O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, julho 30, 2009

FESTAS NA GALIZA CON CORRIDAS SI , PERO CON TOURADAS , NON!!


Volta a cor ás pantallas para facer un chamamento ó apoio masivo á convocatoria dos compañeiros da Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra que iste sábado van concentrarse na peregrina para pedir unha festas sen corridas nas prazas de Touros. Ademáis no pasado día da patria un dos intenson face a face da LNB foi cos membros da coordenadora coa que chegamos ó acordo de apoiar coa forza dos bois da chega a concentración xa que eles van esixir ó concello de Ponte Vedra a conversión da praza de touros no primeiro Billardódomo do país. Unha iniciativa que cremos espectacular e válida para o resto de prazas espalladas pola Galiza , ó contrario que as promesas do antigo goberno que nos prometía espazos espectaculares para o desporto nacional contratando para elo o colexio de arquitectos da Coruña para rirse de nós na nosa puta cara xa que nen sequera falaban galego.


Ista iniciativa surxida da Coordenadora antitouradas e da LNB para transformar as prazas en billardódomos vémola moito máis viábel que as promesas do anterior e do actual goberno que continúan a mofarse de nós. E se despois da acción tes ganas de seguir embestindo , conecta o Radar-LNB e pásate polo espazo dos compañeiros de komunikando se queres rock e por MALMEQUER se prefires liña folk para comezar agosto acabicornado nun dos poderosos festivais galegos dista find.

quarta-feira, julho 29, 2009

SANTI E BIKILA , ATLETAS GALEGOS E ETÍOPES DESCALZOS CARA Á VICTORIA!!


Tod@s recordamos a mítica victoria do etíope Abebe Bilika na marathon de Roma nas olimpiadas do 1960, cando descalzo venceu a todo un exercito de atletas adestrados e calzados polo capitalismo maís salvaxe da época. Pasaron os anos e tivo que ser un palanadora da LNB quen recollera o espíritu etíope de Bikila para desputar o tamén xa mítico Aberto do día da Patria. Santi , palandor da Asemblea Aberta non dubidou en descalzarse para , en calcetíns sobre a terra batida de Belvís , xogar e vencer nun Aberto para coma Abebe en Roma , Santi en Compostela deixar semente de victoria.


Ista extraordinaria fazaña de Santi xunto coa impactante acción de Toño Randeeira en zocas no pasado Aberto da Auténtoica da Coruña pon ás claras que a LNB pensa moito máis cos pés que coa testa polo que ide preparando os calcetíns, zocas ou o que vos apeteza menos claro está , mocasíns ou castellanos, xa que para a find do vindeiro 8 de agosto vai ser das que pasen á história xa que haberá Fouciños no Pino e Urogalos nos Ancares agardando para que deixedas as vosas pegadas nas pista de xogo....descázate e anda!!

segunda-feira, julho 27, 2009

BILLARDA , PATRIA E LOITA >> O GRANDE CHIMPO DA LNB NO DÍA DA PATRIA!!


[foto-varal]
Fai agora 40 anos que supostamente o ser humán pisou a lúa e o retrouso que quedeou no subconsciente foi , un pequeno paso para o home pero un inmenso chimpo para a humanidade. Iste sábado día da patria unha outra expedición foi posíbel xa que un comando da LNB mutados en cosmonautas billardeiros irrumpiron coa forza dun desbocado boi da chega nas celebracións do día da patria.

Un pequeno paso para o palanador pero un inmenso chimpo para a revolución que confirma con iste acto de valentía suprema a súa firme aposta pola visibilidade total da LNB coma movimento deportivo e social-indixenista que implica , vincula e vehicúla unha espectacular forza centrífuga como se demostrou no multitudinario aberto posterior ó xantar de Causa Galiza.


