O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 31, 2011

SAMAIN E BILLARDA ....DESEXARÁS ESTAR MORTO!!

Fai uns anos a LNB coincidinado con Samain , deu un paso fundamental no seu devir posterior , por mor dunhas verbas escoitadas nun estalo televisivo sobre a conxunción de Cabazas e Billarda nas terras de Cedeira , un comando da conferencia Mae tirouse cara aló para viver nas propias carnes a intensidade dista data . O contacto non foi todo o productivo que nun principio pensabamos mais sentou as bases para as futuras accións que avistamo billardeiro que posteriormente viñeron e que o intenso lume da cabaza nos servíu de referente.

É por elo que istas datas de Samain están moi intensamente xunguidas ó engraxamento de bielas da nosa nave de buxo e por elo que non podemos deixar de desexar intensamente estás mortos para cosn nosos entergos correr unha brutal noite de esmorga coma a que colleron os palanadores e palanadoras que desfrutaron da nova edición do Aberto do Castanhazo rock de Chantada . E para achegarse o máximo posíbel ó mundo das ánimas ou nos pegamos un tiro urxentemente ou nos mergullamos por exemplo iste note na gran festa de Samain dos irmáns do Madia-Leva de Lugo Desde às 18h00. Obradoiro de cabaças. (Trae a tua cabaça) , Às 20h30. Passa-ruas., Às 22h00. Ceia. (Magusto, empada e creme de cabaça). Confirmar assistência à ceia. Custa 5 eur. - uns ósos de santo que se espallan tamén na Faisca de Vigo , na Ghudalla de Moaña - E iste luns de lume e morte non atopamos mellor medium co máis alá que o akelarre que os irmáns de INVIVO e K-Raxe van montar ista noite no Pub D´Antón en Laracha, ate alí acudirá o exertito de zombus landús da LNB para depois rematar a festa cunha queimada de bandeiras no camposanto!!


E se de queimada falamos impresinante a que se servíu no explosivo I Abertiño Anti-Fans de Extensión Agraria no Magosto de Meira que demostrou que a conquista de novos espazos é posíbel grazas mediante a ilusión compartida de todos coantos formamos ista gran tribo , as Anti-Fans puxeron a primeira pedra e demostrarosn que non se pode ir a nigures sen paláns nen billardas porque calquera sitio é apto para un Abertinho polo que se ista noite vas ir a un samain , magosto, ou a calquera celebración entre o lusco e fusco da vida e da morte que saibas que as billardas estarán prestas para pedir ar a berros... anti-fans sempre, adiante co varal!!

domingo, outubro 30, 2011

REGUEIRO NA PONTENOVA, VIANA EN CHANTADA E AS ANTI-FANS DE EXTENSIÓN AGRARIA EN MEIRA!!

Estreo por todo o alto na espectacular praza dos fornos da Pontenova , nen moito menos un Aberto máis senóno Aberto que pon á Conferencia NorLeste na cota máis alta de participación da súa história rachando o teito dos sesenta particiapantes.

Histórica tamen a irrupción por primeira vez nas pista da LNB da Auténtica cervexa nacional galega , A Menduiña converteuse así na Pontenova en marca oficial colaboradora dista nosa competición que racha moldes e que xunto Fornos arrinca unha carreira de ferro que se espallará imparábel por todas as gorxas das conferencias.

Premios infatigábeis són os que a LNB colleita ne cada aberto e deixa no camiño semente de vistoria , un exemplo diso son os irmáns do Cadaval a franquicia LNB de Catro de Rei que estiveron , como non podeía ser doutro xeiro no Aberto do Ferro, e despois de reviver xunta a eles a intensidade do pasado Aberto do festival da Chaira recordounos a toda a tribo que xabarón da cahira agasallo para o campión estaba aínda no conxelador agardandose ser devorado.

Foi un Aberto que quedará marcadoa a lume e ferro no subconsciente colectivo do tribo toda do NorLeste xa que do explosivo Clube de Anti-fans de Extensión Agraria se preparaba un brutal punto e seguido co punto de mira posto no Magosto do irmáns de M de Meira.

De fantástico se pode calificar o espectacular rendemento das dúas franqucias locais da Pontenova, Pau de Toxo e Troitas Bravas demostraron fronte ó seu públlico que non están de turismo na LNB nen moito menos, os adestramentos oficiais e a concentración fan distas franquicias temíbeis para todo o resto de participantes.

E ademàis das franquiciais da conferencia mae , saliantábel a presenza de palanadores e palanadoras da conferncia sur que torcaron ista find de hemisferio para desfrutar dunha xornada maís de billarda e loita na Norleste. Podium de luxo con Xan Rodiño é o máitico Luis Camiña custodiando ó gran Monteiro da Pontenova e Navalleiro Nacional o Troio Bravo Xosé Regueiro, que amiazou non deixar a espectacular navalla na casa e levala ó proximo Aberto de Flores para pinchar balóns de fútbol que impidan o desenrolo do xa mítico 3 vs 3 de basket post aberto e sobre todo utilizar a ferramenta á hora de xantar o lacón de Meira que Regueiro xa ten entre cella e cella.


O Califato lugués iste sábado foi un fervedorio absoluto de norte a Sul xa que mantras A Pontenova vibraba Chantada toda en pé aplaudía a espectacular actuación do palanadora da Faisca Viana que vencía e convencía nunha sesión a base de varados no Aberto do CastañazoRock donde a ekipa-LNB quedou quedeou de segundo na xeral de deportes bravús. E por se non fora pouca festa no M de Magosto de Meira as Anti-Fans de Extensión Agraria realizaron unha das màis alebrestadas accións pondo en marca un espectacular Abertinho de Billarda que deixou ós presentes impactados , atención ós espectaculares crónicos e imaxes distes frontes que deixaran k.o ó máis

quinta-feira, outubro 27, 2011

FEBRE DO SÁBADO NOITE>> CASTAÑAZO ROCK EN CHANTADA E FERRO, NAVALLAS E CERVEXA MENDUIÑA NO EXPLOSIVO ESTREO LNB NA PONTENOVA!!

