O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 30, 2009

AS ESTORNELAS DA CONF. CENTRO AMIAZAN CON INVADIR A ESTRADA CO SEU LUME BILLARDEIRO!!


Xa podedes ver o espectacular foto-flash do acontecido no último asalto da conf. centro celebrado fai unha semana no polideportivo de Arca , no concello do Pino, atención porque para o 13-D xa teñen sinalado o próximo asalto nun lugar e hora que moi pronto destaparemos. Atención porque os acontecementos sucédense na área estornela xa que dende Terras de Montes , na Estrada anunciase a intención de ser sede dun Aberto puntuábel coordinado pola recén creada equipa local dos Tabeiros, pero non é a única nova exitante que nos asalta niste final de ano, o Aberto da Castanha realizado iste sábado en ourense abríu unha importántísima brecha que pode fructificar en breve na franxa surleste do país, se eres aborixe disas terras ponte en urxente contacto con nós para pasar da retagarda é liña do fronte. Pero non todo son boas novas, cando no horizonte se olla a posibilidade da realización do II Aberto da Auténtica en colaboración cos irmáns de Siareir@s Galeg@s o 26-D no estadio de Santa Isabel en Compostela temos que lamentarnos enormemente que Ugío, un dos palanadores presentes o ano pasado na desputa da primeira edición diste referencial Aberto , non vaia poder estar de novo con nós.


Todo pois listo para Ceivar e ceivarnos e se iste martes estas ceive e andas pola cidade da Coruña facémonos eco da programación do centro social Casa das Atochas que contará cunha mostra de traballos e coloquio posterior coa presenza do referencial ceneasta galego Óliver Laxe , actulamente exiliado en Marrocos e que de seguro sería o mellor dos directores posíbeis para isa explosiva fita que revolucionará os cines do terceiro mundo chamada República Billarda _a película_

domingo, novembro 29, 2009

PIRATAS DISFRAZADOS DE FUTBOLISTAS SECOSTRAN NA CORUÑA UNHA PISTA RESERVADA POLA LNB !!


Espectacular a nova montaxe de Tele-Varal para amosar ó mundo a brutal pegada da proposta LNB que baixo a chuvia e os tronos por primeira vez situaba o seu campo base na pista da Cabana no concello de Foz, fondo sonoro de champions para un estalo dos que deixan pegada , verbas a pé de pista de estrelas coma Edelnilsom ou e Borxa que demostran co seu golpexo continuado que a victoria é nosa e sobre todo nun intres tan duros coma os actuais como xa anunciaba o mesias billardeiro Toño Randeeira...

Que os palanadores e palanadoras non admitamos mercenarios a bordo fixo que os irmáns da Conferencia NorOeste que fai uns días anunciabamanos emocionados que voltaban ó Frontón de Riazor, se atoparan ás 11:00 h da mañán diste domingo co campo de xogo ocupado por unha panda Piratas do atlantico desputando un partido de futbol sala, poden dar grazas ó seu deus , que as dúas dúcias de palanadores e palanadoras mantiveran a calma e non lles partiran as pernas ante iste intolerábel episodio de pirateiría deportiva, é un feito que do que todos debemos sentirnos afortunados. Atención ademáis porque entre as medidas de presión que os compañeiros do NorOeste van tomar vai ser a reactivación do seu web-blog oficial para coordinar mellor as accións e incrementando así a súa pegada.....

Que istes Piratas manteñan as pernas pegadas ó corpo , non exclúe que a LNB tome precaucións polo que xa anuciamos que iste sábado en Ourense , no Aberto da Castanha coordinado xunto cos irmáns de Siareir@s galeg@s, seláramos mediante o xantar dun espectacular CORZO, un acordo de colaboración mutua entre Cazador@s Galeg@s-LNB , unha explosiva alianza entre istes dous grupos armados que en Ourense puxo o primeiro perdigón que nos garantiza alimento e protección niste tempos de fame e pirateiría masiva contra os nosos deportistas.


E coma guinda dun espectacular find no que en Salceda se consolidou o palanadora-power con tres varados realizados por mulleres , a LNB tamén estivo no Open del Bollu Preñau de Xixón para dar a súa cara pola oficialidade da lingua asturiana nun intre no que no país veciño festexan as " primeres 10.000 semeyes" dando a cara pola oficialidá. Aberto que consolida tamén a proposta do CNL e que supuxo o primeiro gran test despois do remate da liga de arrinque . Espor[a] e Quirinal Liriu Espor viron como novos machetadores e machetadoras chegados de Candás e de varios puntos do país astur tomaban posicións para sumarse á tribu Liriu, un torneo no que ademáis hai que destacar a repetición do "encastrau" polo gran Iyán que é o único machetador ate momento que en competición oficial realizou dous encastraus , un amor polo vinilo que ademáis de demostralo na pista de xogo o demostrou na especacular sesión na que execeu de Dj animando o encontro , dende Dixebra ate Michael Jackson , un luxo que puxo a facer o moonwalk á propia Pita da oficialidá. Xermán de Quirinal Liriu Espor fíxose cun espectacular Bollu Preñau nunha moi desputada final contra Carlos de Espor[a].

sábado, novembro 28, 2009

ISTE DOMINGO 29-N, NO Frontón de Riazor: ARRINCA O LUME NA CONF. NOROESTE!!!


Dende fai tempo o frontón de Riazor, na Coruña, acolle deportes e deportistas do máis variado polo xeral veladas de boxeo, kick boxing ou full contact son os máis frecuentes compañeiros de viaxe dos pelotaris coruñeses, pero dende iste domingo 29-N , a partires das 11 h. da mañá, os palanadores e palanadoras da Conf. Noroeste voltarán a pisar o ring para rachar co maleficio que mantiña paralizada a acción nista referencial conferencia atlántica da LNB. / Contacto 667.372989

Mentras chegan extremecedoras novas dende o hemisferio Sul , un corzo no estómago dos palanadores e palanadoras no Couto coma único antídoto posíbel ante os caldeiros de auga que enlaman de xeito infernal o céspede convertindo en misión case imposíbel levantar a billarda do chan. E en Salceda , Total revolución feminina coa conversión de 3 Varados polas palanadoras convertindo a Lorena dos 13-14 coma campiona entre as mulleres e ó palanador local dos Pincharango, Lemos, coma campión absoluto diste primeiro Aberto baixo teito na sempre poderosa e dinámica Conf. Sur......adiante pois coas varadas coma gran referencia dunha revolución que se abraza á chuvia, os tronos e ós lóstregos!!

sexta-feira, novembro 27, 2009

OURENSE , SALCEDA , XIXÓN E A QUINI-BILLARDA.....A PODEROSA ALTERNATIVA Á ESTRUME MEDIÁTICA DO CAMP NOU!!


