O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 30, 2017

PLAY OFF NACIONAL_2017>> PRESENTACIÓN , NÓ E DESENLACE!!



















Ruxiron os paláns , as billarda e os centos de Rumoros@s da LNB que iste pasado domingo se deron cita no espectacular marco do campo de futbol de terra do Fátima para a celebración por todo o alto e baixo da gran muiñada do Play Off Nacional-2017



















iste próximo sábado a Galega emitirá a Copa Ibérica de Futbol Gaélico que se vai desputar na Coruña, unha excelente nova para todo o desporto autoxestionado e de raigame mais unha mágoa que ista cobertura do ente publico galego non se extenda máis aló xa que por desgraza eventos multitudinarios como o noso Play Off Nacional continúa na penumbra máis absoluta dista canle publica.




















Será que o poder , as institucions e os medios publicos galegos temen e igual con razón a firmeza e queren evitar o inevitábel ...a brutal proxeccion nacional e internacional da indomábel Tribo Coroza!!



















Desporte e xantar autoxestionado , as tortillas e o viño voltou correr a regos coma o sangue correrá dende o Caurel a Compostela para derrubar coas forza das nosas billarda as fiestras tapiadas polo feixismo para que os nosos irmnás do centro social Escarnio e Maldecir volten vacinar de vida e coraxe as pedras do seu local na praza de Cervantes.



















E non só viño e cervexa regaron cada un dos nosos varados , sidra artesá e galega ó estilo bretón saíu da neveita portatil da tribo da Noroeste para de xeito solidario acompañar os petiscos das mesas veciñas ...saiban todos ahí fóra , se queres auténtica sidra galega dirixete a Martiño de Campo da Feira



















E no medio da tempestade de varados , petiscos e grolos ....o xuri do Millo Corvo arrincaba o seu paseiño armado con navallas e coitelos para elexir  a mellor e peor tortilla do Play Off Nacional




















Aromas e sabores das mellores tortillas do país misturábanse coa coñac coa que algun dos xuices do Milla Corvo desinfectaba os beizos despois de cada petisco- Non cho quero decir , a tortilla realizada por Luis Camiña dos Corredoiras de Bueu foi a Millo Corvo 2017.


















Finais de mañán e tarde queconvertiron o estadio do Fátima nise Estornópolis que todos levamos dentro...
















Adriana de Valpaço proclamouse campioa nacional infantil





















A Mñitica Chefa de Corredoiras de Bueu campioa nacional feminia


















Markitos de Billardeiros Musicais rachaba o horizonte e preparaba o corpo e a boneca para vestir a Coroza proclamnadose Campión Nacional de Varados.


EQUIPOS: 1º Corredoiras Bueu / 2º Carabullo de Muimenta / 3º Gharaboto Marin























E coma colofón brutal Markitos de Billardeiros Musicias proclamouse Coroceir@ Nacional_2017 convertindose ademñais no primeiro gran tricampión nacional absoluto da LNB...Coroza Sempre , Adiante Play Off Nacional!!

segunda-feira, maio 29, 2017

BAIXO O ARCO DA VELLA COMPOSTELÁ MARKITOS DE BILLARDEIROS MUSICAIS....COROCEIR@ NACIONAL_2017!!

















DESPOIS DUNHA NOVA XORNADA HISTÓRICA NO ESTADIO DO FÁTIMA , A COROZA MÁIS UNHA VEZ E XA VAN TRES , BUSCOU E ATOPOU COMA UN LOBO ATOPA A LEBRE NO MONTE XEADO O CORPO E IALMA DE MARKYTOS , O GRAN PALANADOR DOS BILLARDEIROS MUSICAIS RECIBÍU NO LUSCO E FUSCO ADORNADO CUN ESPECTACULAR ARCO DA VELLA  DE MANS SEU COMPAÑEIRO DE CONFERENCIA CHOUSA A COROZA QUE O ACREDITA COMA GRAN COROCEIR@ NACIONAL_2017!!

















