O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 30, 2005

A SUPERTABOA-TOTAL

O VARAL AMOSA A TABOA COMPLETA DA CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL NA *SUPERLIGA*-LNB , SE TI QUERES FORMAR PARTE DISTA SENSACIONAL NÓMINA DE PALANADORES E PALANADORAS NON AGARDES MÁIS E PONTE EN CONTACTO COA LNB PARA ENTRAR EN XOGO ,TANTO TI COMO A TÚA FRANQUICIA TEÑEN SITIO NISTA COMPETICIÓN QUE ROMPE MOLDES. [ovaral@hotmail.com]

David (Petapouco).............39 puntos
Xermán (E. SaFaRi) ..........30 puntos
Servando (Petapouco)........27 puntos
Toño (E.SaFaRi).................25 puntos
Ginés (Varal-Media)..........25 puntos
Fram (Petapouco) ..............21 puntos
Juán ( Varal-Media)........... 21 puntos
Ismael (Petapouco).............21 puntos
Ana (Petapouco)................ 21 puntos
J.Manuel (Petapouco).........18 puntos
Vicente (E.SaFaRi).............17 puntos
Ana (E.SaFaRi)...................14 puntos
Lidia ( Varal-Media) ..........12 puntos
Carmiña ( Varal-Media)......9 puntos
Calvete (Petepouco)............9 puntos
Teresa (Petapouco).............9 puntos
Cristian ( Varal-Media) ......6 puntos
Ivan ( E.SaFaRi) .................6 puntos
Marta ( E.SaFari) .................6 puntos
Urbano (E.SaFaRi)..............6 puntos
Fran ( Varal-Media).............6 puntos
Antón ( E.SaFaRi)................3 puntos
Diego ( E.SaFaRi)................3 puntos
Fran (E.SaFaRi)...................3 puntos

SUPERTABOA-FEMININA

Ana (Petapouco).................21 puntos
Ana (E.SaFaRi)...................14 puntos
Lidia (Varal-Media)............12 puntos
Teresa(Petapouco)..............9 puntos
Carmiña (Varal-Media) ......9 puntos
Marta (E.SaFaRi) ................6 puntos

SUPERTABOA DAS FRANQUICIAS

PETAPOUCO.................... 126 puntos
EkipA SaFaRi..................... 92 puntos
VARAL-MEDIA................70 puntos

SUPERTABOA DOS VARADOS [tantos directos]

Servando (Petapouco)............1 varado
Ismael (Petapouco) .............1 varado
David (Petapouco) ..............1 varado

terça-feira, novembro 29, 2005

CRÓNICO

"I TORNEO DO CIMÓN"
SAN XUSTO (BARREIROS) / 27-11-05

Tanto o frío como a intensidade típica dista impresionante competición acompañaron a un numerouso e cada vez maior número de afeccionados e palanadores e palanadoras que se achegan as pistas da LNB para animar xogar ou para cubrir a espectacular quiniela da LNB que fixo que os siadeiros de San Xusto berrasen e apoiasen coma nunca ós seus xogadores elexidos. A ausencia no torneo de San Xusto do ate o de entón lider da competición Xermán Viluba fixo que moitos pensaran que ise era o momento axeitado para realizar un golpe de efecto na *SUPERLIGA* , e así foi!!

O arco da vella acudiu puntual tamén á cita coa *SUPERLIGA*- LNB!! Posted by Picasa
Nos catro grupos nos que se dividía a competición saltaban charamenas e xogábase ó límite para tratar de superar as previas, Ismael "O zidane da billarda" esforzábase ó máximo e caía ó chan en varias ocasións tentando gañar centrímetros decisivos e pondo incluso a seu físico en perigo xa que case se produz unha forte lesión de pescozo, pero non era o único, Calvete xogaba ó límite do regulamento e tentada agateñar postos para entrar nas decisivas semifinais, pero só son uns poucos os elexidos , Toño o gran palanador da EkipA SaFaRi patinou no seu xogo e caeu de xeito sorpresivo nas quendas iniciais mentras que David o palanador de San Xusto pasou eliminado a un moi inspirado Urbano na decisiva billarda máis longaLidia, a xoven xogadora de San Cosme acadaba por primeira vez os cuartos de final pero caía contra un ascendente Ginés dos Varal-Media que vai dar moito que falar de seguro no universo LNB, Vicente , o sensacional palanador da EkipA SaFaRi de Lourenzá , reencontrábase definitivamente co seu xogo e eliminaba a Ana dos Petapouco , xunto con Ana da EkipA SaFaRi e David que elimaron a José Manuel e a Zidane respectivamente eran os elexidos para loitar pola gloria niste torneo de San Xusto.