Chega a LNB a Euskal Herria e inmediatamente saltan as alarmas , as pantasmas dos rexistros e interrogatorios brutais ós membros do equipo que editan O Varal e @s palandor@s e txirikilaris que a fixeron posibel esta xesta invaden inevitábelmente o maxín dos millerios de varado-adict@s ante a parálise informativa de máis de 48 horas que tivo a medio país e a parte do estranxeiro en vilo durante máis de dúas noites seguidas, pois ben xunguímonos de novo para tranquilizar á audiencia e comunicar que non tivemos detidos senón que tivemos tomando e sobre todo dando moita, moita canha......bat, bi ,hiru, arrincamos:

Exitazo billardeiro nos xogos Galaicos Durienses, varias pistas simultaneas de billarda donde Mario e o seu equipio de activistas pertencentes á Asociación de Xogos tradicionais de Compostela dirixiron e coordenaron a experiencia xunto coa competición de Bolos e Chave e xa nos comunicaron o interese brutal dos palanadores lusos para a unha xa máis que posíbel imersión da Auténtica en terras Portuguesas, a única eiva nistes xogos é a exclusión da CHEGA DE BOIS , unha disciplina deportiva que a LNB sempre vencellou irremediábelemente á tripeta billarda, bolos , chave e mais cando os irmáns da universidade de Tras os Montes, paraiso natural diste deporte, están presentes nistes xa referenciais xogos Galaico Durienses.

Pero xa inmersos na gran encrucillada billardeira dista find, como anunciabamos fai uns días tiramos de cabeza cara ó Sul e fecémolo da man dos irmáns de Siareir@s Gasleg@s que preparan a patada nos fuciños como resposta o 26-D en Compostela á parálise institucional da selección galega de futbol e fano celebrando unha xuntanza nacional iste sábado en Ourense que dará comezo cun explosivo Torneo de Billarda na explanada fronte ó campode futbol do Couto intitulado coma Aberto da Castanha, xantar de irmandade , eleboración de faixas pola oficialidade das selección galegas no contexto internacional e no serán partido de rugbi entre Ourense -Resto das Comarcas, non agardes máis e entra na gran melée billardeira do hemisferio Sul...xantar 10 euros , anótate canto antes: siareirolololo@gmail.com



Hemisferio Sul no serán do sábado recibirá unha monumental chuvia de Pinchas enviadas coma ducias de patadas a seguir dende Ourense a Salceda polo exercito de palandores e palandoras congregados por Siareir@s. A cita é este sábado ás 16 horas no pavillón de Salceda de Caselas, organizado por Pincharango. Meteogalicia prognostica ameaza chuvia: de ser ese o caso, xogaremos no pavillón. Se non chove, xogaremos mentres o día aguante nas pistas de terra que hai fóra. Especial mención os patrocinadores e Colabroradores diste torneo organizado por PINCHARANGO : Relojería Arturo , Charango Café , Club Xadrez Altamira e o Concello de Salceda establecementos , clubes e institucións que dan o paso adiante apoiando iste noso deporte e amosando que o patrocinio de Abertos LNB é beneficioso para todas as entidades implicadas, exemplo iste que agardamos se cunda en tódalos frontes abertos, ademáis, temos que destacar por rida de todo a defitiva implantación en Salceda da QuiniBillarda, se estás buscando unha alernativa á patética montaxe do Barcelona-Madrid de futbol diste domingo a LNB-Sur proponche un explosivo xeito de combater a monopolio de apostas cunha Quini-Billarda que xa se está estudando espallar ás demáis conferencias e incluso axilizar a posta en marcha das apostas pola rede, de momento..... o teu coche ou a túa casa xa podes pola en xogo iste sábado en Salceda.


Un país , un himno e unha selección , isa é a máxima que defende a Auténtica en cada unha das súas acións , unha derrota coma a colleitada na III edición da Copa Cantábrica e que agora TELE-VARAL destapa na súa total plenitude cunha espectacular crónica-audiovisual que incrementa a lenda dun equipo que levou consigo toda a forza do gran capitán Calvete que aínda segue convalecente da súa doenza e en compaña do cal tod@s queremos voltar recuperar a Copa Cantábrica na vindeira edición dista referenical competición.


E ademáis a guinda a un novo explosivo find. billardeiro a poñen os irmáns do CNL (Conceyu Nacional del Liriu) de Asturies celebrando en Xixón o I Open Bollu Preñau na pista do Muséu del pueblu d´Asturies donde estará isa gran estrela e primeiro campión nacional Asturiano chamado Sergio , machetador Xixonés dos Espor[a] e un dos máximos candidatos nas apostas da posíbel QuniLiriu a meterlle o dente ó espectacular Bollu Preñau que a partires das 12:00 h. diste domingo se vai desputar. Colle pois os paláns e as billardas e respondelles loitando e apostando ó monopolio mediático!!

terça-feira, novembro 24, 2009

FILIPE LEHENDAKARI!!

