O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 30, 2015

DO LACÓN DE MEIRA Ó ABERTO DAS ENCROBAS HOMAXE A MONCHO VALCARCE!!


















Iste sábado a cor , o combate e o cheiro a lacon , tripas no lavadeiro e a fígado encebolado invaden Meira...porque hai máis cochos ca coitelos , Billarda e Matanza na Casa Sempre!! E se levas fame tanto para o Aberto do Lacón de Meira como para o do das Encrobas o sábado antes do Aberto hai quedara de activistasda Norleste para rillar nos costelos de cocho e o domingo despois de desafiar o Varal de Pontoxo hai un espectacular churrasco de porco do país agardando para todos aqueles que precisen da forza e da carne e dos ósos da costela á brasa

Sábado-Xantar irmandade Meira: 607.630364
Domingo-Xantar irmandade As Encrobas: 658045489


Nengun deporte se mimetiza tan ben coa realidade , a loita e o sufrimento do pobo galego como o fai a Billarda, despois da histórica acción na area da praia de Laxe , iste domingo activistas da NorOeste voltan ás trincheiras de Pontoxo co Aberto homaxe a Moncho Valcarce...Encrobas Sempre, Adiante do Palán e coa Fouce!! 



segunda-feira, janeiro 26, 2015

A SYRIZA DEPORTIVA GALEGA PRANTANDO CARA Á TROIKA FEDERATIVA ... NAS PRAIAS , NOS MONTES E NAS VILAS!!



















Os activistas da Noroeste tatuán LNB na pel do páis , pola parte da Costa da Morte na praia de Laxe ....sobre a area semente de victoria!!


















En Vigo as espectaculares Treboadas da Conf. Sur resoaron e acompasaron o queixume dos piños e dos palán no Monte da Guía.

















E en Vilagarcía a familia RíasBiaxas azoutaron as nasas imposíbeis para delas liberar a futura syriza indíxena galega..Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

sexta-feira, janeiro 23, 2015

VILAGARCÍA , LAXE E O MONTE DA GUÍA DE VIGO ...UNHA EXPLOSIVA FIND. CON HORARIOS DE PAYPERVIEW QUE PERMITE XOGAR TODOS OS ABERTOS!!














Iste sábado 24 de Xaneiro as palanadoras e palanadores da Conferencia RíasBaixas  lanzarán no gran caladeiro-billardeiro de Deiro , no océano imposíbel de Vilagarcía de Arousa , o seu curricán para capturar o gran Varado, o equivalente LNB ao espectacular ollomol que a gran estrela das RíasBaixas Bego Ríos , sotén orgullosa fronte ós flashes ...


















E tan só unhas horas máis tarde no espectacular marco da Praia de Laxe os activistas da poderosa e referencial Conf. Noroeste realizarán a primeira gran acción billardeira na Costa da Morte ,  matrícula de honra para istes históricos e referenciais militantes da LNB que saben como reafirmarse e espallar o lume que sáe da boca dos seus paláns coa credivilidade organizativa e coa astucia creativa que emana da frescura dos seus cartaces...

















Unha find. na que de xeito natuaral e non por imposicións de nengunha canle televisiva , podes participar en todos eles xa que os horarios así o permiten . Porque se che quedan forzas despois de Vilagracía e Laxe ás 15:30 h. diste domingo no canto de vomitar diante do televisor coa repeticion do Luar coma B.S.O de fondo podes coller túa resaca e tirar cara o Monte da Guía en Vigo para unirte ó delirio da Conf. Sur e dibuxar un  horizonte de pinchas co que esnaquizarlle os fuciños a un alcalde desafiuzador de rotondas...Vigo Empanada de cebola, Vigo sen vivir en min!!

terça-feira, janeiro 20, 2015

A TZURCA ...UN PODEROSO VARADO DENDE O NORTE DE RUMANIA FAI TREMER TODA A EUROPA BILLARDEIRA¡¡
















No norte de Rumania , nunha vila chamada Maramures separada a uns 2000 km da Galiza , habita unha tribo irmán , aborxes coma nós invadidos totalmente polo sentimento billardeiro que eles dominan Tzurca. Un poderoso colectivo de case un cento de xogadores que leva xa uns cuantos anos recuperando iste noso desporto na terras de Gica Hagi e que acaba de entrar en contacto cos palanadores e palanadoras do país para dun xeito ou outro atoparnos cos puños e paus en alto nalgun lugar da europa.



















