
Fóra as caretas preparade os pasamontañas porque chega unha nova edición do Billarda All Stars. Se quedaches farto da maraña consuminsta que os mass-media che fixeron tragar co partido das estrelas da NBA , atención porque ista vindeiro 8 de marzo na pista da Chave, ó carón do estadio do Couto en Ourense, terás tempo e armas dabondo para vingarte.
Por primeira vez a LNB realiza o gran partido anual das estrelas fóra da mítica pista da
Zapateira que o víu nacer, é por elo que veñen á nosa mente imaxes e sentimentos de emocións indescritíbeis porque reafirmamos que o All Stars foi a gran semente que o grande Sak se atreveu a prantar nunha cidade e nun país que adoecía por sentir de novo a forza dos peteiros bruar....e a guagua desafiou a costa para alí mesmo prantar a metade de pataca coa semente da victoria.
ATENCIÓN PORQUE A GRANDE SERPE LNB ESTÁ EN MARCHA:NO NORLESTE: iste sábado 28 celebrarase na
Taberna de Lola de Remeorelle unha asemblea extraordinaria do Varal,
retos e estructuras do futuro, a cita a partires das 21:15 h.
Comunicamos que o
Aberto do Lacón previsto para celebrar iste domingo electoral fusionarase co
Torneo Cidade de Lugo a celebrar na cidade das Murallas , atentos porque hai moita xente de todo o país adoecemdo por meterlle o dente a iste mítico trofeo do emisferio Norte. Informamos tamén que a
Guagua para o All Stars paiitrá o domingo 8 ás 8:15 h da estación de Ribadeo coas paradas habituais.
NO NOROESTE: ultímase a viaxe do bus para o All Stars con saída da Coruña e parada en Compostela , a xente que queira unirse á expedición na coruña:
627.310434 /
anxo@aol.ese a xente que queira facelo en Compostela:
660.268654 /
acdfurabolos@hotmail.com NO SUR: ferve a sangue para debutar niste histórico torneo , estase mirando a posibilidade dun auto-carro , irase informando se se confirma isto ademáis nista conferencia pecharanse todos os temas no
sétimo torneo puntubábel , na víspera do All Stars, o sábado 7 de marzo en Salceda. Atentos porque iremos informando puntulamente nista abafante conta a trás cara gran á cita coas estrelas da LNB , Aberto na cidade de Ourense na poderás particiapar coa única condición de que che ferva o sangue.
Siareir@s Galeg@s e a
LNB organizan ista xornada na que billarda, futbol , cocido, e unha explosiva sesión vermute a cargo dos
Skarnio vai conxelar ate a auga das Burgas.