O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, agosto 31, 2008

OVARALMORSE!!

Visita obrigada ó web oficial da conferencia sur para coñecer o espectacular golpe de efecto da grande estrela Chupi , que demostrou no Aberto de Ponteareas que sen a visión turba do pasado interparroquial volve á élite diste deporte que racha moldes , mentras , nos Ancares , Oscar o inxeñeiro de camiños venceu ó break dancer catalán Mario no desafío polo explosivo botello de mel de abella galega .....e no espazo LNB de Santalla na Pontenova Daniel dos billardeiros venceu ó renacido Zidane da billarda que amosou os dentes para a SUPERLIGA que está a piques de comezar. OVARALMORSE COMBATINDO OS TRONOS!!

quinta-feira, agosto 28, 2008

FIND DE FURACÁN CON 3 ABERTINHOS: OS ANCARES NO CENTRO , PONTEAREAS NO SUR...E SANTALLA NO NORTE!!


E co sixilo dun descomunal oso pardo chega a confirmación absoluta de algo tan agardado e desexado por toda a tribu-LNB que vai embravecer totalmente durante toda ista finb o inmenso Mar de Varados. Non podía haber dous sen tres e con iste I ABERTO DOS ANCARES , que abre a fenda na posíbel futura Conferencia Centro , na montaña galega van voltar asubiar as billardas despois de moitos anos silenciadas pola inxuria e o esquecemento . A miseria institucional negoulles ós homes de Cervantes a tan desexada caravana de mulleres como única arma posíbel para vencer o illamento , a LNB invade as leiras , os prados e as pallozas dos Ancares coa forza dun urogalo adoecido para berrar alto e claro que os ANCARES e a montaña galega tamén quere vida , tamén quere LNB.

Nativos , visitantes de paso e posíbeis asistentes á III FESTA DA PANDEIRA en Piornedo iste sábado 30 no Polideportivo de San Roman hai unha cita co rexirdir do deporte nacional en pleno pulmón da Galiza , retornan as billardas ós Ancares e ti tes que estar alí para loitar polo gran botello de mel de abella galega.

Podes inscribirte a pé de pista ou no telf da Palloza-LNB: 659.628892

Organiza : LNB e CARPINTEIRÍA OVIDIO




Imperdíbel a sessom vermute no III Aniversario dos irmáns da BAIUCA VERMELHA de Ponteareas, 3 anos de resitencia e ataque cultural nista vila do sul galego que para celebralo non se conforma con soprar só os tres fachos do pastel senón que dan un paso adiante coordinando xunto coa LNB un extraordinario I ABERTO DE BILHARDA que vai ser a primeira toma de contacto dos grandes clanes que forman a poderosa tribu do Sul. Xunto ó comandante Xosé Miguel agárdase a presenza dos Cativos e demáis poderío de Mos e do Porriño para competir coa emerxente maquinaria billardeira de Marin , Xurxo e Alberte &cia vai chegar a Pontareas dispostos a demostrar que o seu potencial non é un espellismo.


Poderase realizar a inscripción a pé de pista antes do comezo da enganchada na ate iste sábado terra virxe de Ponteareas.

COÑECE O CAMPIÓN EN TEMPO REAL NO VARAMORSE de BLOGALIZA

NOTA PARA O SUR E NOROESTE:

CONFIRMADO O ABERTO NO FESTIVAL DA POESÍA EN SALVATERRA DO MIÑO PARA O SÁBADO 4 DE SETEMBRO , IREMOS INFORMANDO INSCRICIÓNS ABERTAS XA: lnb.sur@gmail.com

PENDENTE DE CONFIRMACIÓN : ABERTO DE MONTEALTO NA CORUÑA

I ABERTO DE SANTALLA: ESPAZO-LNB


PODERASE RALIZAR A PÉ DE PISTA SE AÍNDA NON ESTÁS INSCRITO.

Atención porque a Santalla chega o poder da nova franquicia LNB Irmandade San Caetano, tortillas e billarda feitas con ovos da casa , desafían o dito de febreiro mes oveiro para en pleno fin de agosto rachar coa cáscara e sorprender co seu debú na alta competición ás grandes estrelas do NorLeste que niste enclabe da pontenova alí se van dar cita.