Os pilares da mitoloxía da música e cultura bravú forxáronse fai xa moitos anos nunha das primeiras edición do Castañazo Rock de Chantada, iste sábado celebrarase unha nova edición diste referencial festival de reivindica a filosofía do aume a bravío da carne sen capar , e como non podía ser doutro xeito dende de novo as billardas da LNb estarán presentes nunha nova eidición do Aberto de Billarda que vai ter coma premio para o gañador unha espectacular garrafo do Licor Café de Auga Vella , e moita atención con iste nome porque a LNB está tanteando a
posibilidade de oficializar a colaboración con ista licoreiría de Chantada para que moitos màis campións durante a tempada poidas levar gorrafos de Licor Café- Auga Vella. A cita apartires das 16:30 h. no mercado gandeiro, un Aberto que servirá ademáis para abrir o lume para a iso das 18 h. afrontar en plenitude absoluta a espectacular sesión dos xogos bravús. E dende as 19:30 h. poderedes repor forzas no Magosto popular no mesmo mercado gandeiro donde tamén se realizará o explosivo festival no que moitos e moitas rematarán SKARALLAOS / contacto directo para o Aberto >> 647.190789 - Nota>> e atención porque outra nova marca colaboradora confirma o seu estreo nas pistas da LNB , son os espectaculares packs de Galletas Mariñeras Daveiga que se unirán á garrafa de Licor Café de Auga Vella coma premio para o campión ou campioa diste Aberto do Castañazo Rock_011!!

PRAZA DOS FORNOS DA PONTENOVA , ACHÉGATE Ó INMENSO PODER DAS BILLARDAS DE FERRO!!
As puñaladas ate o de agora eran síntoma de traizón , mais dende iste próximo sábado no brutal estreo LNB que se vai producir na Pontenova iste concepto vai trocar radicalmente. Cunha equipa local totalmente implicada , a terceira enganchada da Norleste promete ser disas que deixan pegada no subconsciente colectivo , deixárono claro no pasado Aberto da faba de Lourenzá co Gardarríos de testigo, a Pontenova chega á LNB e faino para quedarse e para exercer de referente absoluto en toda a tribo LNB. A realización de adestramentos regulares coma o executado polos palanadores e palanadoras ista xoves só 48 h. antes de saltar ó ring diante do seu público , deixa clara ista cuestión. Nunha semana tan intensa como a que deixamos atrás marcada para a eternidade polo falecemento de mítico Calvete , non podemos deixar de orgullecernos del e da súa poderosa semente de victoria que prantou en todo en tod@s nós , cando vemos actitudes e compromiso coma o que se vai poder palpar iste sábado apartires das 16:30 h. na Praza dos Fornos da Pontenova ( se chove no Instituto) . Contacto directo>> 699.362061

A PONTENOVA ACOLLERÁ A EXPLOSIVA A TERRAXE DA CERVEXA MENDUIÑA NAS PISTAS DA LNB!!
Dende fai un tempo vimos apuntando sobre unha serie de marcas e productos cos que a LNB comparte filosofía e cos que busca alianzas de acción moito máis aló dos meros patrocinios económicos de ida e volta sen máis compromiso ca un maldito puñado de euros, iste sábado na Pontenova sélase unha alianza histórica que xa non ten volta a trás , son moitos os que tentan colarnos coma propia brevaxes de cebaza , máis só a Cervexa Menduiña reune todos o elementos e parámetros de produccion e distribución posíbeis para considerala coma a cervexa nacional galega , 6 sabores , dous deles con caracter estacional marcan selo de calidade dunha marca de cervexas que chega á LNB para quedarse eternamente compartindo grolos e varados nunha mesma dirección , iste sábado no Aberto da Pontenova , producirase a agardadísima aterraxe da cervexa menduiña ó desacougante universo LNB para premiar ó campión ou campioa diste gran torneo de ferro....ei mamaiña, outra Menduiña!!!

....E TAMÉN NAVALLAS DA PONTENOVA!!

Mais no espectacular set de premios para os campións ademáis da Menduiña os ocupantes do podium atoparan uns espectaculares exemplares de navalla feita na Pontenova coa que atacar sen medo ás forzas do imperio do mal. E non todo remata aquí, xa que para os que gosten de seguir a festa na veciña Meira os irmáns de Tropa Lixeira teñen montado un M de Magosto que vai rachar moldes xa que nise contexto de festa e castañas o moi activo Clube de Anti-Fans de Extensión Agraria están ultimando un explosivo Aberto de urxencia cuxos parámentros se coñecerán no propio magosto, de momento só se pode confirmar que os Zonchos están xa preparados agardando polos pescozos...Billarda sempre , adiante co Varal!!

quarta-feira, outubro 26, 2011

COPA CANTÁBRICA_2011 ....CALVETE SEMPRE!!

Sen dúbida a desaparición do gran referente da billarda Calvete , non consternou a toda a tribo LNB seón que màis aló das nosas fronteiras os irmàns da tribu Liriu de Asturies envían o seu fondo pesar por ista gran perda . Calvete estivo na primeiro edición cando se desputou en Piarnu, ó carón da casa na que el habitou cando coma emigrado en Asturies puxo en marcha o taller Galicia - Calvete por motivos de saudo tivo que avandoar a Auténtica na terceir aedidicón do Copo Cantábrico intre no que se levou un megaretrato del para presidir a pista e mandar así lirius e billardas de apoio para a súa recupereación hospitalaria- Só uns días despois da V edición Calvete deixanos orfos mais aquí lanzamos o espectacular documento emitido na TPA co que queremos rendir tributo a un mestre e cabaleiro dentro e fora da pista...Calvete Sempre, adiante co Palán!!

TODA A LNB COS PALÁNS EN ALTO BERRA EMOCIONADA...CALVETE SEMPRE!!!


Despois dunha longa loita de varios anos o noso gran compañeiro e referente absoluto Calvete, deixounos ista pasada noite do martes a iso das 21 h. na súa casa de Barrerios. Hoxe màis que nunca toda a LNB permanece unida entorno á figura diste gran palanador que sen dúbida marcou época nas pistas e nos nosos corazóns. A LNB quere enviar unha fortísima aperta á súa compañeira Carmen, ós seus fillos e a toda a súa familia e informamos para quen queira unirse que haberá representación oficial da LNB no tanatorio de Barreiros donde Calvete está para recibir o último adeus , ista tarde de mércores ademàis oficializarase un Rosario ás 20 h. e o xoves celebrarase a misa de adeus ás 15:30 na igresa grande de San Cosme ( ó carón do cuartel ) para acontinuación transladar ó noso compañeiro Calvete ó cemiterio de Paderne en Betanzos donde descansará para a aternidade.... Ate sempre compañeiro, CALVETE SEMPRE , ADIANTE CO VARAL!!

terça-feira, outubro 25, 2011

LOIS E BALEA, "OS ZONCHEIROS DE CELAS DE PEIRO" ESPALLAN O PERIGOSO ANDACIO BILLARDEIRO NOS MAGOSTOS DO PÁIS ENTEIRO!!

