O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 30, 2014

10 ANOS E 2522 posts DESPOIS DAQUELA FATÍDICA MAÑÁ DO 30 DE DECEMBRO DE 2004!!















O GRAN SOÑO DE CONVERTER A BILLARDA  NO NOSO GRAN DEPORTE NACIONAL SEN DÚBIDA ESTÁ AÍNDA MOI LONXE , PERO MOITO MÁIS PRETO QUE AQUELA FATÍDICA MAÑÁ DO 30 DE DECEMBRO DE 2004 NO QUE ISTE TANQUE DE PAUS E ILUSIONS COMPARTIDAS CHAMADO "O VARAL" BOTOU A ANDAR.10 ANOS A CONTRACORRENTE DE LOITA , INDEPENDENCIA  E INCOMPRENSIÓN TOTAL NA PROCURA DUNHA LUZ QUE DENDE TODOS OS PODERES NOS É SISTEMATICAMENTE  NEGADA- FELICIDADES VARAD@ ADICT@S....BILLARDA SEMPRE , ADIANTE CO VARAL!!

segunda-feira, dezembro 29, 2014

NON PISES A HERBA... BÉBEA!!
















Di a lenda que por donde brúa unha billarda non volta medrar a herba ....a ver como lle explicamos isto ós responsábeis do estadio da xuventude de Pontevedra despois da incendiaria desputa do Master Galego 2014.

sexta-feira, dezembro 26, 2014

MESTER DE JUGLARIA EN PONTEVEDRA? NON....MASTER GALEGO DE BILLARDA!!


















Regos de tinta correron nas redes anti-sociais da LNB no referente á denominación do Aberto que iste sábado de Nadal vai incendiar o estadio da xuventude de Pontevedra. Guia o boi polo rego porque no abismo do 2014 chega o Master Galego!!

segunda-feira, dezembro 22, 2014

OS IRMÁNS DA GAÉLICA RACHAN AS CADEAS COA SÚA PARTICIPACIÓN OFICIAL NO MUNDIAL DE ABU DHABI DE FUTBOL GAÉLICO!!











Istes días confirmouse sen dúbida o que non só é nova do ano do desporto galego senón que de seguro do que vai de década , a confirmacion da particion da selección galega de futbol gaélico no mundial de Abu Dhabi en igualdade de condicións e de estatus a euipas nacionais coma sudáfrica , arxentina ou estados unidos é algo do que todos nos debemos orgullecer non só do esforzo dos xogadores e xogadoras das dúas ligas regulares que se desputas na Galiza senón da maxistral xestión fóra dos terreos de xogo que propiciou iste fito histórico do que todos galegos e galegas de seus bos e xenerosos imos desfrutar iste próximo 2015. E para que eso ocorra a seleccion nacional de futbol gaélico xa anuncia diferentes iniciativas que se faran públicas en breve para tentar conseguir fondos para que @s nos@s poidan custearse a viaxe ó esceario árabe donde se vai desenrolas iste gran mundial. Dende logo a LNB vai tentar por o seu gran de area para apoiarcoa forza dun xabarín ferido á irmá seleccion galega de gaélico, e para ostra un botón xa que de impactante se pode considerar a mostra de forza dos activistas da Conferencia Andaluza que cun espectacular arsenal de patrocinadores no Aberto de Nadal , o Toxo Verde de Cádiz se inundou de premios do máis variopinto incluido os perigosos bolígrafos vermellos de CC.OO Andalucía.  


















E do marea Andaluza de patrocinadores ó espectacular e impactante milimanlismo arquitectónico dos trofeos-LNB da NorOeste que iste pasado domingo sinalaron os primeiros clasificados do Aberto do Apalpador de Cerceda que coma se dun furacán  de reivindicacion indíxena dos históricos palanadores da Noroeste , Roi , o míticos palanador dos Filloas de Sangue, barreu da pista de xogo a Daniel de Billardeiros Musicais que de seguro pagou moi caro a jet lag da súa viaxe dende as terras do eo.... Billarda Sempre , Adiante o Bendaval Gaélico e Billardeiro!! 

quinta-feira, dezembro 18, 2014

DESPOIS DE MÁIS DE 50 ANOS DE BLOQUEO ECONÓMICO E DEPORTIVO...













