O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 29, 2007

AS CHEGAS DE BOIS AS GRANDES MARXINADAS E DESPRAZADAS EN SANTALLA!!

Como era de agardar os bois e a LNB foron os grandes ausentes de Santalla, pese a que o Varal enviou unha delegación foi máis que evidente o descoñecemento dos organizadores diste evento de cales son os fundamentos dista nosa disciplina deportiva polo que se tivo que acabar relizando a demostración billardeira nun camiño fóra do recinto , metáfora perfecta de cal é a situación absolutamente marxinal da nosa práctica deportiva en comparanza co resto das disciplinas alí expostas , caso da chave por exemplo donde o vicepresidente da federación galega expresou o seu gran agradecemento á Xunta por tentar armar unha competición de ámbito galego . As limusinas que aparquen para o ano en terras da Pontenova para visitar e alimentar o gran mausoleo deportivo criado pola xunta e polos seus socios deverán ter coidado coas embestidas dos bois da chega , consideradas coma deporte pola LNB e por xornalistas da Galega, como se mostra niste video. CHEGAS SI MAUSOLEOS NON!!

1 Comments:

  • At 8:47 AM, Blogger Toño Randeeira said…

    Si as chegas de bois son un problema para certa xente, por que non se trocan estes mamíferos por altos cargos bípedes (e algún tamén mamífero) da Xunta, ex alcaldes, ex deputados, etc. beneficiarios todos do plus dos 15.000 euros ... porque iso xa da motivos para turrar... para os gañadores o plus e para os perdedores que se embarquen nos buques con bandeira de conveniencia e axudas da Xunta onde o mariñeiro cobra 200 euros por marea.

     

Postar um comentário

<< Home