O retorno despois dun ano de repouso ás bravas terras de Celas de Peiro da LNB Noroeste non podía quedar allea de grandes estalos cos que celebras o retruso billardeiro fronte á mítica Torre da vila. E foi a irrupción por primeira vez nas pistas da LNB dos espectaculares colares de castañas denominados zonchos , Lois Batea coma campión do Aberto e Balea coma finalista de Varados xa que Lois tamén venceu ahí convertéronse nos priemoso ZONCHEIROS da LNB, un luxazo inmenso que niste tempo de castañas e abertos os zonchos de seguro que será unha xoia que se espalla polas pistas da LNB co punto de mira posto xa iste vinbdeiro sábado no Aberto do CastanhazoRock de Chantada donde unha botella de Licor de Café e un espectacular Zoncho serán os premios para os campións do Abertazo . Espectacular iniciativa pois que puxeron en marcha a tribo NorOeste recuperando e posno en valor ista xoia moi típica das terras das mariñas que só pode ser comparábel ó brutal arrinque da Bezouqureira cando se desputara o I Aberto da Proia, un manxar perfecto e reconstituínte para iste tempo que se perfila coma gran reclamo para o arruinque da Conferenc
ia das Terras do Eume. Máis non todo
Pode ser ledicia niste contexto de crudeza xeralizada xa que temos que condear enerxicamente a persecución que está a sufiri o Coroceiro Nacional presente niste Aberto de Celas e no de Adina donde quedeou moi lexos dos postos de cabeza por mor da brutal acoso que está a sufrir no colexio no que estuda en San Xenxo do que acaba de ser expulsado por mor da sçua conducta coroceiro-billardeira , é un feito que a LNB ten que asumir que un Coroceir
o Nacional non pode recibir unha edución baixo os parámentros convencionais polo que debemos ir preparando aulas específicas para iste tipo de entes superiores na pista e fóra dela.

O CLUBE DE ANTI-FANS DE EXTENSIÓN AGRARIA PERFILA A CELEBRACIÓN DE ABERTOS NOCTURNOS NOS MAGOSTOS
DO PÁIS!!

A Pontenova iste sábado xunto co Aberto do CastañazoRock serán as grandes citas dista find. mais iniciativas tan potentes coma a do Clube de Anti-Fans de Extensión Agraria surxida durante a gran fazaña da Auténtica en Asturies fan temer o peor...é posíbel que a febre dos zonchos e dos fachos de lume coma único alumeamento posibel na escuridade dun Aberto LNB, se extenda nun posibel Abertinho Express no Magosto que os irmáns M de Meira celebrarán nisa vila entre o lusco e fusco depois da celebración do Aberto na Pontenova. E moita atención porque xa podemos confirmar que a Cervexa MENDUIÑA , a auténtica cervexa galaica que está rachando moldes e fornteiras , estará nas pistas da LNB estreando presenza nas terras da Pontenova na NorLeste para logo o vindeiro 5 de novembro na Centro, regar a gorza dos campións no Aberto-Magosto de Villaromariz ( concello de Oroso) ...Hai mamaiña, outra Menduiña!!
!

segunda-feira, outubro 24, 2011

YOU WILL NOT SEE IN LA VOZ!!

A febre de rebeldía e carraxe da Auténtica espállase imparábel tamén entre o activismo da insulxencia Grega que utiliza cascos e paláns da LNB para defenderse dos brutais ataques da mafia especulativa europeia , é por elo a selección grega sitúase na grella de saída na escaleta de posíbeis rivais na axenda da Plataforma de xestion da Auténtica que olla cara ó mediterraneo para atoparnos nun futuro próximo coa selecicón nacional dos Paisos Cataláns e tamén cara ó océano Indico donde agarda a selecion irmá de Pakistán liderada polo gran estrela asiática do universo Gilli Danda, Suleiman Shahbaz-

Sen dúbida Asturies nista V edición da xa referencia Copa Cantábrica demostrou a firmeza dos seus pilares e que está na élite mundial do deporte da billarda a nivel global , con representación das principais franquicias do universo Liriu , AsturLiriu, Espora, Sidrones e Quirinal Liriu Espor , o gran selecionador nacional astur Xosé Pravia ó fronte da Asturcona dende o primeiro Copo moveu fichas para facer fronte a unha potente Auténtica que en negún intre deu o seu brazo a torcer. Espectacular o crónico táctico e técnico da captura da copa e do coellos pola Auténtica no referencial web oficial da NorLeste-

E nun contexto tan potente coma iste o único resultado que se pode contabilizar á o da victoria dun proxecto común liriu#billarda que olla coa forza dun xabarín ferido cara ó horizonte- Especial emnción ó gran seguimento internacional que tivo ista edición da Copa Cantábrica xa que a LNB dende fai tempo xa decidíu non conformarse coas migallas que nos ofrecen os coloniais medios de comunción isntalados no país e prioriza a información en tempo real pola tea arañeira dixital-billardeira capitaneada polo facebook ofical do Varal e os blogs de conferencias donde está toda a info sen complexos e no idioma propio da LNB o arxina ou idioma dos canteiros que torcan os cincel e martelo polas dedas e as teclas dos computadores e aparellos móbiles .....fantástico o subtítulo facturado polo campañeiro da Auténtica-bélit Angelo Pineda para naunciar ó mundo o resultado do Asturies-Gz>> YOU WILL NOT SEE IN LA VOZ!!