CARABANA DE CARROS: A LNB LANZA A IDEA DA CARABANA DE CARROS CON SAÍDA DA ESTACIÓN DE BUS DE RIBADEO ÁS 10 H . PARA CHEGAR TODOS XUNTOS A SANTALLA E PREPARAR A INFRAESTRUCTURA DE COMBATE.

I ABERTO DE SANTALLA:
-SERIES CLASIFICATORIAS DENDE AS 12 H. ATE AS 14 H.
-XANTAR DE BALDE PARA OS PARTICIPANTES NO ABERTO
-SERIES FINAIS E GRAN FINAL A PARTIRES DAS 17:30

COÑECE O CAMPIÓN EN TEMPO REAL NO VARALMORSE de BLOGALIZA

A LNB LAMENTA E CONDEA A FIRMEMENTE A EXCLUSIÓN DAS CHEGAS DE BOIS NISTE ENCONTRO, NON ESTAMOS TOD@S FALTAN AS CHEGAS!!


VÍA OPEN VIEIROS: O 2 de Agosto de 2008 morreron as milenarias Chegas de Bois no Barroso Galego (Val de Salas) e no Val do Limia, substituídas pola "fiesta nacional". Ya era hora, caramba!

Enviada por Geresiao o 31/07/2008 18:00 ás 309 visitas

Deron cabo da tradición das incruentas Chegas de Bois, proscribíndoas e multándoas, e agora véñennos coas sanguentas touradas, fomentadas e apoiadas. Grazas PP de Muiños! Grazas BNG, polo diñeiro que lles largas desde a tua Consellaría de Industria! l Beizón a todos polo servizo ao país. O meu voto ídelo ter no carallo

sexta-feira, agosto 22, 2008

NON AGARDES MÁIS, INSCRÍBETE XA NOS ABERTINHOS QUE VEÑEN!!

ALERTA GUERRILLAS:

DESPOIS DE TANTA INTANSIDADE NA INMENSIDADE DO MAR DE VARADOS , TOMAMOS UNHA FIND DE REPOUSO NECESARIO PARA TOMAR IMPULSO PARA AFRONTAR A GRAN OLA FINAL , ATENTOS E COLLER POSICIÓNS PARA O ATAQUE NOS DIFERENTES FRONTES QUE SE APROXIMAN.

-SÁBADO 30 DE AGOSTO: ABERTO DE PONTEAREAS , de novo o batuxo da LNB surca augas virxes, da man dos irmáns da BAIUCA VERMELHA a tripulación da LNB adentrase en terras diste concello pontevedrés para viver unha nova xornada con festival incluido e cunha de seguro trepidante sessom bermute previa á enganchada billardeira . Xantar de balde para todos os que acompañen ó gran comandante Xosé Miguel nas tarefas de coordinación do ABERTO.
INSCRIPCIÓN E CONTACTO: 627.780891 / abelaido@hotmail.com.

SÁBADO 30 DE AGOSTO: ABERTO DE SANTALLA ( A PONTENOVA ) , ista xornada a LNB golpexa duro e por partida dobre polo norte e polo sur. A partires das 12 h. comezo diste ABERTO enmarcado no encontro internacional de deportes tradicionais celebrado nista parroquia do concello lugués. Series eliminatorias pola mañá e series finais polo serán , o xantar será de balde para todos os participantes no ABERTO.
INSCRIPCIÓN E CONTACTO: 627.166834 / ism.zidane@gmail.com

SÁBADO 6 DE SETEMBRO: pendente de confirmación absoluta do explosivo ABERTO NO FESTIVAL DA POESÍA de Salvaterra , a organización do festival e a LNB confirmarán en breve ista enganchada no dinámico hemisferio Sur Galego .
CONTACTO: lnb.sur@gmail.com

quarta-feira, agosto 20, 2008

ALBERTE DE MARÍN VENCE Ó GLADIADOR DE RÍO NA GRAN FINAL DO I ABERTO DA PATACA DA LIMIA!!