Gran espectación no coliseum de San Xusto para seguir as evolucións da *SUPERLIGA*-LNB , unha competición que rompe moldes!! Posted by Picasa
Pero San Xusto non se aliou coa parella de xogadores da Ekipa SaFaRi e fixo que Ginés dos Varal-Media se batira con David dos Petapouco polo valioso ramo de cimóns co que se premiaba ó gañador. Cunha arrepiante saída na que ningún dos finalistas atinaba a golpexar a billarda no ar David impuso a súa maior vetenaría na alta competición e ademáis de levar o brazado de cimos para a súa casa colocouse coma lider dista espectacular competición que racha moldes. Poderá David soportar toda ista presión ,a resposta moi pronto na pista de Vilaronte , parroquia de Foz. Outro deporte é posible!!

Ginés dos Varal-Media desputou por primeira vez unha final LNB!! Posted by Picasa

segunda-feira, novembro 28, 2005

NOVO LIDER NA *SUPERLIGA*

Unha final inédita na LNB marcou un troco no trepidante rumbo dista *SUPERLIGA* -LNB competición comandada ate o de agora polo palanador da EkipA SaFaRi Xermán Viluba que deixa o liderato e carga con toda a presión a partir de agora a David, o fero palanador dos Petapouco de Barreiros que venceu na final nun abarrotado coliseum de San Xusto a un impresionate Gines da franquicia dos Varal-Media , iste palanador de Celeiro de Mariñaos ven amosando unha gran progresión e posiblemente o vexamos no máis alto do podium moi axina rompendo así coa hexemonía das dúas grandes potencias ate o de agora no universo da billarda-LNB , atentos á pantalla porque aínda que TELE-VARAL non puido estar alí a emoción e o análise dista trepidante xornada vai estar presente nos regos escritos. Entra no universo LNB!!

David, o palanador dos Petapouco de Barreiros despois da súa victoria en San Xusto convértese no novo lider dista emocionantísisma *SUPERLIGA*-LNB. Posted by Picasa

sexta-feira, novembro 25, 2005

O FURACÁN *SUPERLIGA*

San Xusto , parroquia do concello lugués de Barreiros vai ser azoutada iste domingo 27 a partir das 16h por un furacán de emoción e intensidade que ten o nome de *SUPERLIGA* -LNB, todos os palanadores e palanadoras do mundo están avisados para evacuar as súas casas e achegarse ó epicentro dista impresionate tormenta de xogo que estará situada na pista dos veciños dista parroquia do norte lugués. Aínda estás a tempo, xúnguete ós ventos salvaxes da LNB!!

O furacán LNB azouta San Xusto iste domingo 27 a patir das 16h., imperdíbel!! Posted by Picasa

sexta-feira, novembro 18, 2005

3º ASALTO DA *SUPERLIGA*

O COLISEUM DE SAN XUSTO , PARROQUIA DO CONCELLO DE BARREIROS, VAI SER A SEDE DUN NOVO E ESPECTACULAR EMBITE DA *SUPERLIGA* - LNB, O DOMINGO 27 DE NOVEMBRO A PARTIRES DAS 16 H. TES UNHA CITA INEXCUSABLE COA AUTÉNTICA LIGA DAS ESTRELAS. ATRÉVETE A SUBIR Ó RING DA LNB!!

O ring da LNB vai situarse no coliseum de San Xusto, admítense apostas!!
 Posted by Picasa

quinta-feira, novembro 17, 2005

THE CALYPSO REVOLUTION

Arden as rúas do Caribe e arde a redacción do Varal , por primeira vez na história a selección de Trinidade e Tobago clasifícase para desputar un mundial de futbol. Con pouco máis dun millóns de habitantes ista selección convértese no país con menos poboación de todos os que acuden á cita mundialista en Alemania, polo que a filosofía de paises pequenos grandes coraxes fíxose realidade na selección caribeña adestrada por Beenhaker, nen sequera o inferno de Manama foi quen de frear a istes xenios afro-trinitenses que a ritmo de calipso souberon doblegar por un axustado 0-1 á selección de Bahrein. A interparroquial de Billarda-LNB é o equivalente ó mundial de futbol, polo que aínda estás a tempo de clasificar anotando para a competición da primaveira á túa parroquia niste mundial LNB, polo momento vai afiando as billardas porque o domingo 27 de novembro todos os palanadores e palanadoras do mundo temos nunha nova cita inexcusábel na terceira xornada da *SUPERLIGA* , San Xusto no concello de Barreiros agarda xa polo gran espectáculo da LNB, vas ser quen de faltar? Colle sitio xa marcando o 982.124.082 ou enviando a inscripción polo pichón da LNB: ovaral@hotmail.com.

