O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 27, 2009

BILLARDA , PATRIA E LOITA >> O GRANDE CHIMPO DA LNB NO DÍA DA PATRIA!!


[foto-varal]
Fai agora 40 anos que supostamente o ser humán pisou a lúa e o retrouso que quedeou no subconsciente foi , un pequeno paso para o home pero un inmenso chimpo para a humanidade. Iste sábado día da patria unha outra expedición foi posíbel xa que un comando da LNB mutados en cosmonautas billardeiros irrumpiron coa forza dun desbocado boi da chega nas celebracións do día da patria.

Un pequeno paso para o palanador pero un inmenso chimpo para a revolución que confirma con iste acto de valentía suprema a súa firme aposta pola visibilidade total da LNB coma movimento deportivo e social-indixenista que implica , vincula e vehicúla unha espectacular forza centrífuga como se demostrou no multitudinario aberto posterior ó xantar de Causa Galiza.


Como anunciaramos o campo base da LNB instalouse na Praza da Galiza xunto cos compañeiros de CEIVAR , unha máis que agradable compaña para amosar ás dúas grandes manifestacións con saída ás 12 e 13 h. que moitos compañeiros están a sufrir nas cadeas físicas e imaxinarias polos xeitos diferentes de pensar e de practicar un deporte.


Con espazo prudencial para evitar as suspicacias xerradas antes da marcha os enfaixados da LNB decidiron unirse á manifa de Causa Galiza donde recibiron numerorísimas mostras de apoio dos integrantes da mesma , a resaltar a implicación da xente de Xil que abríu a posibilidade a unha equipa estábel no concello de Meaño e a implicación sonora de Antón dos ultracans para rachar co mutismo das súa cancións cun tema cantando para apoiar a revolición billardeira.


Remate da marcha no toural coa incorporación ó enfaixamento do seleccionador Alemá , Aitor Rivas que dasafiando o jet lag quixo por coma sempre o seu alento e forza de impulso ó servizo da revolución billardeira que bule tamén por terras teutonas xa que un dos seus pupilos que se enfrontou a Galiza estaba no serán esixindo revancha á selección galega.

Ademais a LNB afianzou os seus contactos internacionais camiño de Belvís cun representante do Sinn Fein Irlandés que amosou o seu total interese por establecer vasos comunicantes entre ambas organizacións sociais.


ABERTO DO DÍA DA PATRIA!!

E coma non podía ser doutro xeito , a iso das 17 h as billardas comezaron a bruar no campo de terra do parque de belvís, unha multitude de palanadoras e palanadoras querían leña e queríana xa, polo que non había máis a que agardar,. Medio cento de participantes arrincaron as series clarificatoria diste Aberto Internacionalista no qeu a presenza de palanadores teutóns confirma a boa saude do noso deporte en centro europa reforzado segundo puidemos saber polo representante da LNB en Euskal-Herria ,Mouriño, que nos contou durante o abertinho que Paulo palanador burelés que mora en Berlín xa ten unha auténtica tribo internacional formado por palanadores turcos e koreanos desexando enfrontarse á selección galega.



Como quedou claro nista acción do día da Patria todo se andará máis despois de ver o espectacular polo de atracción que supón saber que as billardas están polo ar xa que Toño e Iván dos Furabolos desafiando festas patronais acudiron sen dubidalo á chamada da xungla xunto co seu compañeiro Xosé Antón que se quedeou incluso sen postre no xantar da carballeira para poder chegar á desputa diste espectacular aberto que acolleu tamén a presenza doutro referente da LNB como é Toño Randeeira.



Representación de tódalas conferencias na pista de terra de Belvís e movementos de cara a fichaxes para a vindeira tempada , A treu da Coruña movía fichas e tenta incorporar palanadores para ista vez si loitar firmemento por un título , e EkipA SafaRi do NorLeste tamén traballou e asinou os servizos do Mindoniense Paulo que se vai reincorporar á competición do Norleste e atención porque nista conferencia Borxa , o palanador Lugués adiantou unha nova que de confirmase pode ser a bomba, Madia-Leva está a tentar facerse equipa estabel na competición con epicentro na mariña Luguesa.



Moitos movimentos e abaneos na pista que conduciron a Toño dos Furabolos e a Santi da Asembla Aberta a unha final a unha única carreira que rematou en empate e que o palanador do Sur pisando a pista sen zapatos , unicamente en calcetíns , foi quen de facerse co disco Vozes Novas dodado polo Novas da Galiza que o acredita coma campión diste histórico aberto do día da patria.

Atención porque xa temos lema para a faixa do ano que ven , noraboa a Santi e a tod@s os paticipantes nista histórica acción porque demostramos unha vez máis que a victoria é nosa , nen un paso atrás nen para coller impulso!!