XA ESTÁ AQUÍ O TAN DESEXADO CRÓNICO DO I ABERTO DA PATACA DA LIMIA , CON ESPECTACULAR INSTANTANEA INCLUIDA DO EXPLOSIVO ENFRONTAMENTO E COMO IMAXE DE ENTRADA NON PODIAMOS UTILIZAR A OUTRO QUE NON FORA Ó GRANDE NICO PETROV , O BÚLGARO QUE PERCORRE GALIZA TRABALLANDO NUNHA FAMOSA POLBEIRÍA DO PAÍS COMA PELADOR DE PATACAS, O CANSANZO , A PATACA E O COITELO SON SEGÚN EL OS FACTORES DECISIVOS Ó HORA DE CONSEGUIR MANTER O RITMO DE 5 PATACAS PELADAS POR SEGUNDO .... SÓ PETROV COA SÚA INTENSIDADE DE PELADO SE PODE COMPARAR Á ESPECTACULAR IMPLICACIÓN DE TÓDOLOS PALANADORES E PALANADORAS NISTE I ABERTO DA PATACA DA LIMIA CHEGADOS EXPRESO DENDE VARIOS PUNTOS DO PAÍS PARA APOIAR CO SEU IMPUSO ISTA IMPARÁBEL REVOLUCIÓN BILLARDEIRA , O GLADIADOR DE RÍO POUSA POR UNS INTRES OS APEIROS DE LOITA E OFRÉCENOS ISTA SENSACIONAL REPORTAXE PARA DESFRUTE E GOZO DE TODA A INDOMÁBEL TRIBU....

Sábado 16 de agosto, amanece un día chuvoso na Limia, van pasando as horas e comezan a saír os primeiros raios de sol nas terras de Xinzo, esa mesma tarde por primeira vez aterrizará a LNB coincidindo co 3º festival da mocidade organizado polo Centro Social Aguilhoar. Chegan as 5 da tarde e comezase a preparar o primeiro Aberto da Pataca da Limia. Nun campo de múltiples superficies, dende o asfalto central, coa auga dos charcos e coa terra nos laterais presentase un aberto moi técnico e que o mais mínimo fallo pode truncar as espectativas de victoria.Moita xente de Aguilhoar acuden os entrenos previos e toman contacto a maioría por primeira vez coa billarda. A maioría da xente de Aguilhoar teñense que ir para traballar na montaxe do festival e faise o sorteo do torneo entre 8 participantes.



4 de Marín, 2 de Xinzo, 1 de Castro Caldelas e 1 de San Xoan de Río tomarán parte neste primeiro aberto da Pataca da Limia. Nos cuartos de final quedan eliminados os 2 representantes de Xinzo, pagando así a novatada e 2 de Marín. Chegan as semifinais, por unha banda "o gladiador de Río" enfrontase a "Ajus de Marín", na outra semifinal o debutante "Coronas de Castro Caldelas" intentará facer saltar a sorpresa ante o regular "Alberte de Marín". Nunhos emocionantes duelos clasificanse Xosé Miguel e Alberte pra "Gran Final".Desputase o tercer e cuarto posto no que "Ajus" vence sen moitos problemas o debutante Coronas.

Comeza a final e non pode comezar mais igualada, xa que na primeira rolda empatan Xosé Miguel e Alberte. Na segunda rolda a presión se apodera de Xosé Miguel que se ve claramente superado por Alberte. Na derradeira os intentos desesperados de conseguir remontar non teñen resultado e proclamase "Alberte de Marín" campión do divertido primeiro Aberto da Pataca da Limia.

Tralo campionato tempo para a confraternización dos xogadores tomando unhas cañas na barra do festival e comentando as propostas dunha iniciativa que pretende facer unha revolución en Marín, convertindo este pobo nun dos epicentros galegos da billarda. Seguimos a espera de coñecer os grandes detalles deste macrotorneo billardeiro que parece que introducirá de cheo as billardas no Morrazo. Sen mais un saudo a xente de Aguilhoar e esperemos facer un día en Xinzo dedicado únicamente a billarda, así eles tamén poden formar parte do campionato.

terça-feira, agosto 19, 2008

4 X 100 RELEVOS : CRÓNICO DUN DESBORDANTE FIND NO MAR DE VARADOS!!

Fin de semana de auténtico infarto , O MAR DE VARADOS invadíuno todo mergullando baixo o seu salgado peso ós palanadores e palanadoras dunha e outra beira da Ponte dos Santos.



