![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhr7tJ4h4EBGCukDrvtxEdI1yZWJnQ_QYFT4JMxFaVGmt9SzpfbGaZl_IfQYCO6dllCkBJuB4hhZnYj4TRTMBbCx8MahOyQWWRP5GRyI5qBFH_Pa_iPTd3Pr3BJtuHLRRx-UCEz/s320/Sep14_37.JPG)
Todo listo para que ista fin de semana se volte a vivir , ulir e palapar a loucura dunha fin de semana de SUPERLIGA de Billarda. Foron un par de meses de angustiosa espera que agora xa chegan ó seu remate . O Varal apresenta o organigrama competitivo que a LNB vai desplegar durante ista edición da SUPERLIGA con dous frontes abertos, un con epicentro na cidade da Coruña ,
a conferencia NorOeste e outro con epicentro na mariña de Lugo , a Conferencia Norleste, niste última coa participación histórica de 8 franquicias que engloba a 50 palanadores e palanadoras que obrigou a reestructurar a competición e establecer dúas series A e B de igual rango entre as dúas das cales sairán os elexidos para loitar en Compostela nos play-off polo título final. Moi atentos á pantalla porque con primeira xornada da Superliga chega a explosión da primeira carreira da xornada que moi pronto anunciaremos quen son os bois billardeiros que se van enfrontar nista
histórica chega retransmitida en exclusiva polas cámaras liséxicas de
TELE-VARAL.
Outro deporte xa está a ser posíbel!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home