O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, agosto 12, 2008

MÉRGÚLLATE NO EXPLOSIVO CRÓNICO DO ABERTO DE RÍO!!

SE XA ESTÁS FARTO DE SENTIR AS FAZAÑAS DUN TAL MICHAEL PHELPS NO CALDEIRO DE AUGA DE PEKÍN E DEBECES POR ROMPER CO IMPERIALISMO OLÍMPICO QUE EXCLÚE DESPORTOS COMA O NOSO POR MEDO E PÁNICO ÓS NOSOS INDOMÁBEIS ATHLETAS.....ISTE É O TEU SITIO PORQUE ACABA DE CHEGAR A GRAN XOIA QUE TODOS ESTABADES AGARDANDO, QUENTE E RECEN SACADA DO FORNO O CRÓNICO COMPLETO E EN EXCLUSIVA MUNDIAL DO ABERTO DE RÍO CELEBRADO ISTE SÁBADO 9 CO QUE A LNB PENETRA DEFINITIVA EN OURENSE E FAINO PARA QUEDARSE , DESFRUTADE COA INTENSIDADE COA QUE O COMANDANTE XOSÉ MIGUEL NOS ACHEGA A LOITA POLO QUEIXO O VIÑO E A BICA:

Chega o día que todos agardabamos, o primeiro aberto na provincia de Ourense que tanto tempo levabamos agardando. Son as 5 da tarde, empeza a chegar xente o pavillón pa adestrar para o campeonato, para preguntar como é o asunto ou simplemente por curiosidade de ver bastante xente concentrada nun pobo tan pequeno coma Río. Chega xente con billardas feitas a man con paos de Carballo dicindo que todas as billardas teñense que facer así e non coas modernidades da LNB.

Son as 6 da tarde, segue chegando xente e trala conexión en directo coa RG, realizase o sorteo da competición. 28 son os palanadores apuntados. Xente de San Xoán de Río, de Trives, de Lugo, de Moaña, de Marín, do Grove, da Coruña, de Madrid e supoño que dalgún sitio mais esperan con espectación os cruces. Xan do A treu explica as normas do xogo e fai unha pequena demostración.

Chega a hora de comezar. Van comezando os cruces de van saltando as sorpresas. A xente da LNB vese sorprendida do nivel de xente que nunca xogara unha competición. Sorprende o nivel que acada a xente que estivo adestrando toda a semana. Xente do A treu vai quedando eliminada. A xente de Marín van pasando con claridade as primeiras rondas. Seguen pasando rondas ata chegar as semifinais. Na primeira Santi de Domecelle elimina a Xan do A treu nunha disputada semifinal. Na outra Bernar de Cova cae derrotado ante Xurxo de Marín. Chega o primeiro gran final en terras ourensanas. Santi de Domecelle e Xurxo de Marín, despútanse o queixo, viño e bica que hai de premio.

Na primeira ronda gaña con claridade Santi de Domecelle. Na segunda empatan, resultando campión Santi de Domecelle que o celebra por todo o alto con familiares e amigos. Entreganse os trofeos, regalanselle billardas os mais novos para ir creando novos palanadores, creanse novos lazos de unión con xente de Marín e deixase a sementa da billarda nas Terras de Trives conquistando un punto mais no noso país.