sexta-feira, setembro 28, 2007
Absolutamente conmocionados pola xa cada vez máis próxima irrupción na pista da Zapateira da conferencia Noroeste con epicento na cidade da Coruña o inicio de tempada na conferencia irmá fixo necesaria a irrupción en escea do web oficial da conferencia NorLeste, aquí poderedes seguir as clasificións nas principias táboas clasificatorias e ler as actas oficias de cada partido e moi atentos porque niste mesmo web ides poder descargar as fotos oficiais das nove franquicias que compiten nista conferencia, mentras na TENDA-LNB poderedes seguir adquirindo material deportivo e consultar o calendario para ista tempada 2007-08 que xa tendes á vosa disposición. Acabicórnate coa serpe multicor da LNB!!
segunda-feira, setembro 24, 2007
1º CARREIRADA DA XORNADA PATROCIANDA POLA CERVEXA SAN MIGUEL. ZIDANE vs CHEMA. Todo o que se diga É pouco , TELE-VARAL retransmitíu xunto coa Galega ista histórica carreira na que Juan Pico contou cos espectaculares comentarios de Sak membro da conferencia NorOeste con epicentro na cidade da Coruña. E como traca inicial xa podes descargar o tema Achicando as pozas, B.S.O construída en exclusiva para a LNB por ZIMMER103 coma trepidante psicofonía alieníxena para o deporte da billarda, qué forte que forte , comezou a SUPERLIGA que o demo reparta sorte!!
A SUPERLIGA DE BILLARDA 2007-08 BOTOU A ANDAR!!
sexta-feira, setembro 21, 2007
ARRINCA A SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA!!

DOMINGO 23 ÁS 16 H , NA PISTA DA ANGUIEIRA EN BARREIROS (LUGO) ARRINCA COA FORZA DUN XABARÍN FERIDO A NOVA EDICIÓN DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA E COMO TRACA INICIAL SOARÁ NO CASSETE DA LNB ZIMMER103 CUNHA SINPHONÍA ALIENÍXENA ESPECIAL QUE SE VAI CONVERTER NA B.S.O PARA UN DEPORTE QUE ARRINCA CHANTOS E INVADE AS LEIRAS . AGARDÁMOSTE PARA ACABICÓRNATE COA SERPE MULTICOR DA LNB, COMEZA O ESPECTÁCULO!!
quinta-feira, setembro 20, 2007
IRROMPE A 1º CARREIRRA DA XORNADA DA HISTÓRIA > CHEMA vs ZIDANE!!

Os reloxos andan lentos coma coscos xa que os palanadores e palanadoras da mellor liga de billarda do mundo están desexando xa, romper coa tensión e o nerviosismo das horas previas ó inicio da tempada, pero, sobre todo dous palanadores estarán máis excitados e concentrados ca ninguén. Como xa anunciabamos a LNB xa elexíu os bois que van turrar na primeira e histórica chega billadeira da CARREIRA DA XORNADA, por unha banda Ismael, O Zidane da Billada o experimentado palanador dos Cornería-Team vai ter enfronte a un emerxente e debutante deportista na SUPERLIGA, Chema dos Billardeiros Musicais debuta ó grande nista primeira carreira da xornada da historia patrocinada polo distribuidor oficial da cervexa San Miguel no NorLeste galego. TELE-VARAL ultima preparativos para xunto coas cámaras da GALEGA compatir os dereitos de retransmisión dista histórica data, a do domingo 3 de setembro na pista da Anguieira de Barreiros. Non hai cura para o veleno da picadura da serpe LNB!!
quarta-feira, setembro 19, 2007
SALTA MUROS E ALAMBRADAS....FALTAN SÓ 105 HORAS PARA O INICIO DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA!!
