nova estructura da competición e as datas claves para unha tempada que amiaza con espallarse polo país como o lume pola herva serca. Cos faxes botando fume por contratacións de última hora e incorporacións de novas franquicias á competición a LNB vai realizar ista tarde-noite o primeiro sorteo da tempada donde sairán os enfrontamentos face a face e a gran novidade da tempada, a primeira carreira da xornada , carreira patrocinada por DISTRIBUCIÓNS ANDURIÑA , distribuidor oficial da Cervexa San Miguel no NorLeste da Galiza , que exercerá de patrocinador oficial da carreira máis importante da xornada que TELE-VARAL emitirá en exclusiva para toda a tribu billardeira espallada polo mundo enteiro, peles roxas e siux da billarda contra o cabalo de ferro que aniquila a extrabagante e singular fauna que cada tarde habitamos na lagoa dos soños da república independente das Quimbambas.... eu non digo nada!!
segunda-feira, setembro 10, 2007
DOUS SETOS A CERO VENCE O COMBINADO LNB A UN EMERXENTE E PODEROSO EQUIPO DOS AMADORES DA MÚSICA
Espectacular enfrontamento o producido iste domindo 9 de setembro na pista de Ove entre os Amadores da Música e un Combinado LNB constituido especialmente para iste Torneo das festas patronais Ribadenses. Partido pactado a dous setos , a versión billardeira dos sets tenísticos que pese ó inicial empurre dos Amadores a combinado LNB impuxo a súa maior consistencia competitiva para vencer non sen apuros por dous setos a cero a un emerxente combinado dos Amadores da música e da billarda.
Tarde soleada para que os dous combinados , o da LNB e o dos amadores da música dirixidos pola batuta de ferro de Chema se batiran nun moi agardado duelo na pista polideportiva de Ove. A serpe multicor da LNB desprazouse reptando baixo o cabazo que dá acceso á pista de xogo para demostrar unha vez máis que outro deporte é posible. E coas bancadas repletas de siadeiros animando ós amadores e ó combinado LNB deu comezo o partido pactado a dous setos , a versión billardeira dos sets de tenísticos , o arrinque demoledor do combinado dos amadores deixou case sen alento ós expertos palandores e palandoras da LNB que vían como os seus representantes se desvanecín ante o empurre de xogadores do combinado internacional dos amadores con Franco , Daniel , Lourenzo e Diego como grandes intérpretes na pista da partitura técnica descrita por Chema antes do inicio da contenda.
Pero a medida pasaban os minutos e carreiras os membros do combinado-LNB semellaban non ser quen de atallar o furacán de xogo iniciado polos amadores, nen Ismael , O zidane da billarda era quen de aplacar as terribles embestidas dos amadores , foi como non podía ser doutro xeito , Calvete o experimentado palandor dos Sporting Petapouco quen inicio a remontada do combinado da LNB propiciada en grande medida por unha baixada no ritmo de efectivinade dos golpexos dos amadores.
Varados a contrarritmo , megáfonos anunciando que a revolución deportiva está en marcha e pancartas co lema "sempre nos quedará a música" amosaron o grande e probado compromiso dos amadores da música co deporte da billarda , a pé de pista tamén unha importante delegación da selección asturiana collendo recortes para tratar de vencer á auténtica sección galega a de billarda no seu xa próximo desprazamento a Avilés para desputar a 1º edición da COPA Cantábrica. A gran orquestra da LNB afinou en Ove os seus instrumentos para a partires diste 26 de setembro iniciar a gran xira da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA que desembocará nun histórico play-off entre os mellores das dúas conferencias en xogo , a NorLeste e a NorOeste. Únete á serpe multicor da LNB!!
sexta-feira, setembro 07, 2007
COMBINADO LNB VS AMADORES DA MÚSICA
As festas de Ridabeo supoñen para a LNB a última GRAN proba de lume antes de afrontar unha histórica tempada billardeira, a máis esixente de todas as desputadas ate o de agora . Pero mentras non chega o pistoletazo de saída do 23 de Setembro para os deportistas da conferencia NorLeste , a pista de Ove vai ser a sede da primeira edición do Torneo de Billarda das festas patronais Ribadenses donde un combinado das estrelas da LNB capitaneado por Ismael O Zidane da Billarda se vai enfrontar ó espectacular e desafiante equipo dos Amadores da Música que por vez primeira pousan os instrumentos e empuñan os paláns . O duelo está marcado para as 17 h da tarde do domingo 9, prevese resaca en ambos bandos pero a furia e as ansias do debutante equipo das Amadores dirixidos porla batuta de Chema amiaza con facer un descosido ós expertos palandores e palanadoras da LNB , qué pensarán Pavarotti e Sid Vicius de todo isto?
quarta-feira, setembro 05, 2007
NACE A LNB-NOrOESTE!!
Absolutamente colapsados e sen palabras para expresar a emoción , fai uns meses durante a desputa do billarda all stars 2007 intuíase , agora xa é unha realidade, contitúese a LNB-NOROESTE, TELE-VARAL celébrao rescatando un histórico video no que Sak , un dos grandes loitadores e fundadores dista conferencia Noroeste se dirixe emocionado a toda a tribu billardeira dun e doutro extremo da Galiza reunidos nun histórico xantar despois do billarda all stars 2007!!
Xa está en funcionamento o seu espacio web e o seu correo de contacto a donde te tes dirixir para entrar en xogo, as dúas conferencias Leste e Noroeste coordinan calendarios para botar a andar nunha histórica edición da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA que vai decidir o seu campión nuns play-offs billardeiros que enfrontaran ós mellores de cada conferencia nunha final que vai rachar todos os moldes posibles. TELE-VARAL prepárase tamén para distrubuír en exclusiva mundial as imaxes dista conferencia noroeste polo que os milleiros de afeccionados ó deporte da billarda no mundo poderán seguir en pechado na frecuecia da nosa t.v dixital as evolucións das grandes estrelas das conderencias Leste e Noroeste da mellor liga de billarda do mundo A SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA!!