O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, dezembro 30, 2004


CRÓNICO: TORNEO "PALÁN DE OURO” SAN XURXO 11-4-04



San Xurxo , en Lourenzá, vestiuse de gala para recibir á élite da billarda da mariña. Como se dun día de festa se tratara , a pista deportiva ateigouse de xente para ver o xa considerado como o deporte revelación, “A Billarda”.

Non faltou ninguen á cita marcada pola LNB , como se dun all stars adiantado se tratara , os mellores palanadores das distintas franquicias achegáronse a San Xurxo para tentar de levar para a casa a escultura do “palan de ouro”.

A dureza coa que se competía nos grupos clasificadorios marcou o reñido campionato , Santo Adrao tornouse como a franquicia revelación con Ruben facendo un “varado” é dicer , acadar unha carreira nun só golpe, con Castedo e unha acertada Xenma que nas roldas clasificatorias permitiuse incluso o luxo de vencer ó intratable “Zidane da billarda” Ismael. Non foi menos contundente a actuación da franquicia do Pedrón , a unha inspiradírima Piedad hai que sumar o bo facer do Fras que se plantou nos cuartos de final sen previo aviso, os Caimaneros de Ribadeo tamén situaron a Urbano dentro das roldas para a final ó igual ca Juan da franquicia de Vilamar que se achegou a San Xurxo para tratar de romper coa hexemonía dos Petapouco de Barreiros.
Destacar o bo comezo de Vicente “ o Beckham da Ponte da pedra” pero que non soubo manter a regularidade , o mesmo lle pasou a Ana dos petapouco e a Aurora dos fungueiros que se ven desta vez quedaron nas previas apuntan fortísimo para colarse nas finais.
A que xa non é sorpresa é Ana dos fungueiros de Lourenzá que situada nos cuartos xa marcou credenciais para futuros campionatos.
Despois da titánica loita nas previas , a final do palán de ouro xogárona Ismael dos Petapouco e un impresionante Fernando, palanador de Recemil, defendendo as cores da franquicia de Lourenzá.
A maior experiencia de Ismael niste tipo de situacións marcou o signo da final e o “Palán de ouro” marchou para Barreiros.
A intensidade e a emoción vivida en San Xurxo demostraron que
outro deporte é posible!! Posted by Hello

5 Comments:

Postar um comentário

<< Home