A regulamentacion da Tzurda naturalmente ten unha caracteristicas propias diferentes ás nosas da Billarda-LNB mais a esencia é a mesma , niste espazo web se poden ver as reglas do xogo , unhas das cousas que máis chaman a atencion a primeira vista é a semellanza absouta no tamaño da billarda mais a diferencia no longo do palán , para nós 60 e para eles 80 ...























Nun intre no que os amantes do deporte ollamos co palán na man e os ollos ensanguentados de paixón o mundial de balonman que se está a desputar en Qatar e que seguimos as evolucións dos irmáns da seleccion galega de futbol gaélico para o seu debu internacional no mundial de Abu Dabi , atoparnos con xente coma o activista da Tzurca Mihail Manole , enche de novo os nosos golpexos da forza internacionalista para ó berro de #NonfaifallaFederacion tentar nalgun intre e nalgun punto da europa atoparnos cos nosos irmans Rumanos da Tzurca.



#NonfaifallaFederacion ...Tzurca Sempre, Adiante co Varal!!! 

quinta-feira, janeiro 15, 2015

O ISLAM OLLA CARA A BILLARDA COMA POSÍBEL ARMA DE INTEGRACIÓN REAL DA MULLER NO MUNDO ISLÁMICO


















O balbordo global entorno ó mundo islámico que istes días azouta todas as portadas e titulares ten á muller musulmá coma un dos puntos de inflexion dista loucura que situa os campos de adestramento de Siria , Iemen , o Irake ou Pakistán coma puntos quentes internacionais donde as mulleres que acoden alí o fan coma escravas sexuais dos yihadistas. Pode ser pois a billarda unha alternativa real para escorrentar ás rapazas do integrismo?























Sabido por tod@s é que o Gilli Danda é un dos mais populares e extendidos deportes entre o mundo musulmá tanto en paises de orixe coma zonas de asentamento no continente europeo , é por elo que a cada vez maíor presenza feminina nos partidos de billarda no eido musulmá supón unha raiola de ar fresco para tentar que a muller con burka ou sen el acade ise estatus de igualdade que de seu lle pertence...Califato Billardeiro Sempre!!

segunda-feira, janeiro 12, 2015

LUCERNA E CADAVAL...TOÑO DE FURABOLOS E COEDO DE BILLARDEIROS MIUSICAIS , OS NOMES PROPIOS DUNHA GRAN FIND. DE BILLARDA E LOITA!!

















Unha escaleira que vai a ningures , unha porta que se abre contra un muro ...ista find. en Cerceda e Castro Ribeiras de Lea constatouse unha vez máis que cada Aberto da LNB é unha brutal raiola de sol que contradice co peso de cada golpexo do palán contra a billarda  istas dúas afirmacións que ilustran a máis crua realidade do noso panorama socio-político e cultural.















Un dos mellores e máis impactantes cartaces da história da LNB que os irmáns de Lucerna artellaron para anunciar o gran Aberto da Conferencia NorOeste diste pasado domingo en Cerceda fixo tremer non só a terra da beira atlantica senón que o tremor chegou  ó espazo da ate o de agora durmente Conferencial Centro para atraer a un dos seus míticos palanadores , Toño de Furalos , ate o pavillón do Piñeiro para dar un fortísmo golpe co palán na mesa para facerse coa victoria no Aberto e depaso espertar o poderoso dragón durmido da Conferencia Centro.


