1º Relevo: O venres comezaba a marexa inmensa coa festa de presentación do San Caetano en Celeiro de Mariñaos, como se dunha premonición se tratase os ourensáns do Sonoro Maxín puñan B.S.O á noite , alí estaban compartindo danzas de guerra Merce e Martinho . auténticos precursores da Mar de Varados xa que eles derón pé á primiera Ola chamando á tribu a participar no Festival da Terra e da Língua no Mohíno do Pedroso organizado por Artábria.

Concerto o da Sonora marcado pola explosiva intervención de dous xoves brindeiros chegados do Sáhara e de acollida temporal no deserto vermello de Mariñaos. Ademáis a Sonora depois de quentar o ambiente cunha espectacular versión do Barrio Chino dos Resntidos e rematado o concerto en conversas baixo o palco sostendo os míticos botellín sen vaso que se di na canción dos de Vigo, prometeron tentar achegarse á revolución billardeira aportando un futuro tema de apoio coa súa visión diste deporte que racha fiestras en San Xoan de Río.


2ª Relevo : ourense voltaba a pivotar a atención de toda a LNB, Xosé Migule voltaba a dirixir o seu batuxo cargado de ilusión cara ás terras da Limia para ás 17 h , dar inicio do histórico I ABERTO DA PATACA DA LIMIA, mentras en celeiro de mariñaos unha tortilla de chipiróns en tinta era a premiada co concurso en Xinzo as billardas comezaban a estalar as billardas como as patacas na tixola co aceite fervendo. III Festival da Mocidade organizado polos Irmáns de Aguilhoar e alí estaba a LNB para por o seu poderoso gran de area, toda a tribu agarda ansiosa o crónico que o Comandante Xosé Manuel nos está a preparar dista enganchada na Limia, pero podemnos adiantar a espectacular irrupción de novo da nova franquicia LNB , Almunia de Marín que xa compite no hemisferio sur co poderío inmenso dos Cativos de Mos , Rubén &cia van ter que sintonizar as alarmas xa que podemos adiantar que Alberte , de Almuinha foi quen se levou o gato raxado ó rego nista enganchada da Limia e podemos confirmar que están desexando en verse as caras cos poderoso irmáns da Conferencia Sur no inicio da tempada regular.



3ª Relevo: Asturies collía o relevo do sul galego , ás 12 h, a pista de Piyarno era un fervedoiro, polo calor dun día expléndido e polo chegada á pista das estrelas asturianas do emercente deporte do Liriu. Por fin chegaba a hora dun torneo 100% asturiano para demostrar sí ó mundo o poderío da súa proposta e do seu discurso. Toda a prensa do país veciño sucumbíu ó seu engando , desprazando reporteiros para asistir ó LIRIU-ASTURIES ALL STARS no que LLara e Claudia desexaban xa participar.


A base histórica da selección asturiana Fran , Delmi , Albarín , Pravia , María formaron filas fronte ás novas incorporación da tribu do Liriu , encabezadas polo revés de Hevia, a forza do Javier O Zidane do Liriu, a táctica e forza de Pope , Sheila , Nacho, Sandra , Begoña e de todas as emerxentes estrelas diste gran deporte que se instala para quedar tamén no país da sidra. e foron os recén chegados ó competición os que se xogaron o título final , Falo das Bárzanas e o Avilesino Nacho, alcumado xa polo seu equipo coma El Quini del Liriu , foron os protagonistas da gran final do LIRIU-ASTURIES ALL STARS .


TELE-VARAL estivo alí e amósavaos como foi con pelos e sinais a gran victoria de Nacho sobre un Falo que de seguro vai dar moito que faler . Ribeiro Turbio a pé de pista como exótico agasallo da LNB e espectacular implicación no xogo e na apertura de portas de Guillermo , responsábel das instalación que abríu vestiarios e puxo toda a infraestructura do complexo deportivo de Piyarnu a disposición da tribu indomable do Liriu. Ó final concurso de Varados e a punteiría de Alvarín mediuse na final a un Xermán que exerceu de árbitro na contenda pero nos varados vingouse do xenial machetador asturiano que o machacara nas eliminatorias do pasado Inter-parroquial.


