
O Varal farto xa de tanta hipocresía destapa unha espectacular exclusiva censurada no seu día a súa publicación nun xornal mensual e que agora ve a luz para que Pálacido Perdiz , membro fundador da Asociación cultural Fontefía , nos ilumine a todos os privilexados amigos do Varal nista maldita historia de negras sombras.
- ola Plácido e benvido ó Varal ,como xurdíu a idea de organizar as chega de bois en Muiños?
-
A asociación foi fundada nos primeiros anos oitenta tendo como un dos principios básicos a defensa do noso patrimonio cultural , a chega enmárcase como un acto mais da festa das Sopas do Burro Cansado que arganizamos en colaboración co concello de Muiños.- Anos anteriores xa viñasdes contando coas chegas de bois como un atractivo máis destas festas , como se chega a ista ilegalización actual?
-
A Xunta concedía á organización un permiso especial para iste tipo de actos.
Apartires da denuncia parece que non foi así , sorpréndenos tamén que sexa unha asociación que se di ecoloxista a que condee iste tipo de actos e que nos denuncie ante a consellería de medioambiente, os bois en ningún intre saen mancados ou sufren malos tratos, simplemente é unha proba de forza entre os dous animais.- A colombofia é o deporte de criar a adestrar pombas para que volten ó niño dende longas distancias, nas soltas oceánicas moitas perecen afogadas no mar, nadie condea iso non?
-
É un exemplo , pero hai moitos máis.- Ista denuncia fixo que as chegas saíran na t.v, ves un posible efecto bumerang?
-
A verdade é que resulta curioso pero é así, de tódolos xeitos nos desexaríamos que nada disto tivera acontecido.- Como ves o futuro das chegas na Galiza?
-
Pois moi complicado, isto seguramente sentará precedente e todos os afeccionados sairemos perxudicados.- Moitas grazas Plácido por achegarnos a todos os amigos do Varal ó apaixoante mundo das chegas e confiamos en que o cordura se imponía en todo isto.
Dende o Varal seguiremos apoiando calquera iniciativa que aporte solucións para sacar da ilegalide ista práctica tradicional , sabemos tamén que a LNB está a estudar posibles accións para introducir ista disciplina deportiva detro do seu circuito e como acontece a día de hoxe cos deportes da chave e dos bolos achegar ás chegas en réxime de exhibición ás pistas donde de desputa a SUPERLIGA de billarda-LNB , se tedes bois ou estades sinteresados no tema non dubidedes en abrir a porta da corte do Boi do Varal [ ovaral@hotmail.com ]