As rúas de Louisville en Estados Unidos arderon de emocion ó ver por fin caer o muro da vergoña capitalista que separaba as tribos irmans do Dainty e a Quimbumbia















Coma maxistralmente explicaron ó mundo os sempre embravecidos Ultraqans no seu tema do República Billarda , a Quimbumbia é o xogo irmán da billarda que se practica dende sempre na illa de Cuba , un xogo tremendamente popular entre as crianzas que ten a súa cuna máis potente na zona de Matanzas donde a Qumbumbia como acontece en moitas partes da Galiza a Quimbumbia máis ca un desporte é unha relixión...

















Unha practica a Quimbumbia , que ó contrario que acontece na Galiza , o goberno Cubano promociona entre os seus turistas , unha demostracion palmaria que o noso deporte nacional nas mans duns dirixentes comprometidos co país podería acadar unha dimension estratosféria mais nas mans de quen estamos é o fillo de Julio Iglesias a quen lle pasan a man polo lombo chea de billetes e ós da billarda leña, represión e afogamento..Qumbumbia e Billarda , Deporte e Revolución Sempre!!

terça-feira, dezembro 16, 2014

O APALPADOR PRESENTE NO ABERTO DO GALO E NO SUBCONCIENTE COLECTIVO NO ABERTO DA LARACHA!!


















Catro estacións cara a loucura , isé o título do recentemente editado libro de Evaristo Páramos , exlider de la polla e actual Gatillazo, e que xunto ás ultimas acción literarias de Luis Pirucha , o palanador dos Gharabotos que pola mañá competía en Laracha e facía dobrete en San Miguel , monopolizaron absolutamente as acesas conversas contracultarais a pé de pista na nova edición do Aberto do Galo 2014 , que por incompetencia institucional das autoridades ribadense se tivo que deslocalizar ó pavillóns de San Miguel de Reinante ( Barreiros ).


















Un camiño á loucura que fixo posíel b que o gran palanador da Ekipa " Mondoñedo " xestionara unha vez máis un espectacular galo para que o Apalpador llo puidera entregar en total plenitude emocinal ó gran campoón diste mítico Aberto que foi Markitos de Billardeiros Musicais que nunha serie brutal de 5 plenos acaecidos todos eles pola vía rápida do varado, enviou á lona a todos os seus contrincantes cunha mortífera dose de cloroformo.















Pola parte da Coruña gostan dos almorzos en comunidade poder ser unha das causas polas que o pavillón da Laracha ulira a café recén feito iste domingo cando apartires das 11 da mañá os activistas da Noroeste se reuniran entorno a un Varal para escorrentala xeada da mañán...















Un Aberto no que un palanador do hemisferio Sur " Carolo " fixo valer a súa ferocidade e acerto nunha mañá na que o recordo do siareiro galego dos Riazor Blues Jimmy asasinado en Madrid polo feixismo ultra permanecia xunguido en cada un dos varados dos palanadores e palanadoras da Conf. Noroeste...Billarda Sempre!! 

sábado, dezembro 13, 2014

ISTE DOMINGO PAPÁ PALÁN PROTEXE ÓS KAMIKACES DA BILLARDA NO ABERTO DO GALO DA NORLESTE E NO ABERTO DA AGRA DE LEBORÍS NA NOROESTE!!


















Durante toda ista semana en ribadeo ulíu moi raro ...como a galo mollado , é por iso que visto as imposibilidades que dende as institución deportivas municipais de que o mítico torneo do Galo da LNB se desputase a cuberto os Billardeiros Musicais , coordinadores diste aberto, optasen pola proteccion do pavillón de San Miguel que ofrece a magnífica xestion dos Remourelle Bulls e da Ekipa , equipas enfrontados a morte na pista pero que unha vez máis demostran que cando se trata de desatoar un atasco institucional todos somos un para o bo fluir das implacábeis regos da LNB. Porque cando un responsábel de deportes dun concello X afirma que xogar á billarda a cuberto é unha perda de identidade absoluta do noso deporte nacional para moitos palanadores e palanadoras da LNB cando unha mañá , tarde ou noite de chuvia , xeada ou vento extremo.. un pleno municipal se celebra na comodidade con calefacción e sillas acolchoadas dun salón do consistorio e non fóra á pureza do ceo aberto para nós perde toda a lexitimidade sobre todo se ise goberno se di nacionalista.

