FOTO-VARAL: I Aberto de Pasaia Txirikila-LNB!! Coa selección de Euskal-Herria de txirikila xa en marcha, co seu seleccionador Joam Mourinho engraxando a maquinaria dos txirikilaris euskalduns só faltaba que unha das súas estrelas collera o micro para explicar a dinámica de xogo diste deporte que se espalla imparábel xa polas indomábeis terras bascas. Filipe , o terceiro clasificado no I Aberto Pasaia e referencia absoluta ó carón de Maite e Kepa no universo txitrikila é o encargado de mutarse en versolari para euskalfonia do mundo enteiro armado coas palabras e o paus da victoria....afinade o ouvido porque dende o euskaltube se nos sirve iste explosivo estalo que fará história>>Magosto 2009 jaiaren baitan, billarda jokoaren txapelketa egin zuten Donibaneko Santiago plazan 2009ko azaroaren 14an. Joko tradizionala da Galizian billarda, Euskal Herrian Txiribila izenarekin ezagu..

segunda-feira, novembro 23, 2009

GALIZALIVRE CONVÉRTESE NO 1º MEDIO NACIONAL EN ESPALLAR O LUME DE TÓDAS CLASIFICACIÓNS LNB!!


Coma o lume na herba seca......así se espalla imparábel a revolución billardeira e máis nun día coma hoxe no que os irmáns do portal Galizalivre dan o paso ó fronte para converterse oficialmente no primeiro medio nacional con seguimento das clasificación de tódalas conferencias da LNB, un feito de dimensións históricas que lle dá un impulso de cabalo salvaxe ó recoñecemento dos deportistas da LNB , pero non vai ser a única constatación palpábel nas pistas da LNB xa que moi pronto de seguro aparecerá a publicidade diste noso portal irmán ó carón das fiaxas da Galicola , que se converteu xa en bebida oficial diste deporte polo que estamos traballando a reo para que abastecer tódas pistas da LNB de burbullas anti-imperialistas, mención especial ó feito que vaios palanadores por medio da Galicola combateron xa varios controis de alcoholemia postos polas forzas de represión preto das pistas de xogo buscando por medio das multas castigar ós practivantes diste poderoso deporte chamado billarda no que o único pecado que cometemos é golpexar co pau e coa ialma.

domingo, novembro 22, 2009

QUEIXO , CHOURIZOS E CHICHARROS LAÑADOS PREPARAN O TERREO PARA A GRAN ESPETADA


Xornada de éxito rotundo nos dous frontes simultaneos abertos niste find pasado por auga e vento, Foz Chicharreiro cunha avalancha de palanadores e público famento de billarda achegouse ó campo da Cabana para desafiar ás nuves que non soportaron a presión e uníronse á festa cunha espectacular chuvia final. Especial mención á inmersión de palanadores focegos coma Jorge e a unha nova irrupción da franquicia luguesa do Madia Leva con Angela e Borxa coma puntas de lanza dunha revolución que peta na muralla con ise outro aborixe lugués de adopción chamado Toño Randeeira . E baixo as euralitas do pavillón do Pino a poderosa tribo estornela golpexaba co pau e coa ialma de xeito case suicida coma o caso do palanador de xogos-tradicionais compostela Mario , que dasafiou á gravidade para facerso co terceiro posto no podium e desfacerse así do txirikilari de Moaña Xosé Miguel , Toño segundo e Iván primerio foron os dous furabolos que se fixeron con queixo e cos chourizos que os acreditaba coma campións dista nova xornada puntuábel na conf. centro.


A plana maior da Pomba do Arco axudou na coordinación diste Aberto Chicharreiro co cal a LNB quere aportar o seu gran de area na celebración dos 20 anos dista referencial asociación focega ó pé do canón na defensa da cultura do país.


Final a tres entre Reies dos outros, Ginés dos Bulls e Daniel dos B.M e novo selo de calidade do dos Remourelle que lañou a victoria cun espectacular Varado, resaltar a impresionate serie de Reies que se consolida coma unha das grandes estrelas da competición apuntando xa moi alto e sen renunciar xa a nada. Con Ginés abrazado a unha caixa de chicharros lañados rematou unha nova e espectacular xornada na Conf. NorLeste, punto seguido para unha semana que o martes xa ten nova parada ista vez na universidade de Compostela toma nota: juanmaria.perez@si.usc.es / 981 563100

A BILLARDA DEPORTE OFICIAL NOS XOGOS GALAICOS DURIENSES!!


Universidades participantes:

  • Universidade de Minho
  • Universidade de Porto
  • Universidade de Tras os Montes e Alto Douro
  • Universidade da Coruña
  • Universidade de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela (Organizadora)
Lugar: Campo de Fútbol da USC, Campus Sur
· Xornada de Aprendizaxe:

Martes, 24 de novembro de 2009. de 16.30 – 19.00 horas.

- Explicación do regulamento.
- Aprendizaxe e Práctica.

· Competición:

Mércores, 25 de novembro de 2009: ás 16.30 horas, Comezo da Competición.

E PARA O VINDEIRO SÁBADO>>OURENSE ACOLLE O ABERTO DO PORCO Ó ESPETO!!


E confirmado xa : sábado 28 ás 12:00 h na explanada do estadio do Couto de OURENSE : ABERTO DE BILLARDA do Porco ó Espeto organizado por Siareir@s Galeg@s e a LNB nunha xornada que se completará co explosivo xantar dun PORCO ENTEIRO Ó ESPETO e un partido de rugby no serán entre os combinados de Siareir@s-Ourense vs Siareir@s resto do país. Xa sabes se queres xogar en Salceda en plenitude absoluta pásate antes por Ourense nunha explosiva find de melées , billarda e porcos ó aspeto na sempre imprevisíbel e sorprendente Conf. Sur.

sábado, novembro 21, 2009

ULTIMA HORA: A LNB CONSEGUE CHICHARROS XA LAÑADOS PARA O VENCEDOR-@ DO ABERTO DE FOZ !!