Paises pequenos grandes coraxes!! Posted by Picasa

terça-feira, novembro 15, 2005

GOLPEXOS DE ARTE

A LNB non soio está composta por excelentes palanadores e palanadoras senón que nas súas ringleiras atópanse artistas e creadores de todo tipo. Durante o torneo da *SUPERLIGA *celebrado no peirao Ribadense , O Varal estreou un impresionante logotipo situado a pé de pista, Pablo , o graffiteiro de Ribadeo abandoou por uns intantes as rúas ardentes da vila fronteiriza e disparou o seu spray contra o tablón de aglomerado para dar forma e cor a unha impresionate obra de deseño contemporáneo. Ademáis diste impresinante cadro , os asistentes ó último torneo da *SUPERLIGA* pudieron saborar o único sabor das castañas de parede e acompañalas cun vaso de viño das adegas O Varal. Sigue os movementos da LNB..... a auténtica liga dos artistas!!

O Varal, sempre por diante!! Posted by Picasa

quarta-feira, novembro 09, 2005

CRÓNICO: "III TORNEO DO MAGOSTO"

PEIRAO DE RIBADEO / 6 –11-05

Coas lagañas aínda nos ollos unha delegación da LNB iniciou a primeira hora da mañá do domindo 6 de novembro os preparativos no peirao Ribadense para acoller o gran acontecemento que tivo á vila fronteiriza en vilo ate ben pasado o lusco e fusco. Coma se dunha pista de hockei se tratara os palanadores e palanadoras da *SUPERLIGA * LNB desfrutaron dunha perfecta delimitación do campo de xogo por medio dunhos chantos metálicos que delimitaban os límites da area de xogo.
A hora de inicio do gran Torneo estaba posta para as 16 h. pero unha hora antes xa se vían desfilar os coches dos palanadores e palanadoras que desesaxan un primeiro contacto coa pista na que ían tentar desenrolar o seu xogo, a incógnita era saber como ía ser o tránsito dende a terra batida de Santo Adrao ate o asfalto de Ribadeo, habería algún palanador ou palanadora que non se dera adaptado a ista nova superficie nunca antes utilizada en campionatos LNB?. En declaración exclusivas para TELE-VARAL, Carmiña, a palanadora dos Varal –Média afirmaba sentirse máis cómoda nista superficie máis rápida e técnica que a terra batida pero por desgracia para ela e para a súa franquicia , ó igual que pasou en Santo Adrao non puido pasar as previas para a desputa título do “III Torneo do Magosto”. Coa entrada en escena de Venacio, ise maxistral recoleitor e asador de castañas que na súa intervención na superproducción de TELE-VARAL “o grilo en ruta” declarou que a materia que ía cocinar en ribadeo ía ser de primeira, castañas de parede , a pata moura no eido da castaña estaba asándose no tambor da lavadora mentras o lume medraba na pista de xogo.

A LNB tomou por completo a vila de Ribadeo!! Posted by Picasa
Catro grupos nos que destacou por encima a palanadora dos Petapouco Teresa que semella atopar o seu xogo nista *SUPERLIGA * chea de emocións e de incertidumes, pero na EkipA SaFARi outra estrela de puntas afiadas tamén ensinou os dentes, Diego, cun inicio irregular quizais nervioso demáis polo seu debut entre a élite absoluta da LNB foi medrando a cada carreira e quedou moi preto de entrar xunto cos seus dous compañeiros da EkipA , Toño e Xerman para a desputa do título final. Igual número de elementos meteu a franquicia dos Varal-Media que cun Gines en racha , podedes ver a súa entrevista en TELE-VARAL, e con Juan desexoso de entrar na final afrontaban con decisión iste último treito da competición.

*SUPERLIGA* - LNB , a auténtica liga das estrelas!! Posted by Picasa
Pero os Petapouco demostraron unha vez máis ser a franquicia máis sólida introducindo catro dos seus palanadores nista recta final e puntuando así moi alto na taboa de franquicias na que seguen marcando distancias. Semifinal vermella con David e Servando loitando por unha praza na final e na outra carreira enfrontamento azul cun Toño e Xermán que voltaban verse as caras no mesmo sitio que en Santo Adrao.
Coa noite botándose encima dos palanadores e as castañas estalando no lume deu comezo a finalísima de Ribadeo, os siadeiros barraban e animaban ós palanadores que despois de pasaren tantas roldas tiñan a tensión a flor de pel, cada erro págase caro e iso foi o que lle aconteceu a David, nise toque fronte ó varal que podedes vivilo en toda a súa plenitude no estalo nº4 de TELE-VARAL, apupado polos berros dos afeccionados da EkipA SaFaRi , xermán , o palanador do Castro tensou os músculos e foi quen de introducir cun transcendental golpexo a billarda entre os dous paus do Varal. Viño e castañas de parede puxeron o punto e seguido a unha competición que moi axina vai transladar toda a súa infraestructura e emoción ás maravillosas terras de Vilamartin –Pequeno donde se vai celebrar o xa mítico Torneo do Galo....... imperdible!!!!