Como anunciaramos o campo base da LNB instalouse na Praza da Galiza xunto cos compañeiros de CEIVAR , unha máis que agradable compaña para amosar ás dúas grandes manifestacións con saída ás 12 e 13 h. que moitos compañeiros están a sufrir nas cadeas físicas e imaxinarias polos xeitos diferentes de pensar e de practicar un deporte.


Con espazo prudencial para evitar as suspicacias xerradas antes da marcha os enfaixados da LNB decidiron unirse á manifa de Causa Galiza donde recibiron numerorísimas mostras de apoio dos integrantes da mesma , a resaltar a implicación da xente de Xil que abríu a posibilidade a unha equipa estábel no concello de Meaño e a implicación sonora de Antón dos ultracans para rachar co mutismo das súa cancións cun tema cantando para apoiar a revolición billardeira.


Remate da marcha no toural coa incorporación ó enfaixamento do seleccionador Alemá , Aitor Rivas que dasafiando o jet lag quixo por coma sempre o seu alento e forza de impulso ó servizo da revolución billardeira que bule tamén por terras teutonas xa que un dos seus pupilos que se enfrontou a Galiza estaba no serán esixindo revancha á selección galega.

Ademais a LNB afianzou os seus contactos internacionais camiño de Belvís cun representante do Sinn Fein Irlandés que amosou o seu total interese por establecer vasos comunicantes entre ambas organizacións sociais.


ABERTO DO DÍA DA PATRIA!!

E coma non podía ser doutro xeito , a iso das 17 h as billardas comezaron a bruar no campo de terra do parque de belvís, unha multitude de palanadoras e palanadoras querían leña e queríana xa, polo que non había máis a que agardar,. Medio cento de participantes arrincaron as series clarificatoria diste Aberto Internacionalista no qeu a presenza de palanadores teutóns confirma a boa saude do noso deporte en centro europa reforzado segundo puidemos saber polo representante da LNB en Euskal-Herria ,Mouriño, que nos contou durante o abertinho que Paulo palanador burelés que mora en Berlín xa ten unha auténtica tribo internacional formado por palanadores turcos e koreanos desexando enfrontarse á selección galega.



Como quedou claro nista acción do día da Patria todo se andará máis despois de ver o espectacular polo de atracción que supón saber que as billardas están polo ar xa que Toño e Iván dos Furabolos desafiando festas patronais acudiron sen dubidalo á chamada da xungla xunto co seu compañeiro Xosé Antón que se quedeou incluso sen postre no xantar da carballeira para poder chegar á desputa diste espectacular aberto que acolleu tamén a presenza doutro referente da LNB como é Toño Randeeira.



Representación de tódalas conferencias na pista de terra de Belvís e movementos de cara a fichaxes para a vindeira tempada , A treu da Coruña movía fichas e tenta incorporar palanadores para ista vez si loitar firmemento por un título , e EkipA SafaRi do NorLeste tamén traballou e asinou os servizos do Mindoniense Paulo que se vai reincorporar á competición do Norleste e atención porque nista conferencia Borxa , o palanador Lugués adiantou unha nova que de confirmase pode ser a bomba, Madia-Leva está a tentar facerse equipa estabel na competición con epicentro na mariña Luguesa.



Moitos movimentos e abaneos na pista que conduciron a Toño dos Furabolos e a Santi da Asembla Aberta a unha final a unha única carreira que rematou en empate e que o palanador do Sur pisando a pista sen zapatos , unicamente en calcetíns , foi quen de facerse co disco Vozes Novas dodado polo Novas da Galiza que o acredita coma campión diste histórico aberto do día da patria.

Atención porque xa temos lema para a faixa do ano que ven , noraboa a Santi e a tod@s os paticipantes nista histórica acción porque demostramos unha vez máis que a victoria é nosa , nen un paso atrás nen para coller impulso!!


sexta-feira, julho 24, 2009

ÚLTIMA HORA: A LNB TERÁ FAIXA , BANDEIRAS E MARCHA PROPIA!!

