O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

Monday, December 20, 2004

O PICHÓN DA LNB

O VARAL
Revista oficial da LNB

MANDA AS TUAS OPINIÓNS POLO PICHÓN DA LNB



billarda_gz@mixmail.com


Somos o equipo de billarda “ OS PETAPOUCO” . A nosa sede está en San Cosme , aínda que os xogadores e xogadoras estamos repartidos entre varios pobos; Celeiro de Mariñaos, San Cosme e Ribadeo. O noso grupo consta de nove palanadores/as : Ana, Teresa, Servando, David, Mónica, Toño, Juan, Fran e Ismael, os cales temos a billarda coma paixón. Non queremos olvidar a dous pequenos palanadores que veñen facendo os seus primeiros golpexos en cada torneo: Adrián e Antonio.
A idea de formar o equipo surxiu coa pretensión de practicar iste deporte que recordabamos de xogar de nenos .
Estamos a participar en todos os torneos dende a fundación da LNB: torneo de nadal, torneo do lacón, o palán de ouro , o super-palán de primavera e a billarda de verán, agás o torneo de nadal que gañou Juan da Pedreira e a billarda de verán que gañou Xermán dos Fungueiros, os restantes foron para os nosos palanadores, Ismael , o Zidane da billarda, gañou o torneo do lacón e o palán de ouro, David gañou o super-palán de primavera.
Uniforme:
CAMISETA: vermella cos emblemas en branco e manga curta.
PANTALÓN INVERNO: azul cos emblemas en branco e perneira longa.
PANTALÓN DE VERÁN: azul cos emblemas en branco e perneira curta.
Despois de cada torneo a nosa paixón pola billarda aumenta, sobre todo polo gran número de xogadores/as e equipos que se van sumando a cada torneo e pola gran amizade e coordialidade que reina en todos os que practicanmos iste deporte.
Mandamos un saudo a todos os lectores e lectoras do varal e esperamos vernos no vindeiro torneo.


Miguel dos "fungueiros" de lourenzá prepárase para efectuar golpexo. Posted by Hello

A BILLARDA SEN FRONTEIRAS

billarda_gz@mixmail.com

A LNB é unha competición aberta na que participan difertes escadras ou franquicias aínda que non é necesario formar parte dunha delas para poder competir nos diferentes campionatos, ó igual que noutros deportes coma o ciclismo a esencia da competición é individual.
A LNB infantil
Cada vez máis amigos e amigas se animan a coller o palán e participar da festa da LNB, por iso nun futuro non lonxano esperamos poder artellar unha competición de ámbito superior ó comarcal que é no que se basean polo momento as nosas competicións. Desexamos que pouco a pouco franquicias de toda a Galicia se vaian achegando ós torneos da LNB e poidamos ver nun futuro moi próximo unha LNB con equipas de todo o país.Non podemos olvidar que o deporte da billarda non é algo exclusivo de Galicia, Portugal, Canarias , Asturies, Salamanca , Aragón , incluso o magreb e paises celtas coma País de Gales , Escocia e Irlanda practican a billarda coas variantes e peculariedades de cada sitio , é un feito comprobado que deportes coma o béisbol e o críquet derivan da billarda, polo tanto por qué non pensar pois nunha competición de ámbito internacional?

Ismael coa gorra branca olla o inicio de carreira do "caimanero" urbano de Ribadeo. Posted by Hello