EXTENSION AGRARIA ....A B.S.O DO HOLOCAUSTO BILLARDEIRO!!
Unha voz e un estarabouzo que se sinte caada vez màis unido ó bruar das bestas bravas en Bretoña donde atención os Extensión Agraria estudan establecer o seu labadeiro de tripas sonoras , refregade os ollo porque auí tendes as primeira imaxes do grupo tocando baixo teito unhas horas antes de que a Auténtica partira cara Asturies , os membros de Extensión Agraria en compañía de Alex dos míticos Katiuskas de Meira citáronse nun local de ensaio disa vila chairega para seguir dando forma a un esquelete de cancións que pode converter a Extensión Agraria niste tan desexado grupo para estadios da terceira galaica que galiza necesita. Fálase dun outono movido no universo mediático galego con novas e moi desexadas achegas , de seguro que nises futuros portais veremos medrar o lume de Extención Agraia e dos demàis grupos de LNB que coma Maghua, Ulex Gulli , Tabernícolas e demáis unidades sonoras en evolución en torno ás pistas da LNB poderán chimpar cara ó infindo dende o trampolín esbaradizo do Varal Records- UNha find tan intensa que deixou os zochos ó pescozo de Luis de Bateas no Aberto de Celas de Peiro da NorOeste e a X.Rodiño coma vencedor na Kosova do Salnés tamén coñecido coma Adina...Galizia , practica!!

domingo, outubro 23, 2011

24-35 A AUTÉNTICA SÁE DE PIEDRAS BLANCAS COA COPA CANTÁBRICA E COA PARELLA DE COELLOS ROXOS ASTURES!!


Fantástico o novo emprazamento para a desputa da nova edición da Copa Cantábrica , na céntrica praza de europa de Piedras Blancas , cunha impresionate afluencia de público, Asturies e Galiza citábanse unha vez máis coas machorras e paláns en alto-

Flores , o gran selecionador galego, puxo en funcionamento a estratexia táctica do afogamento do pescozo á perigosa e escurrediza serpe do liriu que no ecuador do apartido reivindicouse cunha explosión que puxo ós machetadores e machetaras de Asturies e tiro de pedra de dar caza ó leirón galaico.

Concentación e implicación ó maximo nos selecionados e salecionador que despois da xeira de bos resultados encarrilados pola Gentalha Patriótica en Compostala na mutación bélit da Auténtica fronte ós poderosos Casus-bélit , non quería patinar en Asturies na antesala do que se prevé xa próximo asalto da Auténtica no Paisos Cataláns para a reválida dise xa mítico primeiro encontro en Barcelona saldado cunha honrosa derrota pola Auténtica-Bélit.
E coma quen frega , resulta que era ista a V edición dista competición internacional referente absoluto xa no eido do desporto anti-tradicional europeio e mundial , e pola fenomenal implicación de ambas partes, a asturiana e galega, fai pensar que a nave de buxo continuará a bulir contracorrente contra os elementos pase o que pase moitos anos máis...forza pois, e adiane a Copa Cantábrica 1000 serondas máis!!

Acadouse pois , non sen sufrimento e esforzo, reter nunha defensa perfectamente estructurada por Manolo Flores, a Copa Cantábrica e voltar con ela para a casa . Mención especial para o MVP da Auténtica , o palanador da EkipA Bíteres , Xosiño, que conseguíu unha espectacular seriei de 3 de 4 , freado só polo gran Hugo dos Billardeiro Musicais , que fixo un auténtico partidazo defendendo as cores azuis de Asturies , sentindose coma xurelo no mar do castru cantábrico.

Felicitacións á organización e recoñecemento por parte da Auténtica á comision organizadora dista nova edición da Copa cantábrica representada na figura do comandante do Liriu , Hevia , ó cal , o noso selecionador, lle entregou coma inesperado agasallo, a cabeza do seu propio Pitu Caleya conservada fantásticamamente durante varios meses nun conxelador da galiza , coma o corpo acribillado a balazos Coronel Gadafi.

Asturies Vs Galiza cara a cara unha vez mais, mais facendo forza unidos para afrontar os grandes desafíos e trancos nos radios das rodas que o destino nos depara, a tribu Liriu afronta agora a gran tarefa de seguir estructurando unha competición regular que continúe a laboura sementada istes anos atrás , empresa para a que terá , como xa saben , o apoio e compromiso a feixes de toda a indomábel tribo galaica da LNB.


E depois do xantar de irmandade na Casa Prendes celebrouse o Aberto do Lacón , mutado maxistralmente pola ausencia a última hora do trofeo, no Aberto da parella de coellos roxos , con conexións en directo da Televisión Asturiana- TPA, estalo histórico que o equipo de documentación da LNB está tratando xa de rescatar , e que levou á final unha outra parella , ista vez de grandes palanadores Geni e Daniel da que saíu vencedora a gran palanadora dos Outros....Abdul Solbeira di, estamos en guerra pero hai que reflexionar...sen nervios- Liriu, sempre, adiante co Varal!!

sexta-feira, outubro 21, 2011

A MELLOR DEFENSA UN BÓ ATAQUE, A AUTENTICA A POLA COPA CANTÁBRICA _ 2011!!

[ Segue en directo dende as 11:30 h. o Asturies Vs Galiza polo facebook oficial do Varal!! / e no serán apartires das 17:15 h . conexións coa pista na TPA -televisión pública asturiana, se non recibes sinal podes seguilo en directo dende a súa web ]...CALVETE sempre, Adiante coa Auténtica!!

Todo listo para a defensa iste domingo 23 en Piedras Blancas da Copa Catábrica , as balas deseignadas por E-Manuel Flores para cargar a metralleta coas que a Auténtica defenderá o copo fronta á poderosa seleción nacional de Asturies teñen ca nome e cara>> Suso Villarino , Martiño , Lucia , Bea , Marcos , Xerman Viluba , Flores, Xosinho, Daniel , Geni , Franco, Guille, Julio , Suso Coedo , Lola, Hugo , Manel Cernadas , Toño Mikokoko, Xoan Pinto, Cascarillas -

Programa Copa Cantábrica_2011:

9:30 h>> saida da serpe de carros dende a estación de autobuses de Ribadeo cara á praza de Europa de Piedras Blancas-

11:30 h>> Partido internacional Asturies-Galiza pola Copa Cantábrica

14:30 h>> xantar de irmandade Liriu·billarda na sidrería Casa Prendes ( Piedras Blancas ) 13 euros -

16:30>> Aberto do Lacón na pista de Piedras Blancas con conexión en directo da televisón pública asturiana ( TPA )

------------------------------

APOIO Á AUTÉNTICA DENDE OS ABERTOS REGULARES NO SALNÉS E NA NOROESTE!!