REALIZAMOS UN COMUNICADO DE URXENCIA ANTE A ALARMA SUSCITADA NO SEO DOS COMPAÑEIR@S DE CAUSA GALIZA POLA IRRUPCIÓN DA SIMBOLOXÍA LNB NO SEO DA MANIFA QUE PARTE DA ALAMEDA ÁS 13 H.

- A LNB asume totalmente a simboloxía unitaria e patriótica da mani mantendo para ás 11:30 h a quedada de palandores e palanadoras na Praza da Galiza para preparar a faixa que ficará alí instalada coma campo base de operacións para a distribución dos paquíns que anuncian o aberto nacional do serán . É por elo que realizamos un chamamos a todo o indixenismo galego e internacionalista para que unha vez finalizada a mani de Causa Galiza , se chegue á praza da Galiza para acompañar á grande e espectacular faixa LNB ate o parque de Belvís donde quedará instalada para a desputa do Aberto Nacional que se celebrará unha vez rematado o xantar de irmandade. BILLARDA , PATRIA E LOITA!!

quinta-feira, julho 23, 2009

ABERTO NACIONAL , FAIXA DE 8 METROS E BANDEIRAS LNB..... ISTE DÍA DA PATRIA NON NOS MIRES ÚNETE!!


E para ista histórica ocasión puxémonos máis soviéticos ca nunca para anunciar un Aberto Nacional do día da Patria tantas veces soñado e que iste sábado apartires das 16H. vai facerse realidade ante os atónitos ollos do imperialismo.

A LNB xa ten lista a súa poderosa infraestructura deportiva polo que ti só tes que por as gañas xa que no parque de Belvís haberá material deportivo para que lle zosques á billarda e loites pola gloria de converterte no primeiro palanador ou palanadora que se fai co título de campión de billarda do día da patria e levar o disco VOZES NOVAS doado polos irmáns do Novas da Galiza. Pero antes diso toda a tribu LNB temos unha cita na liña do fronte.....

FAIXA PROPIA E BANDEIRAS DA LNB INVADIRÁN AS RÚAS DE COMPOSTELA!!


O teu puño é máis necesario agora ca nunca xa que a LNB vai levar FAIXA PROPIA na manifa de CAUSA GALIZA , un feito de dimensións estratósféricas que nos sitúa na vangarda absoluta dos movementos sociais do país , Atención pois :

A QUEDADA:

-Praza da Galiza ás 11:30 h. para a prepación da Faixa LNB de 8 metros de longo e distibución das bandeiras LNB . Ademais distribuiremos o Pasquín realizado por Novas da Galiza que anuncia o Aberto Nacional posterior da tarde no parque de Belvís. BILLARDA , PATRIA E LOITA!!

quarta-feira, julho 22, 2009

25 DE XULLO EN COMPOSTELA >> CAUSA-GZ / CAUSA BILLARDA!!


Espectación máxima en tódolos frontes ante a que será a primeira irrupción da LNB no día da patria en Compostela. Atención porque sinalaremos os puntos estratéxicos para as quedadas nas manís do medio día nunha das cales a propia LNB pode incluso levar faixa propia , polo que sabemos que son milleiros de brazos dispostos a dar ate a última gota de sangue para sostela ó caron das bandeiras da patria e da propia LNB que van invadir tamén o ar compostelá

E unha vez finalizado a xeira a LNB establecerá o campamento base no parque de Besvís para despois do xantar de irmandade organizado polos compañeir@s de Causa Galiza arrincar co explosivo Aberto de Billarda do Día da Patria, o primeiro acto da tarde no que as billardas racharán o xeo dun brutal fungueirazo para despois deixar paso ó partido de futbol organizado polos irmáns de Sireir@s.

