O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, agosto 28, 2008

FIND DE FURACÁN CON 3 ABERTINHOS: OS ANCARES NO CENTRO , PONTEAREAS NO SUR...E SANTALLA NO NORTE!!


E co sixilo dun descomunal oso pardo chega a confirmación absoluta de algo tan agardado e desexado por toda a tribu-LNB que vai embravecer totalmente durante toda ista finb o inmenso Mar de Varados. Non podía haber dous sen tres e con iste I ABERTO DOS ANCARES , que abre a fenda na posíbel futura Conferencia Centro , na montaña galega van voltar asubiar as billardas despois de moitos anos silenciadas pola inxuria e o esquecemento . A miseria institucional negoulles ós homes de Cervantes a tan desexada caravana de mulleres como única arma posíbel para vencer o illamento , a LNB invade as leiras , os prados e as pallozas dos Ancares coa forza dun urogalo adoecido para berrar alto e claro que os ANCARES e a montaña galega tamén quere vida , tamén quere LNB.

Nativos , visitantes de paso e posíbeis asistentes á III FESTA DA PANDEIRA en Piornedo iste sábado 30 no Polideportivo de San Roman hai unha cita co rexirdir do deporte nacional en pleno pulmón da Galiza , retornan as billardas ós Ancares e ti tes que estar alí para loitar polo gran botello de mel de abella galega.

Podes inscribirte a pé de pista ou no telf da Palloza-LNB: 659.628892

Organiza : LNB e CARPINTEIRÍA OVIDIO




Imperdíbel a sessom vermute no III Aniversario dos irmáns da BAIUCA VERMELHA de Ponteareas, 3 anos de resitencia e ataque cultural nista vila do sul galego que para celebralo non se conforma con soprar só os tres fachos do pastel senón que dan un paso adiante coordinando xunto coa LNB un extraordinario I ABERTO DE BILHARDA que vai ser a primeira toma de contacto dos grandes clanes que forman a poderosa tribu do Sul. Xunto ó comandante Xosé Miguel agárdase a presenza dos Cativos e demáis poderío de Mos e do Porriño para competir coa emerxente maquinaria billardeira de Marin , Xurxo e Alberte &cia vai chegar a Pontareas dispostos a demostrar que o seu potencial non é un espellismo.


Poderase realizar a inscripción a pé de pista antes do comezo da enganchada na ate iste sábado terra virxe de Ponteareas.

COÑECE O CAMPIÓN EN TEMPO REAL NO VARAMORSE de BLOGALIZA

NOTA PARA O SUR E NOROESTE:

CONFIRMADO O ABERTO NO FESTIVAL DA POESÍA EN SALVATERRA DO MIÑO PARA O SÁBADO 4 DE SETEMBRO , IREMOS INFORMANDO INSCRICIÓNS ABERTAS XA: lnb.sur@gmail.com

PENDENTE DE CONFIRMACIÓN : ABERTO DE MONTEALTO NA CORUÑA

I ABERTO DE SANTALLA: ESPAZO-LNB


PODERASE RALIZAR A PÉ DE PISTA SE AÍNDA NON ESTÁS INSCRITO.

Atención porque a Santalla chega o poder da nova franquicia LNB Irmandade San Caetano, tortillas e billarda feitas con ovos da casa , desafían o dito de febreiro mes oveiro para en pleno fin de agosto rachar coa cáscara e sorprender co seu debú na alta competición ás grandes estrelas do NorLeste que niste enclabe da pontenova alí se van dar cita.

CARABANA DE CARROS: A LNB LANZA A IDEA DA CARABANA DE CARROS CON SAÍDA DA ESTACIÓN DE BUS DE RIBADEO ÁS 10 H . PARA CHEGAR TODOS XUNTOS A SANTALLA E PREPARAR A INFRAESTRUCTURA DE COMBATE.

I ABERTO DE SANTALLA:
-SERIES CLASIFICATORIAS DENDE AS 12 H. ATE AS 14 H.
-XANTAR DE BALDE PARA OS PARTICIPANTES NO ABERTO
-SERIES FINAIS E GRAN FINAL A PARTIRES DAS 17:30

COÑECE O CAMPIÓN EN TEMPO REAL NO VARALMORSE de BLOGALIZA

A LNB LAMENTA E CONDEA A FIRMEMENTE A EXCLUSIÓN DAS CHEGAS DE BOIS NISTE ENCONTRO, NON ESTAMOS TOD@S FALTAN AS CHEGAS!!


VÍA OPEN VIEIROS: O 2 de Agosto de 2008 morreron as milenarias Chegas de Bois no Barroso Galego (Val de Salas) e no Val do Limia, substituídas pola "fiesta nacional". Ya era hora, caramba!

Enviada por Geresiao o 31/07/2008 18:00 ás 309 visitas

Deron cabo da tradición das incruentas Chegas de Bois, proscribíndoas e multándoas, e agora véñennos coas sanguentas touradas, fomentadas e apoiadas. Grazas PP de Muiños! Grazas BNG, polo diñeiro que lles largas desde a tua Consellaría de Industria! l Beizón a todos polo servizo ao país. O meu voto ídelo ter no carallo