UNHA COROZA CONSEGUIDA A FERRO E LUME NUNHA FINAL DAS QUE FAN AFECCIÓN E DEIXA PEGADA NO SUBCONSCIENTE COLECTIVO DE TODA A SERPE MULTICOR DA LNB NA QUE O DOS BILLARDEIROS MUSICAIS DESPREGOU TODO O SEU PODERÍO PARA  NEUTRALIZAR OS EMBITES DUN EMBRAVECIDO DANI RINO QUE SE COROOU SEGUNDO CLASIFICADO E DE CHARLY DOS CARABULLO QUE EN NENGUNHA DAS TRES CARREIRAS DA FINAL ATOPOU O VIEIRO QUE O GUIARA CARA A ISE OLIMPO DOS TRES ELEXIDOS.. BILLARDA SEMPRE , NORABOA MARKYTOS COROCEIR@ NACIONAL_2017!! 

sábado, maio 27, 2017

PLAY OFF NACIONAL_2017>> A LOITA POLA COROZA NA PATRIA SALVAXE DO GARAÑON FERIDO!!
















Unha edición máis do Play Off Nacional de Billarda , Nachok prestorunos os seus ollos e pulsaciós necesarias para plasmar dun xeito brutal e tanxibel a magnitude da traxedia . Coma garañons feridos a sepre multucor da LNB retorna da man do mítico MARIO de Conxo ó espectacular marco do campo do Atlético Fátima para en Compostela  para enfrontarnos plalanadores e palanadoras famentos ó gran desafio da Coroza da LNB .Play Off Nacional_2017 porque sexas da conferenmcoa que sexas , se tes o enorme privilexio de loitar pola Coroza faino coa cabeza ergueita , os puños acendidos e a cabeza ergueita...




















PLAY OFF NACIONAL 2017>> prepara a tixola os ovos da casa , as patacas con vermes ....porque volta o incendiario concurso anti-gastronómico do Millo Corvo á mellor e peor tortilla do Play Off Nacional , iste dominfo no campo do Fátima en Compostela Billarda e Tortillas contra a prohibicion do cultivo da pataca autóctona na Galiza!!


PLAY OFF NACIONAL_2017>> Iste domingo a Guagua da LNB-NorLeste ó igual que as caravanas de carros dende a Coruña e das Rías Baixas , sairá da estación de buses de Ribadeo ás 7:30 h. parada chairega na rotonda grande de Vilalba polas 9 h. Almorzo no Bar o Cruceiro do Pino a base de bocadinhos de xamón e café de "pota-madre" para cargar os paláns coa forza e precision necesaria para o asalto á Coroza..Billarda Sempre, Adiante LNB!! - En TodoLNB está po sistema de compèticon e listaqxe de clasifucad@s!!

domingo, maio 21, 2017

CHARLY ATRAPA O COELLO EN REMOURELLE... E O TÍTULO DE GRAN CAMPIÓN ABSOLUTO DA NORLESTE 2017!!



















A LNB destapou unha vez máis o poderoso frasco das esencias , e fixoo por todo o alto no gran Aberto do Coello de Suso en Remourelle , un dos epicentros brutais nos que cada vez que serpe multicor retorna á mítica pista de cemento volta a estourar o big bang en cada golpexo da madeira contra a mederia e en cada dentada do torrezomo contra a moa.


















Derradeira xornada puntuábel ó igual que aconteceu o sábado no Campo de Fultol de Laxes no Beluso na Conf.Riasbaixas e o domingo no Melga de Ponteceso na Conf. Noroeste




















E no horizonte salpicado pola ilusion e o arume a purin.....o desexo infindo de abonar cos noso golpexos o estadio do Fátima o vindeio domingo no Play Off Nacional _2017!!    






Compostela agarda a toda a tribo LNB para a desputa da Coroza mais un apendice clave e fundadamental é a brutal forza tanto deportiva coma filosófica coa que a conferencia mae arriba nos campos de meiz do estadio do Fátima. E moitísima da culpa diste potente dicurso filosófico-deportivo que emana das pista de xogo e se perpetúa no noso subconciente colectivo é sen dúbida do gran palanador dos Remourelle Bulls Muriego . O actual posuidor do Xerro do Salnés soubo e sabe analizar cada molécula do ADN billardeiro para imporse cun discurso demoledor ó bacotexo enxordecedor do bruar das billardas. Anti.Tod@s... xa non quedan máis collóns , Eskorbuto e a LNB ás eleccions!!



















A loita na pista de xogo deu paso á festa rachada na Taberna de Lola coa torrezamada coma prato forte amplificada por unha gran sesion de video-dj executada por Basi  e unha espectacular entrega de premios dos campions de conferencia.



















estalaban os torrezmos nas nosas bocas coma os lostregos e os foguetes o fan no ceo para alumar o camiño e anunciar a brutal festa que se aveciñaba...


