Un luxo ó alcance só dun poucos ó longo do mundo , os sevicios de abastecemento da LNB deron o paso ó fronte e no último suspiro podemos confirmar xa que no Aberto de Foz o premio serán chicharros xa lañados.....sabor salgado con marca LNB que de seguro fará que o gañador ou gañadora do Aberto na Conf. NorLeste durma abrazado a un feixe de botellas de viño para calmar a sede de victoria que proporcionarán os chicharros lañados. Avisamos, a cita no campo da Cabana polo que palanador@s , machetador@s, txirikilaris...vinde con roupa de augas e paraugas porque non hai volta atrás. E atención porque para previsores na Conf. Centro donde golpexarán a estornela co pau e a ilama pero a cuberto no Pavillón de Arca do concello do Pino, pero non acaba ahí a cousa xa que permanecede atentos á pantalla porque completaremos o album Txirikila cunha explosiva explicación das bases do deporte da txirikila en euskera polo txirikilari Filipe , 3º clasificado no Aberto de Pasaia e un dos xa case fixos da alineación da selección de Euskal Herria que xa estuda achegarse á galiza para a desputa do Copo das Nacións sen estado.....palán ergueito na fronte unha estrela!!

sexta-feira, novembro 20, 2009

DO NORLESTE Ó CENTRO.....FIND CON EXQUISITO SABOR SALGADO!!


20 anos cumpre A Pomba do Arco de Foz unha das asociacións culturais referencia absoluta na defensa da nosa cultura non só na mariña senón no país enteiro e naturalmente a LNB quere mostar o seu recoñecemento achegándose por primeira vez á vila de Foz para por o seu poderoso gran de area na celebración distes 20 tiróns de orella. Chega pois a serpe multicor da LNB para desputar o Aberto puntuábel do Chicharro Lañado, petisco emblema absoluto de Foz e da súa festa principal , a do Bispo Santo, chicharros salgados, un manxar só ó alcance do gañadaor ou gañadora dista brutal enganchada na pista da Cabana , xusto pegado á praia da Rapadoira. Atención porque a LNB xa ten 3 kilos de chicharros frescos e sen lañar xa que preferimos que sexa o vencedor do aberto quen se déa o gustazo de lañar os peixes ó seu gosto e prace, as indicación básicas para un bó lañado son: Abrir e limpar o chicharro e logo metelo en auga con sal durante cinco minutos , logo secalo portexido por un pano mosquiteira. O punto de sal conséguese cando se bota unha pataca e frota, logo a cociñalo , ben cocido con cachelos ou á grella. E atención porque Foz é sitio con moito asturiano e basco asentado na vila , pode pois que machetadores e txirikilaris acodan á loita polo chicharro e de paso amosarse para formar parte das súas respectivas seleccións nacionais...


E se de selección nacionais falamos , a que se vai montar no Polideportivo da Arca no Pino iste domingo pode ser monumental porque se prevé a confirmación absoluta para que a Conf. Centro se convirta nise pulmón LNB que capitalice as accións na cidade do país, no horizonte a posibilidade aberta da realización do referencial II Aberto da Auténtica en Alianza cos irmáns de Siareir@s Galeg@s que coma a LNB vanlle dar ás costas ás institucións deportivas galegas e celebrar a finais de decembro o partido da selección de futbol no campo de Santa Isabel en Compostela, goles e varados.....para un futuro lañado!!

quinta-feira, novembro 19, 2009

"MOURINHO" É NOMEADO POLOS TXIRIKILARIS SELECCIONADOR DA PRIMEIRA TXIRIKILA EUSKAL HERRIKO SELEKZIOA!!


Atención porque xa recibimos as explosivas foto reportaxes da irrupción Txirikila en converxencia coa LNB polo que poden arder as pantallas cando o abrades e ademáis temos que pregarvos que vos sentedes porque o que imos anunciar pode darlle mal a algún: EUSKAL-HERRIA XA TEN SELECCIONADOR NACIONAL DE TXIRIKILA!!. Novas de combulsión absoluta entre os txirikilaris esukaldúns despois do Aberto de Pasaia que decidiron por unanimidade absoluta nomear a Joam Mourinho coma seleccionador nacional para comezar a preparar xa o combinado basco que chegará á Galiza para desputar o primerio Copo das Nacións . Non hai verbas para describilo senón bares e Abertos para celebralo e irse preparando....en Foz os Chicharros xa están a remollo en auga salgada para o domingo lañarse xunto cos palanadores e palanadoras da Conf. NorLeste e simultaneamente no pavillón do concello do Pino cita baixo teito da tribo da Conf. Central... gora, gora , gora Txirikila Euskal Herriko Selekzioa !!

quarta-feira, novembro 18, 2009

SUDAN-LNB.....A MESMA SANGUE, OS MESMOS SUORES ANTE O QUE SE NOS VEN ENRIBA!!


Normalmente non falamos do deporte comunmente denominado coma ópio do pobo, pero hoxe imponse unha excepción motivado polo brutal do acontecemento que iste mércores se lle ven enriba ó gobernador da cidade sudanesa de Jartum, Abdelrahman al-Khidr, que dende o pasado domingo prepara o partido de volta clasificatorio para o mundial de sudáfrica entre as seleccións de exipto e arxelia que tiveron que exiliarse en suposto campo neutral para neutralizar o conflicto xerado no partido de ida no que os exípcios case degolan ó combinado e afeccionados arxelinos. Un 2 - 0 é o que teñen que remontar con suor e sangue os arxelinos no fervedoiro do estadio Sudanés , nunha conflontación a morte dentro e fóra do estadio que ista find vai ter a súa continuación en territorio galego cos dous abertos puntuábeis do domindo na Conf. Central no Polideportivo do Pino e na Conf. Norleste co estreo LNB no corazón da vila luguesa de Foz no campo da Cabana....e isto non é máis ca o principio xa que Salceda se confirma coma sede para o sábado 28-N dunha nova enganchada na Conf. Sur coa que aspiramos extender o conflicto tamén á Conf. NorOeste, ate o gobernador de Jartum ten os ollos postos nistas nosa República Billarda irmán en sangue e goberno á do Sudán....irmáns , irmáns galegos, que corra o sangue a regos dende a montaña ó mar!!

segunda-feira, novembro 16, 2009

Txirikila-Telebista e Tele-Varal>> EXPLOSIVA ENTREGA DE PREMIOS BAIXO O PRISMA DA NOSA TAN DESEXADA GALIZA BILINGÜE!!