Tomade nota de tódolos actos no parque de Belvís, porque a festa xa comeza o sábado as 22 h cun espectacular festival: KOP + DIOS KE TE CREW + KÓGITO + ARENGA

DOMINGO 25 DE XULLO

[programa para despois do xantar de Causa Galiza]

ESPAZO DEPORTIVO (campo de futebol):

16:30 ABERTO DE BILLARDA DO DÍA DA PATRIA
18:00 Partido de futebol: Siareiros Galegos vs Causa Galiza.
19:00 Exibición de man e media de Esgrima Medieval.

ESPAZO CULTURAL (carpa):

17:00 Apresentación do libro Perspectiva desde a porta de Patricia A. Janeiro, Edicións Positivas.
18:00 Apresentación e debate do libro Manifesto contra o traballo do Grupo Krisis, Estaleiro Editora.
19:00 Apresentación do libro Galiza Vencerá de Mauricio Castro, Abrente Editora.
20:00 Apresentación do FAQ de reintegracionismo editado pola Gentalha do Pichel.

ESPAZO INFANTIL (carpiña xerida por Agarimar):

16:00 Globoflexia.
17:00 a 18:00 Musica para nenos.

XOGOS POPULARES (en todo o parque):

Todo a tarde Tiro aos caretos, organizado pola Gentalaha do Pichel.
A partir das 19:30 carreira de ovos, tiro da corda e carreira de sacos.

OUTRAS ACTIVIDADES.

Sairá tamén do parque de Belvis o Pasarruas da Mocidade pola lingua que percorrerá as ruas de Compostela (hora por confirmar)

Ao longo da tarde haberá tamén unha feira de asociacións e colectivos con postos de material, e un balcón onde se servirán bebidas.

A partir das 20:00 hrs FOLIADA.

domingo, julho 19, 2009

25 DE XULLO , CONFÍRMASE O GRAN ABERTO NACIONAL DO DÍA DA PATRIA EN COMPOSTELA!!



Cunhas semanas de pouso intenso sáe á luz o espectacular video-estalo da Cunca Xíbara o preludio perfecto do efecto tonificador do sol no pelexo dos palanadores e palanadoras da LNB que van voltar a broncearse iste vindeiro sábado 25 de xullo , atención porque confirmamos oficialmente que iste día da patria vaise celebrar un de seguro histírico I Aberto de Billarda no campo de futbol do parque de Belvís xusto despois do xantar organizado por Causa Galiza co apoio dos irmáns de Novas de Galiza. Atentos e ide preprándovos porque o Aberto do día da Patria prometer ser dos que deixan pegada con representación de tódalas conferencias da LNB para converter o parque de Belvís nun perigosísimo campo minado de estonelas, billardas, pinchas, cachizas.......dispostas a mutilar a todo aquel que imperialista que poña o pé enriba.

CUCHUFELLOS E MAGHUA .....O BRUTAL SPEED-FOLK INVADE A REPÚBLICA BILLARDA!!


E moita atención porque dende a irrupción do proxecto República Billarda en feisbuc ista madrugada do sábado foi a xa denominada como a noite dos mancontros acesos dende o festival das Revenidas donde os irmáns dos Cuchufellos apresentaron o seu tema adicado á revolución inmerso no seu recén estreado novo disco Achegaivos Feligreses.


Pero non foi a ínica explosiva novidade sonora dista find xa que dende a Conferencia NorOeste Serxio dos Xarutos informa e transmite dende a súa convalecencia transitoria unha forza impresionate e anuncia que o exercito coruñés da LNB se prepara xa para unha nova tempada na que ista vez si van apretar os dentes para facerse cun dos títulos nacionais en xogo. E Serxio , a xeito de amplificación brutal das súas verbas prepara xunto co seu embravecido grupo de pandereteiros coñecidos internacionalmente coma MAGHUA , un espectachar tema de apoio á revolución LNB que xunto co estalo cuchufello vai afianzar totalmente a inmersión indi-folk da República Billarda.

IMPRESIONANTE DESPREGUE POLICIAL NO MULTITUDINARIO INICIO DA COMPETICIÓN EN ASTURIES!!