E un domingo máis na frecuencia atlantica da LNB lanzan o berro ben cedo pola mañá de ERGUETE E LOITA!! xa que apartires das 11 h . os activistas da Noroestes reuniranse no pavillón do IES Agra de Leborís para desputrar un novo Aberto puntuábel na Laracha co pouso brutal dos tempos novos , tempos salvaxes...Billarda Sempre, colle o palán e failles fronte!! 

quarta-feira, dezembro 10, 2014

NO ABERTO DAS DEHESAS EN PONFERRADA RECOÑÉCESE POR FIN ....A BILLARDA COMA ANIMAL DE COMPAÑA!!














Ista sábado de novo os palanadores e palanadoras da LNB do Bierzo concentráronse na pista das Dehesas combateren a friaxe a golpexo de billarda e chucasrrasco como ben   anunciaba o cartaz do evento xestinado polos irmans de BillardaBierzo...



















E naturalmente os palanadores e palanadoras do Bierzo non deixaron á intemperie as súas maxistrais billardas polo que as levaron consigo para o Bar do Tío Migui celebraren xuntos e en harmonía o sempre impredecíbel terceiro tempo...e foi alí a pé de barra donde por fin alguen recoñeceu iso que tantos anos levamos perseguinto: - Moi ben , admétese billarda coma animal de compaña!!















Un animal a billarda que non sempre poderá entrar nun local tan referencial coma o bar do Tío Migui acompañado do seu amo , porque como acontece en algun  local , Tío Migui sondea a idea de por un cartaz na porta donde se indique que cada billarda deixe o seu palanador ou palanadora fóra...BillardaBierzo Sempre, Adiante co Varal!!

sexta-feira, dezembro 05, 2014

AS DEHESAS E A TELLEIRA ..AS ALTERNATIVAS CHURRASQUEIRO-BILLARDEIRAS E ANTI-IBI DISTA DILATADA FIND. NO BIERZO E SANXENXO!!



















De novo os irmáns de BillardaBierzo comandado polo referencial Tío Migui asaltan o Centro Cívico Deheas para dende as 16 sementar Ponferrada e o Bierzo todo de billardas afiadas e ósos de churrasco. O que comezou sendo unha brincadeira para arrincar a festa nista find. longa está a medrar de xeito imparábel consolidándose coma unha das datas fixas e refencias dentro do calendario billardeiro de todo o universo LNB. o Evento está funcionar de xeito brutal entre @s activistas do palán do lugar que xa se desafían en plan ultras antes dun almorzo ás sete da mañá. Se estás preparando o GPS para ista dilatada find. , a Billarda e o Churrasco do Tío Migui converten as Dehasas é o teu destino perfecto!!













E simultánea á incendiaria accion billardeiro-churrasqueira das Dehesas en Vilalonga na pista de terra da Telleira celebraráse unha nova enganchada puntuábel da Conf. RíasBaixas e nón só iso senón que os palanadores e palanadoras que participen no Aberto terán a posibilidade de informarse e asinar contra a implantacion do IBI solicitando a revision do mesmo por parte das autoridades municipais do concello de Sanxenxo. Se queres que as cousas sigas como están deitate e quédate na casa , se queres que a túa opinion sexa escoitada , colle e palán e bótate á Telleira...IBI Non , Billarda Sempre!!

quarta-feira, dezembro 03, 2014

ESCOITA Ó TEU PALÁN...


segunda-feira, dezembro 01, 2014

DA ACCIÓN CANTÁBRICA DA AUTÉNTICA Á INVASIÓN ATLÁNTICA DA NOROESTE CO ABERTO DA LARACHA!!

















Un dos Abertos máis agadados da tempada na conferencial noroeste e en toda a LNB era a irrupción billardeira na Laracha , e todas as previsons saltarón polo ar á vista dos espectaculares resultados...
















Chega con ver a luminosidade da faciana do Comandante Collazo , un esturido imneso de ledicia e traballo bo feito alumea a ollada do aborixe e coordiandor do Aberto  que resume ás perfección ó acontecido no pavillon da Xarmaña en Caion recollendo o relevo da Auténtica que tan só unhas horas antes retiña fronte Asturies a mítica Copa Cantábrica...Billarda Sempre , Avante a NorOeste!!