A loita dos finalistas contra a escuridade Ribadense!! Posted by Picasa

terça-feira, novembro 08, 2005

CONTRA-PROGRACIÓN

O desafío mediático proposto por TELE-VARAL fixo que saltaran todas as alarmas nas cadeas da competencia e que incluso se tentara aniquilar o sinal da nosa emisión. Con TELE-VARAL emitindo a todo meter amosámosvos as taboas de cómo quedaron as diferentes clasificacións da *SUPERLIGA* despois diste segundo envite celebrado á beira do mar cantábrico

A *SUPERLIGA* tomou o peirao de Ribadeo!! Posted by Picasa

AS TÁBOAS DA *SUPERLIGA*

A SUPERTABOA-TOTAL

Xermán (E. SaFaRi) ..........30 puntos
Servando (Petapouco)........24 puntos
David (Petapouco).............24 puntos
Toño (E.SaFaRi).................22 puntos
Fram (Petapouco) ..............18 puntos
Juán ( Varal-Media)........... 18 puntos
Ismael (Petapouco).............12 puntos
Ana (Petapouco)................ 12 puntos

A SUPERTABOA-FEMININA

Ana (Petapouco).................12 puntos
Teresa (Petapouco).............6 puntos
Carmiña (Varal-Media).......6 puntos
Marta (E.SaFaRi).................3 puntos
Lidia ( Varal-Media)............3 puntos

A SUPERTABOA DAS FRANQUICIAS

PETAPOUCO.................... 84 puntos
EkipA SaFaRi..................... 64 puntos
VARAL-MEDIA................42 puntos


A SUPERTABOA DOS VARADOS [tantos directos]

Servando (Petapouco)............1 varado
Ismael (Petapouco) ................1 varado

segunda-feira, novembro 07, 2005

TELE -VARAL : 4 + 1

UNHA NOVA CANLE DE T.V EN ABERTO INICIA A SÚA EMISIÓN ISTE LUNS, TELE-VARAL ENTRA DE CHEO NA GUERRA DAS AUDIENCIAS POLO QUE XERMÁN E XOÁN OS DOUS FRONT-MEN DA NOSA CANLE DIXITAL DESAFÍAN A GABILONGO A VER QUEN ENGANCHA MÁIS ALMAS DIANTE DA PANTALLA, PARA ELO TELE-VARAL OFRECE UNHA GRELLA DE LUXO, 5 REPORTAXES EXCLUSIVAS DO ACONTECIDO NO SEGUNDO TORNEO DA *SUPERLIGA* LNB CELEBRADO NO PEIRAO DE RIBADEO. COLLE O MANDO E ENTRA EN TELE-VARAL , A TÚA EMISIÓN DIXITAL!!


Ribadeo-1: entrevista a Carmiña palanadora dos Varal-Media

Ribadeo-2: Pablo, deseñador de graffitis, fala en exclusiva para os micros de TELE-VARAL sobre a súa colaboración co Varal.

Ribadeo-3: Ginés, o palanador de Celeiro de Mariñaos dos Varal-Media fala entre o fogo cruzado das billardas polo ar sobre as súas posibilidades e as da súa franquicia.

Ribadeo-4: imaxes exclusivas da final do II Torneo da *SUPERLIGA*

Ribadeo-5: Xoan , o reporteiro estrela de TELE-VARAL , entrevista ó emocionado vencedor do "III Torneo do Magosto".

 Posted by Picasa

RACHANDO AS OLAS!!

