O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 09, 2005

CRÓNICO: "III TORNEO DO MAGOSTO"

PEIRAO DE RIBADEO / 6 –11-05

Coas lagañas aínda nos ollos unha delegación da LNB iniciou a primeira hora da mañá do domindo 6 de novembro os preparativos no peirao Ribadense para acoller o gran acontecemento que tivo á vila fronteiriza en vilo ate ben pasado o lusco e fusco. Coma se dunha pista de hockei se tratara os palanadores e palanadoras da *SUPERLIGA * LNB desfrutaron dunha perfecta delimitación do campo de xogo por medio dunhos chantos metálicos que delimitaban os límites da area de xogo.
A hora de inicio do gran Torneo estaba posta para as 16 h. pero unha hora antes xa se vían desfilar os coches dos palanadores e palanadoras que desesaxan un primeiro contacto coa pista na que ían tentar desenrolar o seu xogo, a incógnita era saber como ía ser o tránsito dende a terra batida de Santo Adrao ate o asfalto de Ribadeo, habería algún palanador ou palanadora que non se dera adaptado a ista nova superficie nunca antes utilizada en campionatos LNB?. En declaración exclusivas para TELE-VARAL, Carmiña, a palanadora dos Varal –Média afirmaba sentirse máis cómoda nista superficie máis rápida e técnica que a terra batida pero por desgracia para ela e para a súa franquicia , ó igual que pasou en Santo Adrao non puido pasar as previas para a desputa título do “III Torneo do Magosto”. Coa entrada en escena de Venacio, ise maxistral recoleitor e asador de castañas que na súa intervención na superproducción de TELE-VARAL “o grilo en ruta” declarou que a materia que ía cocinar en ribadeo ía ser de primeira, castañas de parede , a pata moura no eido da castaña estaba asándose no tambor da lavadora mentras o lume medraba na pista de xogo.