Documento de dimensión histórica, por primeira vez Txirikila-Telebista e Tele-Varal emiten na mesma frecuencia para demostrar ó mundo nunha espectacular entrega de premios a pé de pista do I Aberto de Pasaia de Txirikila-billarda cal é o noso xeito de entender o bilingüismo amábel. Filipe, Maite e o campión diste I Aberto de Pasaia, Kepa son xa os nomes referencia absoluta nun deporte ,o da txirikila , que volta a rexurdir nas terras da irmán Euskal-Herria e énchenos de orgullo ser a LNB quen déa ise sempre fundamental empurrón para que o veleno da serpe se introduza tamén nos corpos dos palanadores e palanadoras bascas. E ademáis luxo absotulo que fora Santi Gomes quen representara á LNB nista referencial entrega de premios mentras o comandante Moaña exercía de reporteiro de guerra para capturar iste documento no que o Mourinho , coma experto conductor do acto, senta as bases do bilingïsmo amábel que exixe impantar a LNB en todas as escolas galegas....galego e euskera: billarda bilingüe xa!!

domingo, novembro 15, 2009

TXIRIKILA-BILLARDA: MEDO , PÁNICO, TERROR ... A UN PLANETA BASCO !!


Recordamos o inxerto sonoro de Reixa na obra dos Negu-Gorriak para apresentar o estalo-fotográfico de dimensión histórica sobre o que tendes os ollos postos, a tan desexada irrupción da LNB nas terras da Euskal Herria producíuse ista find na Praza de Santiago de Pasaia, atención porque isto é so un adianto do extremecedor documento videogáfico que xa temos nas nosas mans e que deixará xa ás claras que a txirikila e a billarda se misturan xa de xeito imparábel coma as linguas do país basco e galiza na lingua de Mourinho , o representante LNB en Pasaia. Maite e Kepa foron ademáis os nomes propios dunha final de infarto nun Aberto que deixou ás claras o poder e a contundencia dos palanadores e palanadoras bascos acadando ambos postos finalistas transladando a precisión e a forza dos pelotaris ó golpe preciso sobre a Txirikila producindo ademáis un feixe enorme de Varados e consolidando a espectacularidade diste deporte que se espalla xa polas terras da Euskal Herria coma o lume na herba seca. Non perdedes a sintonía porque o comando formado por Santi e Xosé Miguel deixou atado e ben atado a compromiso de fluxo continuo de ambos afluentes para alimentar ise brutal río billardeiro que xa amiaza con desbordase e levar todo por diante.....

sábado, novembro 14, 2009

TXIRIKILA-BILLARDA: OVARAL-MORSE!!

Txirikila, salta periko....o desporto da billarda ista find. sáe defitivamente da cova do esquecemento na Euskal Herria, e por se non foran pouco os episodios represivos continuados nas carnes dos palanadores e palanadoras de tódalas conferencias tiña que vir a gripe A e cebarse tamén nun dos expedicionaros da LNB, Viana , o palanador que ía comezar de seguro unha meteórica carreira coma conferenciante en Pasaia, caeu vítima da febre polo que Santi e Xosé Miguel tiveron que ser os dous cabaleiros da apocalipse billardeira que se enfrontaran ó desafío da txirikila nas terras da irmá Euskal-herria, narración ista que de seguro dará para un episodio do libro-disco da Republica Billarda que podemos adiantar akí en explosiva mutación de mensaxe sms chegado dende a propia Praza de Santiado de Pasaia donde se celebraba o I Aberto Txirikila-billarda: Exitaxo da palestra. Máis de trinta persoas. había xente adestrando pa manhan ,moitos rapaces polo q xa hai cantira en E.H!! . Mensaxe recibida na madrugada do venres. Moi aténtos á pantalla para seber o desenrolo dista hitórica xornada!!

quinta-feira, novembro 12, 2009

ISTE SÁBADO CHEGA A LNB A EUSKAL-HERRIA: TXIRIKILA-BILLARDA >> I PASAIAko BADIA IREKIA!!


TODO XA EN MARCHA, A AUTÉNTICA CONTINÚA CONTRA VENTO E MAREA TRAZANDO O SEU PROPIO E BRUTAL CAMIÑO E ISTA FAINO PENETRANDO POR PRIMEIRA VEZ NAS TERRAS IRMÁNS DE EUSKAL HERRIA. ATENCIÓN PORQUE SE CONFIRMA UNHA TRIPLETA DE AUTÉNTICO LUXO: SANTI, XOSÉ MIGUEL E VIANA FORMARÁN O COMANDO BILLARDA QUE O VENRES TENTARÁ CHEGAR XA Á CHARLA NA QUE SE PROXECTARÁN VIDEOS DE TELE-VARAL E VIANA XUNTO CON XAN ( O EMBAIXADOR LNB EN PASAIA) CONDUCIRÁN O DEBATE "TXIRIKILA-BILLARDA PRESENTE , PASADO E FUTURO NA GALIZA E EUSKAL-HERRIA"



E despois do obrigado paso polas tabernas do pobo , o comando LNB xa misturado coa tribu txirikila realizarán o sábado a primeria gran e histórica acción da LNB co Txirikila-bai , un pequeno paso para o palanador ou palanadora pero un enorme paso de consecuencias impredecíbeis para a revolución billardeira. Atención porque en Pasaia quedará a semente xa para que nun futuro próximo a camiseta selección Basca de Txilikila atope calor e corpo , un feito que todos desexamos coa forza dun xabarín ferido......e se nón, tempo ó tempo!!

.....E NO HOTIZÓNTE XA SE ALVISCA O "EUSKAL OILOA IREKIA" !!