Charly campión do Aberto do Coello e Campión Absoluto da Conf. Norleste , ó igual ca Xosé Collazo na NorOeste e  ------ na RíasBaixas . En TodoLNB  as táboas de clasicad@s para o Play off Nacional_2017 porque sexas da conferencia que sexas se tes o enome privilexio de loitar pola Coroza.... faino coa cabeza ergueita , os puños acendidos e as billardas e afiadas!!

domingo, maio 07, 2017

MURIEGO , O MÍTICO PALANADOR TAPIEGO DOS REMOULLE BULLS ARRASA EN XIL E FAISE CO XERRO DO SALNÉS 2017!!

































No mítico poema de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no que se inspirou o berro do Adiante co Varal , o protagonista pregunta polas portas das casas se lle deron morcillas a Vidal , niste Xerro 2017 por fin , despois de moitos anos de loita nas pistas da LNB contra o varal e si mesmo , Muriego o gran palanador Tapiego dos míticos Remourlle Bulls fíxose co gran Tesouro que supon o seu primeiro triunfo absoluto nun aberto LNB . E non podía ter mellor esceario ca Xil e mellor trofeo que o Xerro do Salnés...
DÉRONLLE AQUÍ  UN XERRO A MURIEGO?? , AQUÍ SI , ....POIS ADIANTE COA TABERNA DA CANCELA E ADIANTE CO VARAL!!



















O Xerro-Bus da LNB partía dende Ribadeo cara a Xil ás 8 en punto da mañá cun ollo posto nas cuncas e o outro no varal da Pista das Angustias...



















Parada técnica no Bar O´Cruceiro do Pino , cafés e bocadillos de xamón , queixo e panceta prepararon ós corpos dos palanadores e palanadoras para afrontar unha dura e histórica xornada de furanchos e billarda . En Compostela Hazte Oír tiña o seu bus dando voltas e a LNB tiña os paláns preaparados por se nos cruzabamos de fronte ...



















Chegada a Xil e as portas da Taberna da cancela se abriron un ano máis de para en par para o abrazar dunha nova edición do XerroSo Salnés. Unha edición na que Abel , non puido estar presente por mor dunha escoradura de faciana despois dunha caida en patinete. Iste feito marcou totalmente a edición 2017 do Xerro polo que en cada cunca e en cada varado Abel e Paula estiveron presentes!!















Despois dos primeiros grolos na Cancela , o mítico Cesar de Xil exerceu de sherpa no brutal labirinto de emicions da xira de furanchos




















A serpe multicor furancheiro-billardeira metíase en faena combatindo os raios de sol do mediodía a base de viño e bos petiscos de materia prima autóctona.



















unha expedicion billadeira que contou cunha poderosa presenza de palanadores e palanadoras asturianos e do eo-navia , Fer , palanador de Serantes e o paparazi de Barreiros "Antonio" desfrutaron coma ananos xunta o resto da tribo na inmersion furancheira na procura dise gran "tesouro" interior que todos levamos dentro.




















Un Tesouro que Cesar e Serxio coñecen perfectamente xa que dende o primeiro Xerro aló polo 2005 Cesar o palanador de Xil estivo presente nalquel mítico churrasco inaugual cociñado por Abel e Alfredo, e Serxio , o palanador da Faisca que viveu en care n propia os sanguentos anos do chumbo da salvaxe Conferencia Sur.




















Xantar de irmandade ...



















e incio das hostilidades na mítica pista das Angustia para a desputa do Xerro do Salnés 2017



















Bruaban as billarda nun aberto do xerro que contou coa presenza de palanadores de todos os hemisferios pese a que había aberto puntuábel na Conf. RíasBaixas



















Palanadores aborixes de Xil competiron a un gran nivel e colaron a un dos seus xogadores na gran final a CATRO xunto a Geni e Daniel de Billardeiros Musicais e Muriego dos Remoulle Bulls.



















Tivo que ser en terras do Salnés e fronte á mítica Capela das Angustias de Xil donde o gran palanador Tapiego Muriego dos Remourelle Bulls despois de moitos anos de loita e compromiso total coa billarda coma xeito de vida e filosofía acada o triunfo absoluto nun aberto da LNB. Telefono vermello , voamos cara Remourelle co Xerro!!