E cunha Asturies xa en marcha e camiñando firme tentando introducir os seus lirius no "castru" como se puido ver e sentir no efusivo e multitudinario arrinque da competición regular do Conceyu Nacional en Uvieiu donde estiveron presentes a tres principais franquicias do país veciño loitando e por se non fora pouca intensidade para confirmar a boa dirección cara á que camiñan os lirius impresionate despregue policial a pé de pista alarmados pola presenza dun perigoso comando itinerante da LNB no complexo deportivo de Llamorgal .


Toda a info da histórica xornada no web oficial de CNL nun torneo no que os locais de Espor[a] , non sen apuros, saíron vencedores e donde un dos seus palanadores e xa grandes estrelas do planeta liriu Iyán , proclamouse campión do explosivo Abiertu Barriñón posterior á espicha. Atención porque iste primeiro asalto de CNL foi retransmitido en tempo real dende a pista por facebook , cousa que en vindeiras xornadas seguirase producindo polo que dende a galiza ou calquera punto do mundo poderemos seguir a intensidade brutal dista competición irmán....

sexta-feira, julho 17, 2009

A LNB EN FEISBUC....FAI COMA AMSTRONG E SINTONIZA RADIO-VARAL NO TEU PINGANIÑO!!

´
Despois do planton dos ciclistas do Tour ante o apagón de pinganillos nunha etapa por mandato da organización , os esforzados da ruta encabezados polo sete veces gañador da rolda francesa Lance Amstrong e todo a súa equipa do Astaná van desobedecer as ordes dos organizadores e dos seus propios directores sintonizando os pinganillos única e exclusivamente con radio-varal para enteirarse de primeira man da explosiva inmersión da LNB en Facebook , o reponsábel das divisións O Varal Feisbuc e República billarda Feisbuc , Toño Randeeira apresenta en exclusiva mundial nun novo e escalofriante episodio de Radio-Varal gravado nunha terraza de verán cunha unidade móbil de Radio-Varal asediada polas olladas amiazantes dos turistas.

quinta-feira, julho 16, 2009

ARRINCA EN UVIEU A COMPETICIÓN REGULAR NO PLANETA ASTURIES!!


E coa forza dun xabarín ferido iste sábado en Uvieu arrinca a competición regular en Asturies , un feito histórico de dimensións estratosféricas que leva ó noso deporte a consolidarse de xeito brutal na fronte cantábrica chamando ás portas xa de nacións irmáns coma Euskal-Herria. A cita é iste sábado a paritres das 10 h no complexo deportivo de Llamorgal con recepción oficial ós machetadores e machetadoras das tres franquicias inscritas no Conceyu Nacional de Liriu , os Ovetenses de Espor[a] , os avilesinos de Quirinal Liriu-Espor e os aborixes das Barzanas Astur-Liriu. Haberá presenza LNB para festexar e apoiar por todo o alto ista histórico acontecemento xa que a fin de festa será unha espectacular espicha-isotónica para os desidratados participantes. Atención porque CNL quere facer un chamamento a tódolos machetadores para que aínda que non ten franquiciados acudan á desputa do torneo Aberto e puntuábel para o seu campionatu porque o gran reto dos irmáns de CNL ó igual ca nós na LNB é que de cada torneo celebrado saian xogadores infectados, vémonos en Llamorgal!!

quarta-feira, julho 15, 2009

O ALCALDE DE LUGO APOIA Ó BEISBOL E DISCRIMINA E ALDRAXA Á BILLARDA!!


