TODA A LNB COS PALÁNS EN ALTO BERRA EMOCIONADA...CALVETE SEMPRE!!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhw0zreOVSrAPouJ8Cxaa1XWWsXd-kkDkinE85K8FbGhKRjCOoJt6wu2hi7qE7eYeMt9MgI96b3W2S-ebhGNvsV5EfypqOJDPzpfKBiMS_E9AswZ5aBEnYDX7UVZp6f78-sotW0/s400/calvete.jpg)
Despois dunha longa loita de varios anos o noso gran compañeiro e referente absoluto Calvete, deixounos ista pasada noite do martes a iso das 21 h. na súa casa de Barrerios. Hoxe màis que nunca toda a LNB permanece unida entorno á figura diste gran palanador que sen dúbida marcou época nas pistas e nos nosos corazóns. A LNB quere enviar unha fortísima aperta á súa compañeira Carmen, ós seus fillos e a toda a súa familia e informamos para quen queira unirse que haberá representación oficial da LNB no tanatorio de Barreiros donde Calvete está para recibir o último adeus , ista tarde de mércores ademàis oficializarase un Rosario ás 20 h. e o xoves celebrarase a misa de adeus ás 15:30 na igresa grande de San Cosme ( ó carón do cuartel ) para acontinuación transladar ó noso compañeiro Calvete ó cemiterio de Paderne en Betanzos donde descansará para a aternidade.... Ate sempre compañeiro, CALVETE SEMPRE , ADIANTE CO VARAL!!
2 Comments:
At 5:18 PM,
Pinto. said…
Nom podo asistires por estares emigrado, máis sentíriame orgulloso de poderes participar nun pasillo de despedida cos paláns en alto.
Calvete sempre, adiante co palán!.
At 8:48 PM,
MOBLES FOLGUEIRA said…
Dende o primeiro intre da túa morte, todos aqueles que temos e tivemos algo que ver coa LNB quédanos un furado no corazón moi dificil de tapar. Alá donde vaias seguro que toparás unha vara de toxo coa que facer un palán e unha billarda para botar unhas carreiras. Sempre ficarás presente nos nosos sentimentos. Só decirche GRAZAS por todo compañeiro.
Postar um comentário
<< Home