Iste sábado coa celebración do I Aberto Aberto de Txirikila-billarda en Pasaia aséntase e tóma forma o primeiro contacto que pasa como todos sabemos por constatar defitivamente o asentamento da revolución en terras bascas do único xeito posíbel: Coa celebración no futuro do EUSKAL OILOA IREKIA , o Aberto do galo autóctono basco que non deixará a naide indiferentes en ningún dos dous países....ide pois preparando xa os paláns e pasaportes!!

quarta-feira, novembro 11, 2009

MAFIA-GALEGA COMEZA CUN INCENDIARIO ESTALO EN RADIO-VARAL A SÚA EXPLOSIVA XIRA GALEGA POR MEDIOS!! [ faya]

Non podía ser doutro xeito , Arrinca iste xoves no Planeta Furancho a xira galega de medios de Paco Galego , o Al Capone da rima e da billarda que desembocará o domingo nunha de seguro explosiva pelexa de galos radiofónica e billardeira con ise home da sempre perigosa familia billardeira que leva o nome de Sak. Pero antes de emprender rumbo , Paco deixou pegada sonora en Radio-Varal , ise medio que volta as trintreiras do bares despois do tan celebrado bautismo de cervexa propiciado polo comandante Randeeira.

Patacas , cervexa e faya nos cigarros dan a iste estalo unha dimensión histórica polo que se conta e polos pilares que quedan chantados no bar cantón de Lourenzá para construír a definitiva dimensión internacional de revolución billarda. Paco dise falabarato , pero a realidade é totalmente a contraria , afirmacións puras e duras cun incríbel coñecemento de causa , a única B.S.O posíbel para a serpe de carros que iste venres parte dun punto da conf. sur dirección a Euskal Herria para realizar o sábado 14 o primeiro Aberto de txirikila-billarda na vila irmá de Pasaia , donde as billardas van quedar enterradas na terra para sementar isa revolución hoxe máis posíbel ca nunca, tamén nas terras bascas.

Paco desafía á métrica en cada rima e desafiou tamén o sono na súa histórica participación na III edición da Copa Cantábrica. Agora que se óen lamentos pola falla de orzamentos ....Pako pon riba da mesa as únicas alternativas posíbeis a aquela pilula-alucinóxena que cegou a moitos niste noso país de miopes , que se deu en chamar plan estratéxico dos xogos tradicionais , na súa espectacular análise da inmersión coa Auténtica e no desenrolo do presente e futuro dunha revolución en marcha que dende Lourenzá, nucleo primario compartido pola Mafia Galega e pola LNB, amiaza xa europa e o mundo enteiro!!

AUTÉNTICA: PREFERIMOS PERDER ERGUEIT@S A VIVIR E VIAXAR AXEONLLAD@S!!


Non podían faltar..... bota un pé fóra a Auténtica e saltan todas as alarmas , de novo a expedición galega sentíu o alento na caluga da policía no seu desprazamento ó país asturiano para desputar a III edición da Copa Cantábrica. Un novo episodio de acoso ós palanadores e palanadoras da LNB que pon en alerta total á expedición que iste venres parte cara Euskal Herria dende a Conf. Sur.


Un novo episodio de acoso que fai que o comando LNB que parte cara Pasaia para desputar o I Aberto de Txirikila-Billarda coordiando polos irmans do Txirikila-bai e a LNB , tome todo tipo precaucións á hora das comunicación telefónicas , motivo polo cal, non daremos o itineraio para salvagardar a seguridade dos nosos palanador@s desprazados.


Esperta pobo , Adiante co Varal....ise era o lema que levaba escrito na fronte a Guagua da LNB, ise é o lema escrito nos paláns e billardas de toda unha tribu que prefire perder ergueita calquera partido , a vivir e viaxar axeonllada.

terça-feira, novembro 10, 2009

UNHA MOLLADURA QUE FAI MEDRAR O MITO BRUTAL DA COPA CANTÁBRICA!!


Aterrados no país e coa Auténtica preparando xa os seus novos retos que pasan pola xira de medios do palanador galego do Olimpique de Xenebra "Paco Galego" que estará ista semana en Planeta Furancho e Radio Oceánica , programas ambos da Radio Galega Música e que será a antesala brutal da serpe de carros que partirán dende a Conf. Sur iste venres cara terras de Euskal Herria para o sábado 14 realizar o tan desesaxo soño da primeira inmersión da Auténtica en terras bascas co histórico e explosivo I Aberto de Txirikila-Billarda na vila de Pasaia. Atentos ás pantallas porque se está cocendo unha moi grande, mentras temos que almorzar ollando titulares na prensa asturiana que incrementan o mito dunha competición que na vindeira edición a Auténtica chegará disposta a facerlle tragar as verbas ó iluminado que deixou escapar ista xoia de titular por moita molladura que tivera por dentro e por fóra.

segunda-feira, novembro 09, 2009

MEXILÓNS DE MOAÑA E FORZA NATIVA!!


Buscando acocho e esquivando os atrancos que a xungla dixital tamén nos pon á hora de realizar o noso propio traballo creativo , Tele-Varal busca refuxio nos diversos servidores de imaxes para ó mesmo tempo que reivindicar as licenza abertas ter tamén claro o noso profuno afan apropiacionista porque a música coma o ar é de quen a respira. Moaña proclamou a Amil campión do Aberto puntuábel e os paquete pinchas votan facerse co espectacular saco de mexillóns autóctonos enriqucendo así a dieta LNB das conferenicas do interior que apostan firmemente pola laconada como moeda oficial dise noso futuro estado soñado. Menú explosivo o que agarda na proxima embestida da Conf. Sur polo que no restaurante imposíbel xa tremen ó non saberen se haberá pratos para tant@s....Laconada e mexilóns autóctonos moedas oficiais da República Billarda xa!!

A REVOLTA DOS NATIVOS NOS ABERTOS LNB!!

...e antes de disporse a tirar da corda na xungla dos desportos bravús , os enviados especiais do Varal ó castañazo rock puideron articular unha serie de palabras entre as que puidemos distinguir a xa mítica frase: - máis de 30 palanadores no Aberto do Castañazo no que gañou un nativo...., un luxo ó acceso de moi poucos medios , Al Jazeera e nós, unicamente poden ter enviados de guerra do calibre de Gil e Rubén que sempre están na primeira liña do fronte sen medo ás balas do imperio do mal. Pero non foi o único arrebato indixenista da find, xa que o venres en Lugo os compañeiros da asociación Toma Castaña e a LNB realizaron un explosivo Aberto no serán que tremeu ate o despacho dise tal Orozco .....magosto , galicola e billarda....fai 20 anos caeu o muro de Berlín , co indixenismo billardeiro na cidade de Lugo aqui periga ate a muralla!!

domingo, novembro 08, 2009

CAE A AUTÉNTICA EN TERRA ALLEA!!


