O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, fevereiro 21, 2016

DANIEL E MANOLO POZO ....OS BILLARDEIROS MUSICAIS PASAN O RODILLO NO CANDELORIA E NAS ENCROBAS!!















S.A sobre o esceario despois do apagón de luz no festival da Candeloria que retrasou a actuacion do combativo grupo basco e despois de que os Diplomáticos e as billardas das LNB fixeran ferver ós centos asistentes do gran festival lugués. Un aberto no que se deron cita varias das grandes estrelas do universo billardeiro tanto do Sur como do Norte e da que saíu triunfante un gran Daniel dos Billardeiros Musicais que se zafou unha vez maís do lazo do indomábel Alvariño que se quedou coa mel e o xaruto nos beizos. Mais na pista de xogo da Candeloria se cruazon as olladas dous dos palandores top , estamos preparados para un Pacquiao vs Mayweather na LNB? . Podería ser o Xerro do Salnés despois da xira de furanchos o sitio perfecto para que Alvariño e Rubén Otero realizaran o primeiro gran un face a face da história ... Billarda Sempre , Adiante Promotores e casas de Apostas da LNB!!





















A carón do busto de Moncho Valcarce. en Pontoxo-As Encrobas ( Cerceda )  Celebróuse a oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda(L.N.B.), e
"Vai por tí,amigo Moncho Valcarce." 
Campión:MANOLO POZO.
Subcampión:X.COLLAZO.
Terceiro:ÓSCAR.
Campiona feminina infantil:PAULA.
BILLARDA SEMPRE.!!!!


sábado, fevereiro 20, 2016

NA CANDELORIA EN LUGO E NAS ENCROBAS EN CERCEDA ...COMO MATAR UN ROUSINOL CUN PALÁN E UNHA BILLARDA!!




















Unha edición máis o referencial festival de inverno no pazo de congresosoe feiras de Lugo " A candeloria " aposta firmente pola Billarda coma guinda brutal para o seu atroador aslata á cidade das murallas. Nao e Os Diplomáticos están entre as bandas cabeza cartel diste barreno sonoro ....estamos no tempo da arroutada , estamos no tempo de sacalas billardas!! ise poderia ser o retrouso que emerxa do bruar dos nosos paláns famentos de madeira e carne fresca , porque ao igual que a Candeloria ningun festival galego de seu na Galiza sen Aberto de Billarda . Espazos ceives e sen capar para a expansion da civilizacion billardeira nun intre no que a televion publica galega prioriza sobre todas as cousas puteros borrachos que afuciñan nos lavadeiros dos veciños , programas coma Musigalite que aldraxan os musica e os musicos galegos de seu e continuan en grella programas coma Luar ou Bamboleo de era glacial do máis retrogrado audiovisual pátrio agradécense actitudes coa a de ises dous xemelgos andaluces que se revolveron fronte a ise suposto chamán do humor záfio galego pagado con cartos públicos, ao amancebado presentador do Lan Rover  por fin alguén lle fixo fronte , curioso que foran dous adolescentes mesetarios e para máis inri donde máis lles prue a istes patéticos seres " cunha campaña en twitter "...grazas xemelgos , con vosoutros comezou todo!!






















E para seguir reivindicándonos fóra da cobertuda oficial que acubilla  con impinidade polo de agora a todos ises inigos da cultura galega de seu , iste domingo Oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda (L.N.B.)
21-02-2016.
Hora:11 da mañá.
Lugar: Pontoxo-As Encrobas (Cerceda)
Se chove,achegarémosnos á pista cuberta de Folgueira-Castelo (Culleredo).
BILLARDA SEMPRE.!!!!

quinta-feira, fevereiro 11, 2016

O FRONTON E A PISTA DE BILLARDA ....UNHA BRUTAL OLLADA DE FASCINACIÓN E PÁNICO!!















A  imaxe de Fermin Muguruza entrevistado nunha pista de pelota basca , pertencen ao referencial programa da ETB " Tumatxak" no que cada capítulo se vai un percorrido biográfico pola carreira de diferentes artistas euskalduns. Toda a restra referencial de estalos musicais e contraculturais de fonda ragaime socio-político tecida polo músico de Irun dende os seus inicios cos míticos Kortatu ate o seu ultimo tsunami audiovisual Nola pondo o seu ouvido , gosto e olfato nas terras de Nova orleáns depois do paso do Katrina ,faino Fermin , reflexionando e conversando sentado nunha silla no medio da pista dun frontón clalquera dunha vila ou cidade calquera de Euskal-Herria. Porqué Fermín Muguruza elixe iste espazo e non un estudio de gravacion , un esceario ou backstage dun festival ou mesmo un bar ou unha herriko calquera....pois porque a pista de pelota, ao igual que as pistas da LNB,  condensa en si mesma todo ises lugares de encontro e expansión vital .
















As pistas da LNB ao igual ca os frontóns en Euskal-Herria son ises espazos nos que de xeito natural se conxuga a paixón por un deporte e por un xeito de relación natural e absolutamente ancestral . Calquera palanador ou palanadora que acode aos Abertos de Billarda faino atraido por ise sentimento primario e salvaxe que inspira a firme convicción da pertenza a unha tribo...
















Fermin Muguruza entra con paso firme no frontón ao igual que o fai cando se adentre nun esceario de calquera parte do mundo para espallar a súa música e mensaxe de pertenza á tribo basca ....





