4º Relevo: luns de resaca absoluta , e necasario reotorno á emoción ollando nos xonais, akí e akí atopades os espectaculares crónicos nos dous principais xornais do país asturianos, e akí podedes por o ouvido nun novo estalo de RADIO VARAL , para como se fora unha caracola sentir o intenso bruar do MAR DE VARADOS no tren do Serán da Radio Galega , que ista fin de semana avanzou por riba de todos os sacos de area que impedían o seu paso anagando de vida e paixón todas as terras ó seu paso.

quinta-feira, agosto 14, 2008

EXPLOSIVA PONTE BILLARDEIRA: Patacas da Limia , Tortelas en Celeiro, Sidra e Ribeiro Turbio en Asturies!!

E se as billarda tardaron en penetrar en Ourense....maís aínda van tardar en saír xa que a LNB ten a firme convicción que instalarse para sempre e se para elo nos topamos co apoio e o compromiso do Centro Social Aguilhoar coma catalizador fundamental das accións-LNB na Limia pois o triunfo final está asegurado. De Río á Limia e tiro porque me toka, o gran batuxo LNB dirixido polo comandante Xosé Miguel desembarca para unha nova e histórica misión coordianar o I ABERTO DA PATACA DA LIMIA, iste sábado 16 a partires das 17 h no marco do III Festival da Mocidade organizado polos irmáns de Aguilhoar , as billardas ardendo van voltar cortar a brisa baixo a tremenda canícula ourensá. E moita atención xa que O Patakolo vai estar caro de carallo xa que se preparan expedicións dende Marin e varios frontes mais para tratar de meterlle o dente.




....e se na Limia poñen as patacas en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) poñen os ovos de curral para que ti só te preocupes de por o condimento especial para competir iste sábado no sempre explosivo concurso da Tortela no marco das festas do San Cateano. Segunda edición despois do parón imposto polo colonialismo , fai istes días 8 anos que moitos palanadores esquivamos as balas dos terratenentes para que hoxe os ovos e as patacas volten a estalas nas tixolas. espectacular cartel co venres coa actuaciín dos irmáns Sonoro Maxín e o sábado xornada completa con paparota e festa incluida no Cabano da LNB , alí estarán as grandes estrelas do combinado campión do año mouro no pasado interparroquial, Demelsa, Xosinho , Victor, Ginés , o Zidane da Bilharda , Juán Pico....oficiarán de anfitrións perfectos para rematar unha apoteósica xornada bailando o agarrado baixo a lúa coa intensa danza do farolillo. Forza LNB e forza Irmandade San Caetano con Xavier e toda a tribu vermella ó fronte!!

LIRU-ASTURIES ALL STARS:
......e no país veciño , iste domingo 17 a partires das 12 h, primeira edición do Liriu-Asturies All Stars , primeira enganchada das grandes estrelas diste deporte que despois de demostrar o seu poderio coma conxunto no interparroquial en terrras galegas , agora van medirse cara a cara nun de seguro explosivo torneo 100% asturiano , no que vai correr a Sidra a regos e o Ribeiro Turbio , xa que a LNB vai facer entrega dunha exclusiva botella diste viño revolto de taza ó campión ou campiona do concurso de Varados . A Cita na pista polideportiva de Piyarnu ( Castrillón)

terça-feira, agosto 12, 2008

MÉRGÚLLATE NO EXPLOSIVO CRÓNICO DO ABERTO DE RÍO!!