Se alguén tivera que construír un collage coas derradeiras fotos de Michael Jackson e Sadam Husein sen dúbida sería algo moi semellante ás espluznantes imaxes que os medios nos transmiten istes días da captura e asasinato do Coronel Gadafi , unhas imaxes que pasarán á história e que serven para ilustrar tamén a outra cara dos rebeldes a dos billardeir@s que dende os frontes de Adina e Celas de Peiro simultanea á acción da Auténtica espallarán o lume polo país adiate. Un lume ben difeente ó que os medios oficiais tentar ocultar no sur galego e os actos de condea e reulsa coma o que iste sábado vai ter lugar en Trives>> O vindeiro día sábado 22 de outubro ás 12 do mediodía celebraráse unha concentración na praza do concello de Trives en defensa dos nosos montes e para pedir solucions á xunta para gandeiros e veciños afectados.Á mesma acudirán alcaldes de todo o macizo Central. Que non nos tomen mais o pelo, acudide!!

quinta-feira, outubro 20, 2011

TENSION A FEIXES E NERVOS OS FLOR DE PEL ANTE A PUBLICACIÓN DA LISTA OFICIAL DE CONVOCAD@S PARA A Copa Cantábrica_2011>> 23 h. facebook do Varal!!

O recentemente destituido selecionador de Camerún Javier Clemente xunto co actual adestrador chinés Camacho e o ex dono e señor do banquiño arxentino Maradona , xa enviaron o seu apoio ó selecionador Galego E-Mamuel Flores cuxa lista de convocados que se fará pública ista noite apartires das 23 h. no facebook oficial do Varal para a defensa do Copo Cantábrico diste domingo , un tema convertido xa en cuestión nacional que está a revolucionar o páis enteiro. Sabemos que moitos palanadores e palandoras levan semanas sen durmir e a gran incognica en tódolos faladoiros é se E-Mauel Flores convocará ó Coroceiro Nacional ou o condeará a seguir coma gran estrela da sub-18 . Atención porque será unha madrugada moi longa na que moi pouca xente poderá conciliar o sono depois de que a PxA ( Plataforma de xestion da Auténtica ) dispare a lista oficial da Auténtica.. / E atención porque dende o universo Liriu comunínannos que hai moitas posibilidades de que a televisión pública de esturies a TPA , estexa en Piedras Blancas para transmitir iste xa mítico partido intencional de Liriu#Billarda ente Asturies vs Galiza!!

APOIO Á AUTÉNTICA DENDE SALCEDA DE CASELAS NA IV XORNADAS DE CONCIENCIA ECOLÓXICA!!

E xunto cos golpexos da Auténtica dende moitos frontes se vai apoiar a defensa do copo , coma dende as xornadas ecolóxicas en Salceda de Caselas que poñen en macha os irmáns da equipa LNB da sociación 13-14 durante toda ista find compartindo espazo tamén co referencial activismo-poético de tinta de lura-

APOIO Á AUTÉNTICA DENDE O GRELO FOLC DE MONFERO!!
E coma previo absolutamente brutal, no Grelo Folc a Auténtica sentirá os berros de apoio dende o esceario cando os Cuchufellos interpreten o seu incendiario tema de apoio á revolución billardeira , zoupalle á billarda, practica na aira....Cuchufellos sempre, adiante coa Auténtica!!

quarta-feira, outubro 19, 2011

RECEITAS LABREGAS OU O CORÁN ALIMENTICIO DA AUTÉNTICA, A ANTESALA BRUTAL DA AGARDADÍSIMA A LISTAXE OFICIAL DA AUTÉNTICA!!


Moito máis aló dunha simple concentración e dun prantexamento táctico determinado , a Auténtica para defensa do Copo Cantábrico diste vindeiro domingo 23 de outubro , apresenta a revolucinaria liña de alimentación que están a seguir os palanadores e palanadoas da seleción galega de billarda baseada no libro Receitas Labregas do escritor Antón Cando, aborixe das bravas terras de Baleira. E para mostra amosamos ó mundo o espectacular platado de Feixós de Vaca Parida ou de Costros que Manolo Flores , o selecionador nacional , prepará para que os xogadores inxeran "nas onces" antes de saltar á pista de xogo en Piedras Blancas: Ingredentes>> Leite dos calostros , fariña. ovos e sal. / Os calostros son ise leite groso e amarelo que dan as vacas recén paridas , senda pra cría nos seus primeiros días de vida o súa única mantenza , que é ademàis moi rica e completa en defensas ( inmellorábel para afrontar a defensa do Copo Cantábrico) . A LNB non pode pois desaproveitar o proteínico xorro branco das nosas vacas recén paridas para facer freixós cos que saltar ben alimentados ó terreo de xogo os palanadores e palanadoras da Auténtica para que agalopen coma regatos novos e faigan bincar as billardas coma os bececiños ceibes do país-

Mais Receitas Labregas non é só o corán alimentario para os internacionis da Auténtica senón que calquera palanador ou palanadora que queira aumentar o seu rendemento terá que cinxirse a iste explosivo rego de coñecemenos expresado por Antón Cando , simultaneramente á enganchada da Auténtica na Conferencia Salnés haberá unha enganchada regular e pois alí se poderán probar insitu o rendementos do Caldo Branco, Guiso de Conexo con Gaxos, Tortela de Torresmos, Cebola Fritida con Azucre...e tamén no aberto da Conferencia Centro marcado definitivamente para o 5 de Novembro no marcos das Festas de Villarromaris no concello de Oroso e ista find domingo 23 na mítica Celas de Peiro na Conf. NorOeste no segundo asalto regular se poderá experimentar tamén coa relación entre as receitas labregas e o rendementos na pista-

ISTE XOVES ÁS 23 H. A ( PxA) FARÁ PÚBLICO NO "FACEBOOK DO VARAL" A LISTA DE CONVOCAD@S POLO SELECCIONADOR NACIONAL FLORES PARA A COPA CANTÁRICA_2011!!

Sexa como for atención, porque iste xoves a Plataforma de xestion da Auténtica (PxA) apartires das 23 h. atraveso do facebook oficial do Varal fará pública a lista de convocados polo selecionador nacional Flores para formar iste domingo coa Auténtica , unha seleción nacional que participará no xantar de irmandade coa tribo Liriu na Sidrería Casa Prendes de Piedras Blancas con viño , fabada e churrasco por 13 euros cabeza preparado polas mans expertas dun ex-cociñeiro do referencial Tierra-Astur.....Auténtica Sempe, adiante co Varal!!

terça-feira, outubro 18, 2011

O CONCELLO DE LALÍN DESPREZA AS CARREIRAS DA LNB E PATROCINA OS HOME-ROUNS!!