O cantábrico piscina foi o fondo dunha magnífica posta en escena na que a *SUPERLIGA* LNB presentou o seu segundo asalto tomando o peirao de vila fronteiriza de Ribadeo. Nen a escuridade ameazante foi quen de deslucir unha histórica xornada na que ademais de reunir os mellores palanadores e palanadoras da competición foi quen de convocar a un vento mareiro que non quería , ó igual cos numerosos afeccionados ribadenses , perderse por nada o gran espectáculo da Billarda-LNB. Cun xogo sempre na folla da navalla , o lider da competición, Xermán Viluba foi colándose nas roldas ate chegar ó cara ou cruz da finalísima diste "III Torneo do Magosto" donde se toparía cun David dos Petapouco de Barreiros , que desenrolando un moi bo xogo quería por a guinda acadando o triunfo final. A sorte ó final foi para o palanador da EkipA SaFaRi, Viluba, de novo utilizando a estratexa do grilo foi mimando pouco a pouco nunha carreira que iniciou mal , David sabe que nos ultimos metros fronte ó varal a billarda pesa toneladas por mor da tensión acumulada e foi nise crítico instante cando o palanador dos petapouco fraqueou, situado a uns pasos máis atrás Xermán golpexou con decisión e decantou ó seu favor unha final que o mantén na cabeza dista electrizante competición da *SUPERLIGA *. Sintoniza coa LNB , sintoniza TELE-VARAL!!

Xermán Viluba, palanador da Ekipa SaFaRi recolle das mans do técnico de cultura de Ribadeo Xavier Campos o trofeo de campión do "III Torneo do Magosto" que o mantén no cumio da Taboa -Total da *SUPERLIGA* LNB.
 Posted by Picasa

sexta-feira, novembro 04, 2005

ATERRAXE NA *SUPERLIGA*

Cada dúas horas tes un bus que sae hacia Ribadeo dende Oviedo , Xixón , Avilés ,Lugo e A Coruña, pero se decides deixar de lado a estrada e chegar polo ar ate o peirao dista vila fronteiriza recorda que tes unha pista de aterraxe para pequenos aeroplanos en Vilaframil, a tres quilómetros escasos do centro urban ribadense. Iste domingo 6 de novembro a partir das 16 h. tes unha cita coa *SUPERLIGA * de Billarda-LNB!!

A *SUPERLIGA* ten a pista de 900 metros do aeroporto de Vilaframil despexada para recibir os voos charter repletos de palanadores e afeccionados á billarda-LNB!! Posted by Picasa

quinta-feira, novembro 03, 2005

PREVIOS DA *SUPERLIGA*

Despois da intensa entrevista con Pichi Varela na Radio Galega que fixo que se lle atragantaran as costilletas a máis de un , a LNB estrea un novo espacio audiovisual, tele-varal tórnase nómada para poder amosar completas as dúas entrevistas pertencentes ós previos do torneo de Ribadeo. Situados na parroquia de Cospeito na Fonsagrada tele-varal entrevista no primeiro previo a Venacio que amosa en exclusiva as castañas que vai utilizar no Torneo do Magosto diste domindo apartires da 16h. e no segundo previo tele-varal descobre o can-bailador que da man do xove palanador Adrián da EkipA SaFaRi gasta pista baixo o tarareo imposible do presentador do programa “O grilo en ruta”. Imaxinades un mundo sen tele-varal?

Adrián e Venancio son os primeiros convidados da super-producción de tele-varal "O GRILO EN RUTA" Posted by Picasa

quarta-feira, novembro 02, 2005

A *SUPERLIGA* NO TEU DIAL

O xoves día 3 de novembro apatires da 13 h. deixa todo o que estañas facendo e pega a orella ó aparato de radio que teñas máis preto, move a rodiña e sintoniza coa Radio Galega, poderás coñecer a última hora do que se está cocendo en Ribadeo para a celebración do "III Torneo do Magosto" e segundo puntuábel para a *SUPERLIGA* de billarda-LNB, a auténtica liga das estrelas!!

Sintoniza co gran espectáculo da SUPERLIGA-LNB!! Posted by Picasa

NAVALLAS NA *SUPERLIGA*

Vemos con gran emoción como as ameixas e as navallas regresan de novo ate as costas da ría de Ribadeo, semella coma unha premonición, nen istes característicos moluscos queren perderse por nada o "III Torneo do Magosto" que a LNB vai celebrar iste domingo 6 de novembro no peirao dista vila galega fronteiriza con Asturies. Viño, castañas e Billarda-LNB vai ser a explosiva combinación que niste segundo torneo valedeiro para a *SUPERLIGA* a LNB ofreza ós seus participantes e afeccionados que a partires das 16h. se acheguen ate o peirao ribadense. As navallas dos palanadores e palanadoras xa están na moa para tentar escalar postos nunha clasificación individual e por franquicias que está ó roxo vivo!!

A Ponte dos Santos vai ser testigo mudo do gran espectáculo da *SUPERLIGA* de billarda-LNB!! Posted by Picasa