E ten só unha horan antes a unhas cuantas dúcias de km de Cerceda , no antigo campo de futbol de Castro Ribeiras de Lea , na Conf. Norleste desputábase unha nova enganchada regular que pese a comezar un pouco pasadas as 15 h. da tarde por mor da gran afluencia de participantes rematou con noite pechada . Un Aberto no que os podeorosos Cadaval exercían de locais e donde pese á loita sen cuartel dos activistas castrenses no foron quen de evitar que os Billardeiros Musicais emularan ós antigos colonos agrícolas da vila e coparan os dous primeiros postos do pódium sendo Coedo e Daniel primeiro e segundo respectivamente.A nota curiosa da xornada foi que o galo de mos que estaba destinado a premio inmolouse na caixa a noite previa....Billarda Sempre , Adiante Lucerna e Cadaval!!  

sexta-feira, janeiro 09, 2015

MÁXIMA TENSIÓN EN PARIS , CERCEDA E CASTRO RIBEIRAS DE LEA!!


















É o tempo perfecto para vestir o pasamontañas e unha man coller o palán e na outra unha estrela .... e en Cerceda os irmáns de Lucerna e de toda a referencial Conferencia NorOeste sábeno perfectamente . Por iso iste domingo en horario xa regular das 11H van citarse no Pavillón do Piñeiro para rachar os cristais dista nosa gaiola invisíbel na que habitamos...



















O días antes sábado 10 de Xaneiro , tension máxima en Castro Ribeiras de Lea donde os activistas do Cadaval agardan xunta a unha espectacular galiña de Mos a toda a tribo da serpe multicor da NorLeste pero sobre todo esperan con especiual ansia ós todopoderosos Billardeiros Musicais para no seu territorio cortarlles as ás niste referencial Aberto que se desputará a baixo o ceo chairego e sobre o céspede do antigo campo de futbol apartires das 15 h. Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

segunda-feira, janeiro 05, 2015

A BILLARDA , ELEXICHE UN MAL DÍA E UN PÉSIMO DEPORTE PARA DEIXAR DE BEBIDA!!













Olles para onde olles , gañes ou perdas na conferencia que xogues os máxicos brevaxes derivados do alcohol nas súas mais deversas formas e variedades por sorte sempre sempre está presente en todos os Abertos da LNB , abrindo as nosas mentes antes de xogar , durantes o mesmo torneo impulsando coa súa frescura e adrenalina salvaxe cada un dos nosos golpexos , nas celebracións dos campiósn para bañar de ledicia as victorias e para aplacar como non o amargo sabor da derrota... Nista imaxe podemos observar o ben que o están pasando as palanadoras da Conferencia Andaluza no espectacular terceiro tempo depois do gran aberto de reis no Toxo Verde de Cádiz.














Unha imaxe que casa á mil maravillas co acontecido en Bueu despois do gran Aberto da Cachiza de Reis no que a gran Begoña despois de saborear a vistoria no pavillón do Beluso , soboreou os pinchos e o viño do posterior pincheo de irmandade e amosou ás cámaras as espectaculares botellas de churume de lume coas que seguir alimentando a seu inagotábel mono de victorias e billarda...























Son innumerábeis os casos de palanadores e palanadoras que utilizan os alcohol e derivados para incrementar o seu rendemento na pista de xogo , unha practica que dende o principio dos tempos a LNB nunca condeou senón que ó contrario promocionou tendo como máxima expresion dista filosofía o imprescindíbel Xerro do Salnes para o que o gran palanador das Rías Baixas Enrique Ouviña xa adestra concienzudamente utilizando coma excusa istes días de feliz xenocidio-comercial ....Billarda Alegre e Mollada Sempre!!

sábado, janeiro 03, 2015

TAMÉN PARA OS REIS ...A RAÍZ DO TOXO VERDE E DO BELUSO SON MOI MALAS DE ARRINCAR!!


