SE XA ESTÁS FARTO DE SENTIR AS FAZAÑAS DUN TAL MICHAEL PHELPS NO CALDEIRO DE AUGA DE PEKÍN E DEBECES POR ROMPER CO IMPERIALISMO OLÍMPICO QUE EXCLÚE DESPORTOS COMA O NOSO POR MEDO E PÁNICO ÓS NOSOS INDOMÁBEIS ATHLETAS.....ISTE É O TEU SITIO PORQUE ACABA DE CHEGAR A GRAN XOIA QUE TODOS ESTABADES AGARDANDO, QUENTE E RECEN SACADA DO FORNO O CRÓNICO COMPLETO E EN EXCLUSIVA MUNDIAL DO ABERTO DE RÍO CELEBRADO ISTE SÁBADO 9 CO QUE A LNB PENETRA DEFINITIVA EN OURENSE E FAINO PARA QUEDARSE , DESFRUTADE COA INTENSIDADE COA QUE O COMANDANTE XOSÉ MIGUEL NOS ACHEGA A LOITA POLO QUEIXO O VIÑO E A BICA:

Chega o día que todos agardabamos, o primeiro aberto na provincia de Ourense que tanto tempo levabamos agardando. Son as 5 da tarde, empeza a chegar xente o pavillón pa adestrar para o campeonato, para preguntar como é o asunto ou simplemente por curiosidade de ver bastante xente concentrada nun pobo tan pequeno coma Río. Chega xente con billardas feitas a man con paos de Carballo dicindo que todas as billardas teñense que facer así e non coas modernidades da LNB.

Son as 6 da tarde, segue chegando xente e trala conexión en directo coa RG, realizase o sorteo da competición. 28 son os palanadores apuntados. Xente de San Xoán de Río, de Trives, de Lugo, de Moaña, de Marín, do Grove, da Coruña, de Madrid e supoño que dalgún sitio mais esperan con espectación os cruces. Xan do A treu explica as normas do xogo e fai unha pequena demostración.

Chega a hora de comezar. Van comezando os cruces de van saltando as sorpresas. A xente da LNB vese sorprendida do nivel de xente que nunca xogara unha competición. Sorprende o nivel que acada a xente que estivo adestrando toda a semana. Xente do A treu vai quedando eliminada. A xente de Marín van pasando con claridade as primeiras rondas. Seguen pasando rondas ata chegar as semifinais. Na primeira Santi de Domecelle elimina a Xan do A treu nunha disputada semifinal. Na outra Bernar de Cova cae derrotado ante Xurxo de Marín. Chega o primeiro gran final en terras ourensanas. Santi de Domecelle e Xurxo de Marín, despútanse o queixo, viño e bica que hai de premio.

Na primeira ronda gaña con claridade Santi de Domecelle. Na segunda empatan, resultando campión Santi de Domecelle que o celebra por todo o alto con familiares e amigos. Entreganse os trofeos, regalanselle billardas os mais novos para ir creando novos palanadores, creanse novos lazos de unión con xente de Marín e deixase a sementa da billarda nas Terras de Trives conquistando un punto mais no noso país.

segunda-feira, agosto 11, 2008

HISTÓRICA CONEXIÓN CO ROCK EN RÍO NA PRIMEIRA ACCIÓN-LNB EN TERRAS OURENSÁNS!!

O comandante Xosé Miguel dirixe os exercitos regulares da LNB pola ate o de agora selva virxe do SurLeste Galego. Escoita a histórica conexión realizada no programa un sitio á sombra da Radio Galega rescatada por RADIO-VARAL , coa zoa cero do indomábel concello ourensán de San Xoan de Río. Santi d domecelhe derrota a xurxo d marin na final do aberto d rio q contou con trinta palanadores e cen espectadores , espectacular micro-crónico enviado dende Río ó VARALMORSE para anunciar ó mundo a explosiva enganchada billardeira na que Santi dobregou na histórica final a outro xa gran referente LNB , Xurxo representante da Almuinha flamente nova franquicia LNB desprazados exclusivamente para a ocasión dende o Centro Social con sede en Marín para viver nas propias carnes a intensidade brutal dun torneo LNB. Non foron os únicos inmigrantes do palán que aparacon ó seus batuxos nas beiras de Río , dende a Coruña a referencial franquicia da Treu estivo alí e xunto con ise cazarrecompensas chamado Ghanito que estivo a punto de novo de colarse entre os finalistas.