O palanador da LNB entra tamén con paso firme e o pulso acelerado en cada pista de Billarda do país ao igual que o fai cando se adentra en calquera dos multiples campos minados polo inimigo para espallar o noso deporte nacional e inequívoco mensaxe de pertenza á tribo galega...Nen un paso atrás , Nen para coller impulso, Billarda Sempre!!

quarta-feira, fevereiro 03, 2016

UN TREN DE BOLBORETAS E BILLARDAS ESTALANDO .....MANU DE POLKA , UN BRUTAL KASO APARTE!!


















A LNB é isa enorme pota de callos a ferver ao lume bravo dunha lareira infinda chamada Galiza , un espazo de encontro brutal e impredecíbel que esnaquizou dende o principio dos tempos os aramios de espiños de todo tipo de institucións que acotan coma campos de concentracion cada estalo de creatividade individual ou colectiva. Dende a pasada tempada a incorporacion dunha nova franquicia asentada nas terras do concello de Pol dotou de ar fresco e rebelde cada un dos varados da Conferencia Mae e por extension de toda a LNB , porque Polka , máis aló do seu campo base instalado na terra cha luguesa ten no seu ADN un firme compoñente moinante e expansivo. Cunha salvaxe ilustracion de trazo eo-naviego do imprescindíbel Muriego , Manu , un dos activistas Polka asalta o ring do Varal para enfrontarse coas marabillosas pantasmas do seu explendoroso pasado , presente e futuro musical que toda a gran tribo LNB ten que coñecer.

KASO APARTE : 

Entre grolo e grolo no LNBar e varado e varado son moitas as conversas entrecruzadas nas pistas da LNB , e cabe ate pensar por moitos mal pensados , entre os que se atopa quen sementas istes regos escritos, que a LNB se conformou para que istes cruzamentos verbais e vitais tan á marxe do establecido se poidan ter producir e descubrir diamantes tan en Bruto coma...




Kaso Aparte , o actual proxecto no que Manu traballa e traballou duramente varios anos en escearios alternativos de toda a peninsula dando tralla punk e escupindo temazos coma  Bienvenidos a la realidad  ou Nova .



Actuamente en fase durmente , KasoAparte , para Manu segundo as súas sempre emocionadas verbas cando fala do tema , é o grupo co concepto e a filosofía perfecta para el expresar o seu poderoso e anarko pensamento. De seguro que durante o proximo Billarda All Stars 2016 que se vai celebrar en Mosteiro ( Pol ) coordiando por Polka , Manu vai recibir feixados de peticións para que Kaso Aparte deixen a tregua e collan de novo as armas...

KAMBOTES . 




Mais antes de KasoAparte , Manu formou parte dunha das bandas míticas galegas , pola parte de Lalín dende os anos 90 bourean os Kambotes , retrousos con sabor a mistura entre Reincidentes e Rastreros , o indomñábel palanador de Polka formou parte da banda e con eles asinou temazos coma o do espectacular video-clip Óxido , Imprescindíbeis son temén as xoias-audiovisuais de Taberneiro ao vivo en Celanova  e o tema Carallas Bravas na súa espectacular actuacion no DerrameRock de Ourense.  - Benvidos á realidade ....Billarda Sempre, adiante Kaso Aparte!!

terça-feira, fevereiro 02, 2016

AS LUVAS AZUIS DO GZ-POWER ASALTAN O PÓDIUM DO ABERTO DO LACÓN DE MEIRA!!











Non foi un 18 de outro do 1964 , senón un 31 de xaneiro do 2016 ....nen a cidade de México durante a celebracion dos xogos olimpicos senón iste pasado domingo na vila chairega de Meira durante a desputa do mítico Aberto do Lacón cando os dous paladores galegos primeiro e segundo clasificados do torneo Xose Regueiro das Troitas Bravas e Xermán Viluba da EkipA Bítere acompañados no podium por Geni dos Billardeiros Musicais decidiron emular aos referencias atletas e activistas afroamericanos Tommie Smith e John Carlos enfundando unhas luvas de cor azul nos seus puños ergueitos para reivindicar o orgullo galego no deporte en todos os eidos da vida.  Porque a situación de marxinalidade absoluta da comundiade negra nos anos 60 nos estados unidos é dunha arrepiante similitude co aldraxe e asoballamento actual da cultura e identidade galega á que os poderes públicos someten á nosa comunidade autóctona. Nunha man o lacón e a cachucha e na outra o puño ergueito vestindo a luba azul do orgullo... un paso máis á fronte que a LNB impulsa coma gran colectivo socio-deportivo independente que é para defensa e promocion do deporte da billarda e do nosos dereitos civis coma pobo e cidadáns galeg@s!! #PonLuvaAzul
















E unhas horas antes de as luvas azuis vestir os nosos puños en Meira en Mazairo - Bens - os activistas da Conf. NorOeste realizaban en sesión de mañán o seu sétimo asalto da canfurnada puntuánbel: 

Xornada séptima da Conferencia Noroeste de Billarda (L.N.B.),Celebrada na pista cuberta de Mazaído-Bens (Coruña).
Campión:Luís Camiña.
Subcampión:Óscar Calvo.
Terceiro:Xulio Ponte.
Campiona feminina:Cheli.
Moitos parabéns.
BILLARDA SEMPRE.!!!