É moi posíbel almorzaras ista mañá diante dista foto, e pode que tiveras que ser socorrido cuns golpes nas costas para que non te atragantaras co café de pota no que mollabas os moquelos de pan reseso cos que estabas pillando forzas para arrincar o día. O excelentísimo alcalde de Lugo move o cu para inaugurar as instalacións do espectacular campo de beisbol de Lugo no parque empresarial das Gándaras por mor dun suposto compromiso adquirido coa comunidade latino-americana luguesa , o estadio custou 354.000 euros , cousa que en ningún intre condearíamos se iste bateador antes tivera adquirido compromisos coa comunidade galega de Lugo , que si existe aínda que vostede o descoñeza, e construíra ou minimamente apoiara a práctica do deporte da billarda na cidade das murallas . A LNB ten claro que a única alinaza posíble na desputa do mítico Aberto Cidade de Lugo vai vir da man dos irmáns de Madia-Leva , isa reserva sioux que sistematicamente lle planta cara coma a LNB ás agresións coloniais na cidade... e ista señor Orozco, é unha , e moi grave ofensa a toda a comunidade galego-billardeira luguesa.

segunda-feira, julho 13, 2009

PRONÓSTICO RESERVADO: ABORIXES NA RESERVA RESISTINDO O TEMPORAL!!

Aínda treme a terra de Aranda de Duero despois de sentir o impacto dos Lirius dos Irmáns do Conceyu Nacional Asturiano que estiveron presentes e cunha actividade brutal no enconto internacional de xogos tradicionais que se desrolou ista pasada find , dende o seu bunquer en terras de Aranda disparan un explosivo crónico ó web de Espor[a] que se ampliará en breve pero que amosan a súa tremenda ledicia porque ise referente internacinal chamado Pierre Parlebas palpou e golpexou os lirius asturianos coas machorras. Carlos Suari apresentou a súa comunicación "EL XUEGU TRADICIONAL ASTURIANU NA E.S.O.: PRONÓSTICU RESERVÁU" ó tempo que foron voceiros no congreso da filosofía de ataque da LNB, unha fisofía que os irmáns de Conceyu exemplificarán iste sábado en Uvueu no primeiro Torneo do Campeonatu asturiano e ao que toda a tribu galega da LNB ten invitación cursada.

E atención porque con Conceyu caminando a toda máquina no contexto do ardente verán a LNB tamén colle carreiriña para afrontar o día 25 un feito de trancendencia histórica , pegade os ollos á pantalla e as orellas ós altofalantes porque ides ver e ouvir cousas que van rachar coas pupilar e os tímpanos dos invéciles e escuros...Atentos ás varadas!!

quinta-feira, julho 09, 2009

NON TE CORTES , ISTE VERÁN ATRÉVETE CO "BILLARDA - PRAIA" !!


Farto , farta de esconder o teu corpo e ter que soportar a toda isa rea de espantallos , que mentras estás na area eles desfrutan de xeito patético xogando ó futbol , volei , tenis ..... a LNB en plena temporada estival chama á acción directa para que sexa ista verán no que as billardas e paláns rachen o aparheid turistico e invadan as praias do país coa espectacularidade absolutada do Billarda-Praia , a expresion máxima do verán para rachar co colonialismo deportivo que sistematicamente se perpetúa en tódalas nosas praias do cantábrico e do atlántico piscina. Cando vaias á praia leva o material deportivo da LNB e deixa a túa situación no muro do Varal para poder botar unha carreira antes ou despois do baño contra un dos palanadores ou palanadoras que poidan estar ise día na mesma praia....non te cortes e practica Billarda-Praia!!



Se unha imaxe vale cá mil palabras , canto valerán o feixe de instantaneas da desputa e posterior celebración da victoria dos Culombios da Cunca Xíbara? , a gran competición por equipas can Conf. Sur antesala do que xa se prevé coma o explosivo Aberto do Fouciño de Ouro a celebrar no contexto do gran festival O Pino-Folk, ide preparando as pedras de afiar para agosto cortar o millo e as gorzas co fouciño dos Furabolos....