Cunha dignidade a proba de bombas caeu a Auténtica en terra allea [31 carreiras a 25] , unha valentía que da que naide pode persumir ate o de agora, a Selección Galega de Billarda chegou a Piedras Blancas autoxestionándose a súa viaxe e sen deberlle nada a naide, ademáis despedímonos orgullosos dos nosos anfitrións asturianos acudindo á súa sede social en Avilés, o Bar Timo , para compartir con eles a dóbel ledicia de levarse a copa cantábrica e o palanador, Sergio de espora, ser o vencedor do lacón internacionalista.

O análise de todos e cada un dos palanadores da Auténtica ás ordes do seleccionador nacional Ginés Rodríguez non pode ter outro denominador común ca o do compromiso total coa causa da Auténtica, tod@s sen excepción tentamos rachar o cerco asturiano pero o día e a sorte non nos acompañou en absoluto, dende a espectacular participación de Paco Galego do Olimpique de Xenebra pasando polos históricos Ana e Servando exiliados en terras avilesinas que uniron as súas forzas á Auténtica ate a mítica capitana nacional Carninha tentamos con uñas e dentes defender a posesión da Copa Cantábrica pero nista edición non puido ser, a copa está agora en teito asturiano polo que eles porán data e condicións para a súa defensa na vindeira tempada, nós agora , xunguir a xugada de bois para seguir sementando unha terra que nos pide billarda a berros.....beizóns a tod@s e adiante porque a victoria é nosa!!

sábado, novembro 07, 2009

ULTIMA HORA: A III COPA CANTÁBRICA SERÁ INDOOR [ pavillón de Piedres Blanques]


O pavillón de Piedres Blanques (asturies) acollerá ista 3º edición da Copa Cantábrica por mor das condicións climatolóxicas que impiden a desputa na mítica pista de Piarnu. Será pois a primeira vez que as seleccions nacionais de Asturies e Galiza se vexan as caras baixo teito, a cita iste domingo 8-N a partires das 11:30 h. Cuspindo nas mans para aló vai a Auténtica.... e no brazo unha estrela !!

quinta-feira, novembro 05, 2009

A PxA (Plataforma de xestión da Auténtica) APRESENTA A LISTA DE CONVOCAD@S PARA A DESPUTA DA III Copa Cantábrica!!


A LISTAXE DA AUTÉNTICA PARA A III EDICIÓN DA COPA CANTÁBRICA NON PODE TER OUTRA IMAXE DE CABECEIRA QUE NON SEXA A DO NOSO CAPITÁN HISTÓRICO QUE ISTA EDICIÓN NON PEDRÁ ESTAR CON NÓS NA PISTA DE PIARNU Ó ATOPARSE EN FASE DE RECUPERACIÓN DESPOIS DUNHA PEQUENA INTERVENCIÓN QUIRÚRXICA , TODA A AUTÉNTICA QUERE ENVIARLLE FORZAS PARA A SÚA PRONTA RECUPERACIÓN E PODEMOS AFIRMAR QUE CADA GOLPEXO NOSO SERÁ UN GOLPEXO DO GRAN MESTRE CALVETE...Adiante a Auténtica!!

Listaxe de convocados: Ginés Rodríguez ( seleccionador-xogador) , Carmiña, Bixi, Xosé Manuel-bítere, Arturo , Moisés-xove , Cristian-xove ( tocado polo que o staff técnico decidirá antes do partido a súa participación) , Servando , Ana , Paco Gallego, Alex , Andrés, Suso, Lucia, Marcos, Eric, Geny, Jose, Paloma, Reyes, Guille , Daniel, Franco, Markytos , Toño, Tereixa , Xosiño , Xermán.

-Staff técnico: Tere e Toni

- [Lola, Urbano, Hugo>> palanador@s LNB de nacionalidade asturiana que xogarán coa selección asturriana]


Atención porque nista edición da Copa Cantábrica A Auténtica estreará oficialmente o himno credo por xabier cordal polo que ademáis de quentar as bonecas é imprescindíbel quentar a gorxa tamén , polo que haberá ensaio xeral durante o desprazamento na Guagua que partirá da estación de Ribadeo ás 9 h. Especial mención a todos os seleccionados nista ocasión xa que serán os máis auténticos sen lugar a dúbidade de todas cantas convocatirorias foron realizadas xa que ademaís cada palanador costeará o seu billete de bus cun custe de 10 euros e o seu xantar de 12 euros nunha Casa Orosia que promete realizar unha fabada disas que fan história.

Aviso para navegantes pois, se algún despistado está pensando en meterse na LNB para pasear de balde e paparotar á conta dalgunha subvención equivócase de sitio, a Auténtica só pode prometer sufrimento e autoxestión, é por elo que saudamos con orgullo e ansias mil a invitación da xente do Conceyu Nacional de Liriu que incluso xa xestionou un pavillón en Piedras Blancas para desputar o partido en vista do complicado das condicións climatolóxicas. Esforzo o dos irmáns do Liriu que se verá recompensado cando os lirius e as billardas formen unha vez máis xuntos para combatir como di o noso himno ás forzas do imperio do mal....esperta pobo, Adiante co Varal!!

DOMINGO 8-N / PLANIG DA VIAXE:

9 h: Saída da Guagua da LNB da estación de buses de Ribadeo.

11:30: Comezo da Copa Cantábrica en Piarnu

14:45 h : Xantar de irmandade na Cara Orosia

16 h: desputa do Aberto do Lacón Internacionalista

18:30 h: Visita ó Bar Timo de Avilés e sede na cidade do CNL

19:30 h: Regreso á Galiza

CATORCE LACONADAS , A CHAMPIONS-LI E UN FIND DE LOUCURA BILLARDEIRA!!