Por toda a Galiza apuro nas rúas para finalizar os encargos aos reis magos , mais nun recuncho dista nosa gran e desafiante República Billarda a poderosa Tribo-Cachiza desafia ás "súas" maxestades reunindose iste sábado apatrires das 16 h. no Pavillón do Beluso de Bueu para  desafiar cos paláns na man a lei da oferta e da demanda...é dicer, A Lei da Selva!!














E por se non quedou clara a cousa en oriente , na conferencia mais ao sul extremo da LNB , o activistas da Andaluza iste domingo realizarán o seu particular canto de Reis Billardeiro coa celebración dun gran Aberto no que ós agasallos se lles unirán os Varados da terra santa do ToxoVerde ....billarda e bacallau sempre!! 

sexta-feira, janeiro 02, 2015

CANDO AS RAS CANTAN EN XANEIRO, SINAL DE FAME EN TODO O EIDO....VOLVICHE AO 2015!!



Rematou o 2014 mais no abismo do mesmo produciuse a gran nova do retorno do festival das linguas minorizadas da europa que se fai uns anos contou cos activistas da LNB MafiaGalega representando a lingua mae , ista vez foron a banda de gaitas de El trasno de Coaña a que levou a nosa lingua ó Liet International 2014 que ista edicion se celebrou en Olderburg no estado alemá . O tema elexido polos asturianos de pasaporte foi "Volviche" interpretado xunto ó cantautor Kike Dembrinsky , se ben en edicións anteirores os representantes asturanos contaban con todo o apoio do seu goberno nista edicion os Trasnos de Coaña tiveron autoxestionar todo o operativo para iste pasado 12 de decembro desembarcar con todo orgullo eonaveido no esceario do Kulturetage. Un exemplo pois a seguir o distes irmáns que decidirion rachar cadeas para celebrar o seu 25 aniversario de actividade cunha histórica acción que deixa unha fonda pegada e total recoñecemento nos nosos corazóns galego-asturianos palpexantes. A súa actuacion abre o festival e aquí queda a espectacular nómina de participantes , un menú perfecto para combater a resaca iste find. de transito interanual...

Kulturetage – Oldenburg (Dtl)
1. El trasno – Volviche (Asturias)
2. Willie Campbell – Fir Chlis (Scotland)
3. Bandalheira – Baracho ancho pereira (Minde-Portugal)
4. Adnoz – Un dra nevez (Bretagne)
5. Forefingers Up! – Sa luxi ‘e su soli (Sardinia)
6. Bruno Rummler – Beppe (Fryslân)
7. Aila-Duo – Naharij kandâ (Sami-Finland)
8. The Paintbox – Söss söss söss (Niedersaksen)
9. Martina Iori – Via con mia mùsega (Sud Tirol-Italy)
10. Marina Sadova – Shochmo Keche (Mari El Republic)
























E seguindo no universo liriu imposíbel non sacar o castu para iste venres pola noite  pousalo diante do sofá e ver e sentir o estreo da dobraxe en Asturiano de Harry El Suciu , unha brutal suceso que ten a todoa a comunidade asturfona entusiasmada e non é para menos xa que se agarda un espectacular traballo do Gonzali Producciones que foi a encargada de executar a dobraxe que ademáis conta co gran machetador do CNL Sergio Buelga entre as voces dos protagonistas...



E que mellor menciña para entrar con bo pé no aninovo que sentir a voz e o alento do Coroceiro Nacional , dende o seu zulo de Dorrón diríxese a todos os palanadores  e palanadoras da LNB despois dunha breve introduccion dise xenocidada americano de cor achocolatada , a espectacular imaxe dun boneco colgado polo pescozo serve para introducir a presentacion de dous prototipos de enxeñería LNB do presente que se preparan para estrearse niste 2015 no que xa cabalgamos...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!