E atención cociña porque logo imos servir crónicos exclusivo do acontecido con pelos e sinais.... e non só do atoteósico Abertino de Río senón tamén do espectacular Torneo de Billarda realizado en Ribadeo ista pasada semana durante o campamento musical de verán no que máis de cen nenos de todo estado coordinados polos Billardeiros Musicais desafiában o sono durmindo cos paláns na cama. Iste domingo foron as finais e moi pronto poderedes ver estalos ver o alí acontecido.

ATENCIÓN: LNB INFORMA!!

TODOS OS PALANADORES E PALANADORAS DAS TRES CONFERENCIAS , NORLESTE , NOROESTE E SUR , TANTO OS XA XUNGUIDOS COMA OS QUE QUIRAN XUNGUIRSE ISTA TEMPADA Á COMPETICIÓN QUE SE POÑAN EN CONTACTO COS SEUS CAPITÁNS DE FRANQUICIA PARA TRATAR DE COMEZAR A COORDINAR OS CALENDARIOS DAS COMPETICIÓNS E OS DESPRAZAMENTOS.
SÁBADO 16 DE AGOSTO: ABERTINHO DA PATACA DA LIMIA , NO MARCO DO FESTIVAL DA MOCIDADE ORGANIZADO POLO CENTRO SOCIAL AGUILHOAR DA LIMIA. APÚNTATE XA PARA LOITAR POLO PATAKOLO, COORDINA X.MIGUEL 627.780891 / abelaido@hotmail.com.
DOMINGO 17 DE AGOSTO: 12 H , ABIERTÍN ASTURIES ALL STARS , ENTAMA LA RECONQUISTA . PISTA DE PIYARNU CASTRILLÓN . PODES ANOTARTE NA PISTA OU NO TELF: 630.641716 / javier.asturias@hotmail.com

SÁBADO 30 DE AGOSTO: ABERTO O PRAZO PARA A INSCRIPCIÓN DE PALANADORES E PALANADORAS NO ABERTINHO INTERNACIONAL DE SANTALHA - A PONTENOVA- , SÁBADO 30 DE AGOSTO NO MARCO DO ENCONTRO DE DEPORTES TRADICIONAIS ORGANIZADOS POLA CONSELLARÍA DE DEPORTES . QUENDAS CLASIFICATIRIAS A PARTIRES DAS 11:30 , XANTAR GRATUITO PARA TOD@S OS INSCRITOS E POLO SERÁN SERIES FINAIS. NON ESTAMOS TODOS FALTAN AS CHEGAS!! / INSCRIPCIÓN: 627.166834 / ism.zidane@gmail.com

BOTICA VIEJA DE RIBADEO : PRIMEIRA TENDA NA GALIZA QUE DISTRÚE O MERCHANDISING OFICIAL LNB , DENDE OS FAMOSOS PACKS-LNB ATE AS EXCLUSIVAS CHAPAS. SE TES UNHA TENDA E CHE INTERESA SEGUIR O EXEMPLO DISTE ARRISCADOS COMERCIANTE NON TE CALES E PONTE EN CONTACTO. ovaral@hotmail.com


sexta-feira, agosto 08, 2008

TARDE DE TRANSISTORES NA EXPLOSIXA INCURSIÓN LNB NO AUTÉNTICO ROCK EN RÍO!!

Galiza paralizada iste sábado ás 6 , tarde histórica de transistores para sentir o alento dos guerrilleiros dende a Serra Maestra Galega que dirixidos polo Comandante Xosé Miguel van dirixirse dende o SurLeste nun comunicado ó pais enteiro, non é radio rebelde pero como se o fora , unha tarde á sombra é o programa da Radio Galega que durante ista histórica conexión a partir das 18 h en directo con San Xoan de Río vai vestir as ondas de cor verde oliva para narrar en tempo real o tan agardado bautismo billardeiro en terras ourensáns. E polas 19 h conecta co VARALMORSE para saber o desenrolo final diste monumental golpe de estado das tropas LNB no paraiso natual dos afiadores.... Na Galiza coitelos , navallas , tixeiras e billardas coma en Mauritania!!

terça-feira, agosto 05, 2008

MAR DE VARADOS: QUEIXO , VIÑO E BICAS ISTE SÁBADO NO ABERTINHO DE SAN XOAN DE RÍO!!