VARADO-RADAR [ seguimento ó grupos da República Billarda ]


Co xa clasico certame da canción do verán en galego apunto de pechar as portas para elexir campións dista edición ( que pode ser a deradeira) ista find pomos o Varado-Radar a funcionar para que escoitedes , b-v-otedes e bailedes ós dous grupos da República Billarda inmersos na edicion diste ano : os pimeiros en amosar a fuciño foron Labazada co temazo "un día puideches reinar" e pouco despois apareceu en escea unha espectacular zoca que escondía ó maravilloso proxecto chamado Fachenda Galega , Manolo Abuín vestido coa armadura e coa lanza dun quixote do século 21 que no canto dos muiños de vento arremete contra os iates do capitalismo salvaxe...

terça-feira, julho 07, 2009

O PERIGOSO EFECTO SRI-LANKO....NUN PAIS QUE PIDE BILLARDA A BERROS!!


Mentrás os flashes e cámaras de medio mundo se deixan conquistar pola casposidade das presentacións no céspede do Santiago Bernabeu , os nosos ollos xiran cara as auga que bañan a veciña Sri Lanka donde os seus pescadores facendo equilibrios sobre Varas lanzan as súas cañas na búsqueda de peixes, ó gual que os imáns de Conceyu que iste xoves marchan para Aranda de Duero ó encontro internacional de xogos tradicionais ate donde levarán o liriu e a filosofía de combate LNB coma punta de lanza das súas intervencións , e atención porque o efecto SriLanko está a tinxir completamente a nosa actitude para sembrar de Varas e Varadas terra , mar e ar polo que amiazanmos ó inimigo invisíbel con incluso ampliar Conferencias LNB para expandir o noso perigoso veleno en cada unha esporas do noso país que ferve por dentro e por fóra......pedindo billarda a berros!!

sexta-feira, julho 03, 2009

ORDES E SANTA COMBA EPICENTROS DO EXPLOSIVO VERÁN BILLARDEIRO NISTA FIND!!


Arrinca en Ordes Mar de Varados, a espectacular xeira de Abertinhos de verán no contexto dos mellores festivais do país. A partires das 17 h explosivo Aberto de Billarda na explanada ó carón do escenario. RevoltosaRock , bafles e billardas , o explosivo coctel que iste venres facerá tremer Ordes , forma parte do comando itinerante LNB que vai por en marcha ista arriscada acción billardeiro-festivaleira: 627.780891

Varado-Radar:
[ seguimento especial ós concertos do grupos da República Billarda ]



Labazada, a potente banda de rap-metal compostelá, actúa iste sábado 4 no pub O Foso de Santa Comba, a descarga comeza apartires das 24 h.

quarta-feira, julho 01, 2009

ISTE VENRES PILLA EN ORDES A PRIMEIRA OLA DO BRUTAL MAR DE VARADOS!! [pássa-o]

ATENCIÓN: Iste venres no RevoltosaRock de Ordes arrinca Mar de Varados, a espectacular xeira de Abertinhos de verán no contexto dos mellores festivais do país. Cun cartaz de luxo cos asturianos Dixebra como convidados internacionais nunha noite na que os nacionais Kastomä, Kebraos , Electroxeno , Dj Xosé García e o Colectivo Bouramáis porán ó público bravo nun festival que arrincará a iso das 17 h co explosivo Abertinho de Billarda na explanada ó carón do escenario. Non agardes máis e se iste venres vas ir ó RevoltosaRock inscríbete xa e forma parte do comando itinerante LNB que vai por en marcha ista arriscada acción billardeiro-festivaleira: 627.780891 .

RevoltosaRock: Billarda , sons e loita , e atención porque non só imos surfear no mar de Varados xa que tentaremos que iste verán as billarda rachen tamén os raios do sol e invadan as praias do país , e ó mesmo tempo que nos untamos de pingo anti-solar faremos un seguimento especial ós concertos do grupos da República Billarda escenarios nos que soarán os seus exclusivos temas adicados á imparábel revolución billardeira, para que non perdas nen unha das nosas danzas de guerra!!