De novo temos que ceibar o porcoteixo enfurecido que levamos dentro contra unha institución que coma aconteceu no concello de Lugo fai uns anos, dilapida cartos nunha infraestructua inútil coma un descomunal campo de beisbol . Sería moito máis productivo para a cidadanía ter unha larada de porcos que mandatarios coma os que hai en Lugo ou Lalín , que é a vila na que os membros da Asociación Venezolana do Deza terán un emprazamento para as súa pachangas antes de que o prado se bote a bravo, así se prantexou o macro-proxecto beisboleiro patrocinado polo concello de Lalín no programa da galega a Solaina donde uns nenos manipulados polo anti-chavismo , serán os supostos beneficiarios da infraestructura. Sobran comentarios porque a realidade dunha situación económica tan crítica para toda a populación galega e unha baga de lume tan brutal como nós está atacando ante a parálise total das nosas institucións impiden incluso facer bromas co tema...as chanfainas e o touciño, para que saiban riquiños, hainos que coller cos dedos e os cachelos co garfiño, billarda sempre , adiante co varal!!

A POSIBILIDADE DE PALCOS VIP E O GALLETO DE MADEIRA PARA A SELECCION PERDEDORA ABREN O PREVIO NA COPA CANTÁBRICA_011 DE Liriu#billarda!!

O gran teatro de opereracións para a desputa da Copa Cantábrica entre as selecións nacionais de Asturies e Galiza xa loce explendoroso e invita coma nunca antes niste novo emprazamento do torneo Liriu#billarda na praza de Europa de Piedras Blancas a desafiar ás cristaleiras do recén estreada casa da cultura do concello de Castrillón que será ademáis habilitado para palcos Vip para o seguimento do partido - Guiados polo internacionalmente coñecido coma O Comandante do Liriu , Javier Hevia, o machetador dos campións nacionais asturianos Quirinal Liriu Espor , está a realizar as labouras de coordinación diste referncial partido internacional que terá coma é xa norma despois do xantar de irmandade no Restaurante a escasos metros da pista de xogo , Casa Prendes, o desquita coa desputa do mítico Abiertu del Llacón .

COPO vs GALLETO DE CATRO DENTES DE MADEIRA!!

E atención porque ista edición introdúcese a novidade do galleto de catro dentes de madeira para a seleccion nacional que saia batida , coa que se aumenta aínda máis as gañas de revancha na vindeira edición para desexar chantalla ó adversario mentras se desfruta coa conquista do Copo Cantábrico. A atención porque o Comandante Hevia xa estivo activando o proceso para tantar que a canle astiriana da TPA contacte coa pista de xogo , no que podería ser ademàis unha das derradeiras retransmisións deportivas para o canle público asturiano , é por elo que nun país cuxa señal de televisión corre o risco de perderse e no outro cuns vaga de incendios no sul da país que amiaza con converternos nun deseto antes de fin de ano , que ambas selecions nacionais estuden a idea de queimar candansúa foto de presidente de governo durante a interpretación dos himnos nacinais coma mostra de amor cara a unha terra á que estamos irremediabelmente unidos coma o xugo aos bois...o meu carro é cerna dura, sábese carballo e freixo, que fermosa a súa feitura, que lixeireza a do eixo!!


Un carro con fungueiros afiados e con eixo de amieiro da Autentica , que fai uns meses desembarcou na terra dos irmáns da tribo Bélit para atoparnos fronte a fronte coa seleccion dos Paisos Cataláns que nos deu unha amábel labazada en Barna que unhas semanas en Compostela no día da Patria co espírito da Auténtica habitando no pelexo da Gentalha Patriótica puido devolver ós poders@s Casus Bélit na súa xa mítica xira galaica do pasado verán - Moitas gañas de voltar a medirse nunha mesma pista sexa o continente que sexa PPCC vs Gz e metras iso non pasa a Auténtica prepárase para a dedfensa contra Asturies da Copa Cantábrica e segue aferruar ós irmáns da tribo Txirikila para un futuro encontro entre as seleccións dos dous únicos paises europeos con conflictos armados . Sexa como for, moi atentos porque confirmase outro dato importante para toda a tribo LNB xa que o sábado 29 de outubro confirmase unha nova edición do Aberto de Bilharda no marco do CastanhazoRock en Chantada, ide organizando a fuxida porque non se pode quedar un na casa que pode caer o teito con tanto movemento....zoupalle á billarda , practica na aira!!

segunda-feira, outubro 17, 2011

OVARAL RECORDS [e-books] GUINDA A EXPLOSIVA BIOGRAFÍA ABERTA DE EXTENSIÓN AGRARIA ESCRITA POLA ANTI-FAN LUCÍA LÓPEZ >> preme!!


Adiantado no explosivo facebook do clube de Anti-Fans a gran palanadora e escritora dos Remourelle Bulls , Lucía López , publica no xa refencial OVaral Records [e-books] a espectacular biografía aberta sobre o proxecto sonoro en combulsión absoluta chamado Extensión Agraria. Con epicentro en Meira fai uns anos e despois dun proceso de letargo , foi a actividade desbocada nas pistas da LNB, a que voltou por en erupción o brutal volcán sonoro que xa está de novo a esgarrar lume , música e xuramentos polos diferentes frontes alternativos nos que se apresentan.

E moi atentos porque Lucía López estará apresentando esta gran obra no SetLab da LNB no próximo Aberto da Pontenova e será unha das leituras obritorias marcadas polo selecionador nacional Manolo Flores para os palanadoras e palanadoras da Auténtica na concentración da Auténtica de cara á defensa o vindeiro domingo en Piedras Blancas da Copa Cantábrica fronte á poderosa Asturies. Ademáis aló o manager de Extensión Agraria , tentará pechar a actuación do grupo no explosivo I LiriuRock de Piarnu xa que Hevia e Pitxi os organizadores do asunto , xa amosaron a súa total dispoción a elo . Simultanea á aparición nas librarías de Inmanecia Viral de Fausto Alzati na colección Cadernos de Combate dos irmáns de Axouxere Editora , OVaral-Records na súa sección literaria lanza para descarga iste tamén combativo estalo de Lucía López que non vai a deixar a naide indiferente...parcelaria non, billarda sempre!!

sexta-feira, outubro 14, 2011

A AUTÉNTICA DEFINE ISTA FIND ESTRATEXIAS PARA A DEFENSA DA COPA CANTÁBRICA DE LIRIU#BILLARDA!!


