sexta-feira, agosto 31, 2007
ISTE 23 DE SETEMBRO A PRIMEIRA BILLARDA DA TEMPADA 2007-08 VAI RACHAR O AR NA PISTA DA ANGUIEIRA DE BARREIROS , COMEZA POIS A CONTA ATRÁS NA QUE PODE SER UNHA TEMPADA HISTÓRICA NA QUE DÚAS CONFERENCIAS BOTEN A ANDAR PARA DESEMBOCAR NUNS ATE O DE AGORA INÉDITOS PLAYOFFS. A CONFERENCIA NOROESTE CON EPICENTRO NA CORUÑA ESTÁ A PIQUES DE ENTRAR EN COMBATE , SE ESTÁS NA SÚA ÁREA DE INFLUENCIA PONTE EN CONTACTO PARA ENTRAR EN XOGO NISTA COMPETICIÓN QUE INVADE AS LEIRAS DO PAÍS ENTEIRO.
quarta-feira, agosto 29, 2007
AS CHEGAS DE BOIS AS GRANDES MARXINADAS E DESPRAZADAS EN SANTALLA!!
Como era de agardar os bois e a LNB foron os grandes ausentes de Santalla, pese a que o Varal enviou unha delegación foi máis que evidente o descoñecemento dos organizadores diste evento de cales son os fundamentos dista nosa disciplina deportiva polo que se tivo que acabar relizando a demostración billardeira nun camiño fóra do recinto , metáfora perfecta de cal é a situación absolutamente marxinal da nosa práctica deportiva en comparanza co resto das disciplinas alí expostas , caso da chave por exemplo donde o vicepresidente da federación galega expresou o seu gran agradecemento á Xunta por tentar armar unha competición de ámbito galego . As limusinas que aparquen para o ano en terras da Pontenova para visitar e alimentar o gran mausoleo deportivo criado pola xunta e polos seus socios deverán ter coidado coas embestidas dos bois da chega , consideradas coma deporte pola LNB e por xornalistas da Galega, como se mostra niste video. CHEGAS SI MAUSOLEOS NON!!
quinta-feira, agosto 23, 2007

Tunik ven de fotografar unha morea de xente espida no ártico como xeito de protesta ante o cámbio climático, fai uns meses realizou ista foto en Donosti que a prensa mundial titulou como Pelota Basca, ista fin de semana un grupo de élite en coiros estuda plantarse na Pontenova totalmente espidos fronte á multitude de autoridades que van estar alí capitaneadas por Marta Souto para reivindicar menos lerias e máis apoio real ós deportistas galeg@s de seu. íspete coa LNB e loita!!
segunda-feira, agosto 20, 2007
O VARAL XA TEN PREPARADO O GRAN ADIVAL DA SUPERLIGA DE BILLARDA 2007-08!!
Transcendental intre na decisión do xurado da tortilla, Pili de Barcelona e María de Avilés utlizan o euskera como idioma de encontro para decidir cal das tortillas se fará co título, Richi e Villa falan entre eles o galego-kosobar para decidirse por un campión mentras Javier, o presi do xuri prepara o tenedor para analizar os sempre perigosos dictados do paladar.
TELE-VARAL estivo a celebrar canda o pobo do califato de Mariñaos a gran victoria do retorno da festa da Tortilla, ise video-repichoca que amosamos niste especial ten unha moi curiosa intrahistoria, Atención á cara de noxo do Zidane da billarda ante a proba da tortilla de caracois e a tención ó can que aparece por detrás que acode a comer o pedazo de tortilla caída ó chan, fóra de cámara o dono con grandes berros impídelle ó animal comer ise pedazo de tortilla de coscos ante o temor que lle faiga mal. TELE-VARAL pola desovediencia animal!!
A tortilla de estrugas feita por Asunción, palanadora das Fanecas Bravas foi a campiona absoluta dunha intensa competición na que outros palanadores enfrontáronse ás ortigas apresentando tortilla de polbo caso de Ginés dos Cornería-Team ou coscos bravos tamén coñecidos coma caracois no caso do EkipA Viluba. Felicidades Asunción!!
Histórica reunión na Cantina do consello de redacción do Fanzine A FOLHA , mítica publicaçom feita nun zulo mindoniense que editou o primeiro regulamento da LNB , a cagunha do que hoxe é isa grande árbore de grandes pólas e profundas raices. Pon burka , entra na LNB!!
sexta-feira, agosto 17, 2007
quinta-feira, agosto 16, 2007
O CHE GUEVARA DE MARIÑAOS DIRÍXESE Á NACIÓN DENDE AS QUIMBAMBAS!! [preme]
terça-feira, agosto 14, 2007
O LIDER DA REVOLTA DE SAN CAETANO NAS QUIMBAMBAS DA RG, IMPERDÍBEL!!
Non vai ser a primeira vez nen a última que Xabier , o Che Guevara de Mariñaos comparta emocións coa LNB , el vestíu a primeira camisola da selección parroquial de Celeiro e cociñou varias vexes para os palanadores e palanadoras os seus famosos txitxarros, iste auténtico militante da ilusión xunto cos seus veciños deron a volta a tortela xudicial para que os ovos e as patacas voltan a ferver na histótica festa do San Caetano donde a LNB vai apresentar a primeira pedra do gran muro que vai ser a SUPERLIGA 2007-08. Iste mércores a partires das 7 sintoniza coas QUIMBAMBAS da RG porque iste grande lider situado nun andamio calquera do cinturón vermello da mariña luguesa vai falar á nación para apresentar de xeito mundial o programa e actividades que se van a realizar nista nova etapa do San Caetano. SINTONIZA COA REVOLUCIÓN!!
segunda-feira, agosto 13, 2007
A SUPERLIGA 2007-08 VAI SER APRESENTADA NO HISTÓRICO RETORNO DA FESTA DA TORTELA DO SAN CAETANO!!
Mercores 15 a partires das 21 h. proxección de imaxes da histórica romaría durante o século XX, o venres comeza o gran estalo cos gaiteiros da Pena do Golpe, despois Festicultores co seu chimpín invadirán o campo da festa e por último verbea co Trío Sesión. O sábado a tortela será a gran protagonista no mediodía co gran concurso diste prato que irá dende o premio á mais grande , a máis saborosa e a mellor presentada. Spaguetti Títeres amenizarán a tarde xunto cos gaiteiros de Tumba e Dalle para pola noite no gran caseto-palloza da LNB vivir a loucura da presentación oficial da SUPERLIGA-2007-08 para rematar arrolados fronte ó palco donde actuaran Pentagrama e Flamingo , a organización planea rematar a festa cunha gran chocolatada cos que aínda manteñan o equilibrio e revolban a lingua. Se estades fartos das festas convencionais e tendes patacas e ovos suficientes achégadovos ó San Caetano para compartir coa LNB e os veciños de Celeiro de Mariñaos da grande tortela da victoria.