E despois do tremendo impacto do Gran Golpe nas pantallas e das multitudinarias felicitacións, coma a dos nosos amigos da Botica Vieja de Ribadeo, unha das tendas coas que a LNB negocia a distribución do seu merchandising, chapas e material deportivo ...continúan, como non podía ser doutro xeito , as billardas cabalgando sobre a brisa africana na busca do refrescante Mar de Varados que moita atención toda a tribu LNB porque iste sábado vai ter unha moi especial e agardada edición. Sam Joam de Río , o pequeno concelo Ourensán acolle iste sábado 9 un de seguro explosivo ABERTINHO DE BILHARDA no marco dun festival que vai facer saltar baixo a terra ate as patacas da cercana Limia. Concellos pequenos revolucións inmensas, ise é o pensamento da LNB e do seu comandante Xosé Miguel que coordina iste histórico primeiro estalo billardeiro en terras ourensáns .


Intensidade inmensa nas sesión spreparatorias dista pasada find donde os embravecidos palanadores de Sam Joam case rachan os cristais como xa adianta Xosé Miguel no seu crónico de avanzadiña. Xa lles deixei varias billardas para que vaian practicando, o único que se puxeron a xogar no medio da rúa e case rompen os cristais dun bar.Ao final faremolo nun pavillón que na praza do concello queda algo pequena. ..... e de coruña o equipo do Atreu, no que estaba eu cando vivía alí, desprázase case ao completo para este torneio. O queixo, viño e bica que será o premio para o gañador atraen a xente. Impresionate o que está a cocer iste auténtico trotaparroquias da LNB que alí por dende pasa deixa o súa poderosa semente billardeira.


O Mar de Varados invade terra firme por medio dun inmenso canal de auga salgada que ti tes que axudar a trazar cos teus golpexos contra o imperialismo . Iste sábado 9 a partires das 17 h. a gran cita no pavillón de San Xoan de Río ( Ourense ) para loitar coma cans esfameado polo queixo, viño e bicas do primeiro estalo billardeiro que racha o xeo e os cristais en terras ourensáns . Atención Conferencia Sul e resto da Galiza apuntádevos xa : abelaido@hotmail.com / 627.780891.

segunda-feira, agosto 04, 2008

O GRAN GOLPE TRIUNFADOR ABSOLUTO NO ON-OFF: OUTROS ACTORES XA SON POSIBLES!!


Apoteóse absoluta ista fin de semana no festival on-off de ribadeo, se os chantos das leiras tremen ante a chegada da tribu LNB agora tamén as butacas dos cines palidecen ante a irrupción da meteórica carreira cinematográfica iniciada polos palanadadores e palanadoras.

Marcos e Suso de remourelle dirixiron coma George Roy Hill no 1973 ó Zidane da Billarda e a Calvete coma Robert Redford e Paul Newman na mítica película O Golpe aquí mutada en O GRAN GOLPE .


Gansters mutados en embravecidos palanadores para armar unha histórica curta resume maxistral da filosofía LNB que embiste ó imperialismo deportivo que despois do seu pase no cine teatro da vila luguesa ó caron dunha ducia máis de fitas conseguíu na gala nocturna a estatuiña de mellor curta do público e a de mellor actor para o Zidane da Billarda.


Hai veces que as cámaras non son suficientes para pulir en pedra o inolvidable dun histórico estalo, polo que quedará para sempre gravado na retina dos asistentes á entrega de premios o explosivo discurso do grande palanador e actor Zidane da Billarda - "DEMOSTRAMOS QUE OUTRO DEPORTE É POSÍBEL E AGORA DEMOSTRAMOS QUE OUTROS ACTORES TAMÉN SOMOS POSÍBEIS!!"


NORABOA A TODA A TRIBU LNB POR ISTE ESPECTACULAR TRIUNFO COLECTIVO E ATENTOS PORQUE TELE-VARAL PREPARA O ESTREO NA REDE DISTA XA HISTÓRICA CURTA TITULADA O GRAN GOLPE!!