O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 19, 2007

SALTA MUROS E ALAMBRADAS....FALTAN SÓ 105 HORAS PARA O INICIO DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA!!

Iste domingo 23 de setembro comeza o gran espectáculo da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA, paláns en alto de novo para tentar acadar a gloria que só uns poucos da grande tribu de palanadores epalanadoras poderá acadar. Participación histórica na conferencia NorLeste con epicentro na mariña de Lugo donde van ser nada menos que 9 franquicias as que inicien carreira a partires da 15:30 h. na pista polideportiva da Anguieira , o mesmo cemento que víu nacer e reproducirse á LNB. Ós Sporting Petapouco, Fanecas Bravas, Bíteres, EkipA SaFaRi , Cornería –Team , Tronos do Masma únenselles as novas franquicias dos Piratas da Billarda , Remourelle-Bulls e os Billardeiros Musicais para facer dista terceira edición da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA a máis competitiva e electrizante das nunca antes desputadas. As rúas e os carreiros da Galiza xa ferven porque faltan só 105 horas para o inicio do gran espectáculo, moi atentos á pantalla porque a LNB xa ten escollido os protagonistas da primeira CARREIRA DA XORNADA , que enfrontará a unha máis que consolidada estrela do deporte da billarda cun debutante que amiaza con destronar todos os moldes dista competición que inicia a súa intensa conta atrás.....