OVARAL RECORDS [e-books] GUINDA A EXPLOSIVA BIOGRAFÍA ABERTA DE EXTENSIÓN AGRARIA ESCRITA POLA ANTI-FAN LUCÍA LÓPEZ >> preme!!
Adiantado no explosivo facebook do clube de Anti-Fans a gran palanadora e escritora dos Remourelle Bulls , Lucía López , publica no xa refencial OVaral Records [e-books] a espectacular biografía aberta sobre o proxecto sonoro en combulsión absoluta chamado Extensión Agraria. Con epicentro en Meira fai uns anos e despois dun proceso de letargo , foi a actividade desbocada nas pistas da LNB, a que voltou por en erupción o brutal volcán sonoro que xa está de novo a esgarrar lume , música e xuramentos polos diferentes frontes alternativos nos que se apresentan.
E moi atentos porque Lucía López estará apresentando esta gran obra no SetLab da LNB no próximo Aberto da Pontenova e será unha das leituras obritorias marcadas polo selecionador nacional Manolo Flores para os palanadoras e palanadoras da Auténtica na concentración da Auténtica de cara á defensa o vindeiro domingo en Piedras Blancas da Copa Cantábrica fronte á poderosa Asturies. Ademáis aló o manager de Extensión Agraria , tentará pechar a actuación do grupo no explosivo I LiriuRock de Piarnu xa que Hevia e Pitxi os organizadores do asunto , xa amosaron a súa total dispoción a elo . Simultanea á aparición nas librarías de Inmanecia Viral de Fausto Alzati na colección Cadernos de Combate dos irmáns de Axouxere Editora , OVaral-Records na súa sección literaria lanza para descarga iste tamén combativo estalo de Lucía López que non vai a deixar a naide indiferente...parcelaria non, billarda sempre!!
7 Comments:
At 6:50 PM, Anônimo said…
extension agraria sempre
At 7:52 PM, Anônimo said…
a lucía lopez esta non representara a espanha na eurovisión?
At 12:24 AM, Anônimo said…
Non tiña eu constancia de ir a Eurovisión!! jeje!! esa foi Lucía Pérez!!! de momento eu só represento o clube de Anti-fans de Extensión Agraria!!!!
At 9:18 AM, Anônimo said…
fantástico documento, presentarase entón no Set-LNB da Pontenova? Noraboa e adiante Anti-fans!!
At 1:27 PM, Anônimo said…
Pero, que conho é Extensión Agraria?
Existen Realmente ou é unha lenda Urbana de Remourelle!! ¿Non estará a Xunta detras disto para tapar o dos incendios?
At 7:31 PM, Anônimo said…
Extensión Agraria existe realmente!!
http://www.facebook.com/groups/220018998058025/
pincha aí e verás como existe!!!
At 4:01 AM, raybanoutlet001 said…
coach outlet
michael kors outlet
converse trainers
coach outlet
omega watches sale
nike outlet
ugg outlet
nike huarache
true religion outlet
louboutin shoes
2017.8.23
Postar um comentário
<< Home