![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhaky6f_5HZjl8bAgVjNISACO1E2amvv313tLtu1505CUAtynFS2BC-pKde655aKwA2czLFsP_A5fMvgV93_X_jlf-DTdJ1GYD8FWfJWp1gZe1qQIw305nJbEVtealcvbvYdwZ1/s320/djukic.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgNYYX_mC7A_HXTgH-7vftUqKFJtfgiJqxP_H8cUXhWGrOzJHSx7N4YY0shQlTzjjure9s2jfAqgOQC2O-5tdpjqGOldz2vHuJ1sk_swvq-nze243YY5c-TzHqQcieJyhcix_qC/s320/IMGP0222.JPG)
Aínda que todos os focos na histórica noite do 26 de maio apuntaban a Vicente , o palanador da EkipA SaFaRi viuse eclipsado pola auténtica hecatombe mediática que supuxo que o grande Ismael da Billarda perdera o título xusto no último golpexo da tempada, incluso
nas verbas das Madriñas da LNB no programa da RG As Quimbamabas durante a entrevista ó campión absoluto dista SUPERLIGA, saíu a relucir a gran querencia por iste mito vivente do deporte da Billarda, Ismael , os ollos do Zidane da Billarda estiveron isa noite de reflexión empapadaos en bágoas de impotencia ó igual que os centos de seguidoes que ten espallados pola Galiza e polo mundo adiante. Sabemos que Zidane está meditando o seu futuro , son centos as emisivas que chegaron ate O Varal apoiando e animando a ista estrela do deporte galego a seguir na élite do deporte da billarda para tentar acadar o gran soño da SUPERLIGA ,
o varado de Zidane xa está a ser comparado co
penalti fallado por Djukic naquel último partido de liga fronte o Valencia cando o Deportivo deixou escapar no último segundo a tan desexada liga, Djuquic despois rematou coma xogador no Valencia, poderá Zidane nun futuro próximo entrar a formar parte da EkipA?