Todo está en marcha para unha nova entrada en acción da Auténtica , se a pasada edición da Copa Cantábrica a máxima era recuperar o copo , iste vindeiro domingo 23 de outubro a seleccion nacional de billarda dirixida polo gran guía espiritual e selecionador Manolo Flores chegará a Piedras Blancas - asturies - portando o título para defendelo con uñas e dentes ante a poderos selección de Asturies e do tsunami de sidra e lirius adoecidos con gañas de vinganza cos que nos agardan- A conta atrás xa comezou e ista find será de concentración máxima e preparación para a grande cita da Auténtica e para a multitude de abertos que se alviscan no horizonte, se estás disposto a sufir vestindo o pelexo coa mítica camiseta da Auténtica , aínda estás a tempo para unirte á defensa...billarda sempre, adiante coa Auténtica!!

quinta-feira, outubro 13, 2011

O SetLab DA LNB AFIANZA UNHA EXPLOSIVA PLATAFORMA DE EXPRESON ALTERNATIVA Á QUE PEP E MOURINHO NUNCA PODERÁN OPTAR!

O SetLab da LNB estase a converter nun fervedoiro de ideas e imaxes para a história , se Ineke, a palanadora holandesa , estreaba esceario a pé de pista , posteriormente en Lourenzá sevíu de palco para a entrega dos premios , impresionate o desfile de figuras e estrelas, ós tres primeiros clasificados hai que sumar o incendiaria oratoria de Raúl Viluba, representante comercial de "Fabas Veiga do Curral" de Santo Adrao que reclamaou o cese da represión contra a LNB coma voceiro das grandes marcas que aparecen no SatLab apoiando á competición e dándonos azos e implusos para seguir nista intensa viaxe sen retorno. E por se non fora pouca a intensidade vivida no set-LNB cando se anuciou a presenza de Rubén Sanchez , o ciclista LNB, case se ven abaixo a igrexa de Lourenzá coa ovación de todo o público presente que sinte os pedaléos de Rubén sobre a besta con rodas coma propios. E foi no SetLab donde tamén se anunciou a próxima cita da Autentica que defenderá a Copa Cantábrica de Liriu#billarda o vindeiro domingo 23 de Outubro na Praza de Europa en Piedras Blancas (Asturies ) , por diveros motivos surxidos en ambas seleccións houbo que mover a data do sábado ó domingo , mais atención porque a PxA ( Plataforma de xestión da Auténtica ) xa está traballando a reo na coordinación do desprazamento polo que todos os palanador@s dispostos a defender o copo vestinto a camiseta da Auténtica que o faigan saber o más axiña posíbel para que Manolo Flores , o noso gran seleccionador nacional, poida establecer a estratexia de asalto>> ovaral@hotmail.com

Foi unha find a pasada , de grandes movimentos no hemisferio norte , semellou que a ntensidade do lume transportada pola poderosa equipa da Pontenova presente en Lourenzá , contaxiou os fornos de Castrillón na Coruña para imprimir calor suficiente cos que ferrar os cabalos para xunguir os carros cos que percorrer os distintos emprazamentos que ista tempada prepara a tribo da NorOeste. Impresionante a combulsión que alí se vive e contaxia á equipa Os Cochiqueiros que se estrean na competición competición regular, que con epicentro na referencial asociación Lucerna espallan xa a súa gran semente billardeira por Cerceda e redores...voan as billardas, de Cerceda ata Miera!!

INEKE , A PALANADORA HOLANDESA DA LNB PAISOS-BAIXOS , ESTREA O ESPECTACULAR SET-LAB A PÉ DE PISTA!!

Fai uns días o set LNB estreábase coa irrupción salvaxe de Cascarillas , o gran palanador dos Tropa-Lixeira que a últimas hora non puido estar en Lourenzá polo agravamento da súa lesión mais si que estivo o seu indomábel esprito internacionalista como residente no explosivo primeiro set-Lab a pé de pista artellado cos blocos da paixón que contou coa irrupción nos micros de Ineke, a palanadora Holandesa representante da LNB nos Paisos Baixos cargouse de estelas e da forza do Gardarríos para aferruar o imprábel lume billardeiro en terras neederlandesas e de fala irmá coma a parte flamenca do estado Belga. Se iste mes a referencial revista Rockdelux amosa ó mundo nun espectacular artigo sobre a escea musical galega , set-LNB difunde ó vento anticapitalista o enxordecedor RuidoNegro entre pombas aturdidas que buscaron entre nós a mensaxe da carraxe e furia necesaria coa que reconducir o seu vó cara ó pombal do Gardarríos e do resto de rebeldes galegos axustizados pola tiranía..

Un territorio o flamenco donde Borja, o gran palanador dos Madia-Leva, leva tentando dimanizar billardeiramente coas súas habituais incursións no territorio Belga- E nistes días de resaca Froilanesca para o poderoso e referencial colectivo lugués sumado ó exitazo da polbada anti-hispanidade plagada de palanadores e palanadoras non podemos máis que seguir botando polbo nos pratos para solidarizarnos coa gran marcha cabalar realizada en Baiona polos gandeiros da Serra da Groba que se opoñen frontalmente e con toda a razón do mundo, á marcaxe por medio de micro-chips ó cabalos salvaxes no monte unha practica que viría a rematar coa tradicional marca a ferro quente que tanto os gandeiros coma a LNB vé imprescindíbel manter en bestas bravas e incluso aplicar a palanares e palanadoras que non queiran utilizar máis o carnet de identidade e opten por unha identiciación nativa e alternativa- Un xeio o da idenficación indivual e colectiva que tamén está mo presente nas pistas de xogo xa que fai nista Aberto das Fabas de Lourenzá donde a LNB lanzou a proposta por primeira vez na história de adicar unha rúa nun pobo a un persoaxe coma O Gardarríos xunguido totalmente á filosofía billardeira. Se queres apoiar a moción podes escribir ó mail do concello de Lourenzá uníndote á iniciativa popular de rúa para o Gararríos Xa!!>> admin@lourenza.es - Non pode ser ista a única iniciativa popular polo que non nos podemos cortar á hora de lanzar billardas e propostas ás balcoadas dos concellos como aconteceu en Lourenzá á hora de prantexar as nosas inquedanzas...danzade malditos , danzade!!

terça-feira, outubro 11, 2011

A AUTÉNTICA PREPARA COMPANGO GALAIKO E ESCUMOSO BIEITEIRO PARA A DEFENSA DO COPO CANTÁBRICO!!