Iste domingo 23 de setembro comeza o gran espectáculo da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA, paláns en alto de novo para tentar acadar a gloria que só uns poucos da grande tribu de palanadores epalanadoras poderá acadar. Participación histórica na conferencia NorLeste con epicentro na mariña de Lugo donde van ser nada menos que 9 franquicias as que inicien carreira a partires da 15:30 h. na pista polideportiva da Anguieira , o mesmo cemento que víu nacer e reproducirse á LNB. Ós Sporting Petapouco, Fanecas Bravas, Bíteres, EkipA SaFaRi , Cornería –Team , Tronos do Masma únenselles as novas franquicias dos Piratas da Billarda , Remourelle-Bulls e os Billardeiros Musicais para facer dista terceira edición da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA a máis competitiva e electrizante das nunca antes desputadas. As rúas e os carreiros da Galiza xa ferven porque faltan só 105 horas para o inicio do gran espectáculo, moi atentos á pantalla porque a LNB xa ten escollido os protagonistas da primeira CARREIRA DA XORNADA , que enfrontará a unha máis que consolidada estrela do deporte da billarda cun debutante que amiaza con destronar todos os moldes dista competición que inicia a súa intensa conta atrás.....
segunda-feira, setembro 17, 2007
APRESENTACIÓN MUNDIAL DO ORGANIGRAMA COMPETITIVO DA SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA!!
quinta-feira, setembro 13, 2007
O CABALO DE FERRO DO SERÁN PASA POR RIBA DAS CHAIRAS DA TRIBU QUIMBAMBEIRA!!
Comeza a conta atrás para que o vindiero domingo 23 de setembro a primiera billarda voe na pista da Anguieira no agradadísimo arrinque da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA, iste mércores entre bágoas polo inminente cese de actividade nas Quimbambas da Radio Galega a voz da LNB adiantou en exclusiva para as nosas madriñas antes de que o tren do serán arrinque da estación , a nova estructura da competición e as datas claves para unha tempada que amiaza con espallarse polo país como o lume pola herva serca. Cos faxes botando fume por contratacións de última hora e incorporacións de novas franquicias á competición a LNB vai realizar ista tarde-noite o primeiro sorteo da tempada donde sairán os enfrontamentos face a face e a gran novidade da tempada, a primeira carreira da xornada , carreira patrocinada por DISTRIBUCIÓNS ANDURIÑA , distribuidor oficial da Cervexa San Miguel no NorLeste da Galiza , que exercerá de patrocinador oficial da carreira máis importante da xornada que TELE-VARAL emitirá en exclusiva para toda a tribu billardeira espallada polo mundo enteiro, peles roxas e siux da billarda contra o cabalo de ferro que aniquila a extrabagante e singular fauna que cada tarde habitamos na lagoa dos soños da república independente das Quimbambas.... eu non digo nada!!
segunda-feira, setembro 10, 2007
DOUS SETOS A CERO VENCE O COMBINADO LNB A UN EMERXENTE E PODEROSO EQUIPO DOS AMADORES DA MÚSICA
Espectacular enfrontamento o producido iste domindo 9 de setembro na pista de Ove entre os Amadores da Música e un Combinado LNB constituido especialmente para iste Torneo das festas patronais Ribadenses. Partido pactado a dous setos , a versión billardeira dos sets tenísticos que pese ó inicial empurre dos Amadores a combinado LNB impuxo a súa maior consistencia competitiva para vencer non sen apuros por dous setos a cero a un emerxente combinado dos Amadores da música e da billarda.
sexta-feira, setembro 07, 2007
COMBINADO LNB VS AMADORES DA MÚSICA
quarta-feira, setembro 05, 2007
NACE A LNB-NOrOESTE!!
Absolutamente colapsados e sen palabras para expresar a emoción , fai uns meses durante a desputa do billarda all stars 2007 intuíase , agora xa é unha realidade, contitúese a LNB-NOROESTE, TELE-VARAL celébrao rescatando un histórico video no que Sak , un dos grandes loitadores e fundadores dista conferencia Noroeste se dirixe emocionado a toda a tribu billardeira dun e doutro extremo da Galiza reunidos nun histórico xantar despois do billarda all stars 2007!!