Impresionante a estampa do Monteiro de Castrofeito, un dos palanadores nómade máis míticos consegue pousar na caluga iste tan desexado artefacto textil artellado polo irmáns de Tenda-Galiza que o suliña coma o vencedor do Aberto celebrado iste pasado sábado no univeroso estornela- E atención porque afrontamos unha gran semana na que imos confirmar moitos sucesos, entre elas de adestramento oficiais iste mércores de equipas coma o dos Remourelle Bulls para deixar claro que no 12-O non hai nada que celebrar , a espectaculares fichaxes do inicio de tempada nista mítica equipa da NorLeste ó igual que o fantástico arrinque dos Cochikeiros na NorOeste sitúan a istas dúas franqucias coma as grandes sorpresas no arrinque de temada .... Con sonsa voz de bulra repetía: -déronlle aquí morcillas a Vidal? / - aquí non!!! - Pois Adiante co Varal!!!

A AUTÉNTICA COMEZA A PREPARACIÓN PARA A DEFENSA DA COPA CANTÁBRICA!!
Con sonsa voz de bulra repetía: -déronlle aquí morcillas a Vidal? / - aquí non!!! - Pois Adiante co Varal!!! Primeiro o orgullo e despois o bandullo que subxace do espectacular poema de Rosalía que nos servíu nunha fantástica lata de conservas o gran palanador do eo-navia Muriego e que nós fixemos totalemtne noso ó basearse o gran Xavier Cordal nel para oe estribillo do Billarda Sempre ..... e non podía ter mellor son e imaxe o arrinque de preparación para defensa do Copo fronte ó poderoso seleccion de Asturies que cunha fenomenal fabada coas fabas conquistadas no Aberto Homaxe ó Gardarríos en Lourenzá , así colle impulso a sección billardeiro-os outros e o resto da Auténtica coa vista xa se alimenta para na vindeira find do 22 de outubro defender en Piedras Blancas con uñas e dentes o fenomenal compango cantábrico- Alerta pois e que a tribo disposta a dar o paso que se confirme a dispoñibilidade e desexo de vestir a camiseta da Autentica dirixia polo selecionador nacional Manolo Flores>> ovaral@hotmail.com / E para vindeiras concentración da Auténtica o selecionar nacional xa elexíu Neguiera de Muñiz o paraiso hipy-galaico que istes días rachou moldes consumistas nunha magnífica reportaxe no Pais , Dora e toda a indomábel tribo de Vila e Vilaxuín forman unha poderosa célula estábel billardeira xunto centro de produccion Escumoso Bieiteiro que nos servirá para celebrar as futuras victorias....Adiante co Varal!!


segunda-feira, outubro 10, 2011

O BRUTAL ENTRAMADO BILLARDEIRO DEMOSTROUSE DE NOVO NAS PISTAS E COLLE IMPULSO PARA INVADIR TAMÉN AS LIBRARÍAS!!

Gravade ista histórica imaxe no voso disco duro porque estades fronte ós protagonistas do primeiro libro infantil de temática billardeira que está xa no forno de leña fervendo do colectivo de ilustradores RuAn . Antón Romero é o coordiandor do proxecto que en colaboración coa LNB vai amosar atraveso dunha impactante história de transmisión , coñecemento, aprezo e amizade entre avó e neto cuxo fío conductor é o deporte nacional da billarda- Nisa foto que o rapaz porta na man, arrinca unha história que desembocará nunha gran final nacional da LNB. Gañador do Millo Corvo , Antón-RuAn demostrou sobradamente a súa implicación coa revolucion billardeira á que dá un novo impulso cun brutal estalo titulado Comming Soon que anuncia a inmimente chegada do agardadísimo República Billarda que o irmáns de Maghua estiveron apresentando o pasao venres nunha explosica intervención sonoro-billardeira no esceario do Luar-


Unha fin de semana donde as billardas limparon de teas de araña incluso a balcoada do Concello de Lourenzá donde a tribo do NorLeste deixou claro o seu potencial , coa figura do Gardarríos , presidinod a praza do Cantón a LNB realizou un impactante homenaxe a iste guerrilleiro cosido a tiros polo governo feixita no 1948 a moi poucos metros da pista de xogo. Alonxado dos clásicos homenaxes que as institución realizan , as billardas falaron e falaron ben para esixir unha rúa en Lourenzá que leve o nome e perpetúe así a vida e obra dun rebelde chamado Lois Trigo "O Gardarríos". Sexa como for a LNB en cada sucesiva acción en Lourenzá levará a figura diste referencial fuxido sempre con ela , e non só en Lourenzá xa que noste Aberto da Faba en Homaxe ó Gardarríos , deuse a coñecer a primeria palanadora da LNB-Nedeerland , espectacular a súa intervencion no set-LNB a pé de pista na que sentou as bases dunha futuro aberto en terras Holandesas- O Centro primeiro con asalto ó podium de Castrofeiro de Bateas encabezados por José Luis e con continuación no espectacular arrinque tamén na Conferencia NorOeste estreanado pista no céntrico barrio do Castrillón con Roi dos Filloas abraiando e dobregando despois dunha final a 5 sets ó gran Serxio que traía a boneca aínda quende despois de o venres estar zoupándolle no bombo no Luar coa tribo Maghua. E rematou a xornada no lusco e fusco de Lourenzá para co Gardarríos de convidado de honra entregar as fabas autócotonas doadas polos irmáns de Veiga do Curral á Guille dos Outros que unha vez máis amósase coma un ser superior , saliantábel nista entrega de premios no Set-LNB a presenza do Rubén Sanchez, o ciclista LNB, que está xa preparando a próxima tempada e non quixo perderse ista ocasión de unise á serpe multicor , salientar a impresionante a ovación recibida por Rubén cando se anuciou a súa presenza na entrega de premios- Ademáis do análise de cada enganchada e clasificación en cada un dos web-blogs oficiais de cada conferencia no TodoLNB tendes todas as listaxes clasificatorias de todas as conferencias xuntas , e aínda que no territorio da Conferencia Sur no houbo actividade semella que o nerviosismo transladouse ós tedax que iste domingo si saíon ás rúas en Vigo. Billarda Sempre , Adiante co Varal!!