Por se alguén dubidaba do impacto social da proposta LNB , akí tendes a resposta!!. Luis Dávila, armou iste espectacular estalo billardeiro que inxertou ista semana na súa tira que regularmente publica o faro de vigo, un fito de dimensións descoñecidas ate o de agora e que pasa xa a formar parte dos arquivos históricos da LNB e formará parte sen dubidalo das reseñas creativas do libro-disco da República Billarda. O grande Luis Davila amplía o campo de acción da revolución billardeira e o sumerxe de pleno os paláns manchados de tinta no mundo da banda deseñada que de seguro seguirá dando os seus explosivos froitos. Xabier Cordal , Santi Jaureguizar, Luis Dávila, Rubén Ruibal.....a nómina do exercito billardeiro das letras e debuxos bota para atrás , únete á revolución!!

E Atención porque ademáis coas lacoadas no horizónte e co país enteiro comendo as uñas agardando pola lista de convocados da Auténtica para defensa da Copa Cantábrica diste domingo , apresentamos xa o adianto de axenda para iste find de loucura absoluta:

-LUGO: Venres 6 ás 16 h>> Aberto de Billarda LNB "Asalto a Moncada"
Cartel de Garabolos


Contacto : 609.415803

-TXANTADA SÁBADO 7 : ABERTO DE BILHARDA CASTANHAZO ROCK_09


Inscrición antes de comezar.
Hora: Ás 16:30 h.
no "Bravú Arena" (Mercado Gandeiro)
contacto: 647.190789

quarta-feira, novembro 04, 2009

PACO GALEGO DO "OLYMPIQUE DE XENEBRA" SERÁ O 1º PALANADOR GALEGO DAS LIGAS EUROPEAS EN FORMAR COA AUTÉNTICA!!


ESPECTACULAR GOLPE NA MESA DO NOVO SELECCIONADOR GALEGO DE BILLARDA , GINÉS RODRÍGUEZ RACHA COA LIÑA DOS SEUS PREDECESORES E REVOLUCIONA TOTALMENTE A LISTA DE CONVOCADOS CHAMANDO Ó GRAN PALANADOR DOS OLYMPIQUE DE XENEBRA, A FRANQUICIA BILLARDEIRA SUIZA NA QUE MILITA O RAPEIRO E PALANADOR GALEGO , POPULARMENTE COÑECIDO NO PAÍS TRANSALPINO COMA PACO GALEGO . FUNDADOR DA CREW MAFIA GALLEGA CON SEDE NA CIDADE SUIZA ISTA FIND DÁ UN CHIMPO DENDE O CENTRO DE EUROPA PARA DEFENDER COAS ZOUPAS DUN GALO DE PELEXA A COPA CANTÁBRICA NO INFERNO DA PISTA DE PIARNU ( ASTURIES). É A PRIMIERA VEZ NA HISTÓRIA QUE UN PALANADOR DAS GRANDES LIGAS EUROPEAS É CONVOCADO PARA FORMAR PARTE DA AUTÉNTICA, UN FITO DE DIMENSIÓNS ESTRATOSFÉRICAS CO QUE O NOVO SELECCIONADOR GALEGO QUER LANZAR UNHA MENSAXE A TOD@S OS PALANADORES E PALANADORAS GALEGAS ESPALLADOS POLO MUNDO:
- non importa o chan que pisedes nen o aire que respiredes , só importa a intensidade coa que golpexedes!!



E Atención porque Paco , non só se vai quedar empurrando o palán e enfundando a camiseta da Auténtica, senón que vai participar activamente no Koro poliaphóniko da Auténtica á hora de interpretar o himno pra coller recortes e moi posibelmente incluír no futuro disco da República Billarda a tan desexada versión rap da letra agasallada polo poeta xabier cordal á revolución . Paco, aproveitando ista convocatororia da Auténtica vai realizar unha pequena xira por Galiza para afianzar os lazos co exilio interior polo que é moi posíbel que o sintades se sintonizades Radio Oceánica ou Planeta Furancho da Radio Galega Música. Ademais pode que a versión rapeira do himno da Auténtica a realice incluso no propio país , converténdose no seu primiro estalo rexistrado en terra mae e pode que sexa en compañía do Xevi do colectivo Malandrómeda, versión que de realizarse de seguro que terá o pouso disa espectacular concerto realizado por ambos no centro galego de Frankfurt pondo así a semente ó que pode ser a futura e tan desexada inmersión da Auténtica en no país alemá e na centro europa....pobo que esperas? Adiante co Varal!!

terça-feira, novembro 03, 2009

O NOVO SELECCIONADOR GALEGO DE BILLARDA ECLIPSA TOTALMENTE A CRUYFF E Á CATALANA DE FUTBOL!!


Combulsión absoluta no mundo do deporte internacional por mor da irrupción brutal da Auténtica , dende Catalunya os medios de comunicación invádennos de teletipos preguntando quén é ise tal Ginés que está eclipsando totalmente ó recén nomeado seleccionador nacional catalán de futbol. Iste palanador e pluri atleta viveirense , chegou xa fai uns anos á tolería da LNB empurrado pola curiosidade da man das crónicas que daqula publicaba un coñecido xornal da provincia de lugo, dahí , á súa militancia nos Remourelle Bulls que combina coa súa total e natural paixón que son os bolos celtas. Desputou xa dous títulos nacionais en Conxo título que aínda se lle resiste e participou cos Remourlle Bulls na final a tres por equipas e foi naquel mítico Aberto da Auténtica na cidade da Coruña donde Ginés conseguíu o seu pase automático para encabezar a Auténtica e por aclamación popular nomeado posteriormente coma seleccionador nacional para dirixir ó combinado elexido pola PxA ( Plataforma de xestión da Auténtica) .


Pero Ginés non só estará coa ollada posta en Piarnu na defensa da Copa Cantábrica contra Asturies, senón que dende o venres os seus olleadores terán un traballo descomunal en Lugo , o sábado en Chantada e coa guinda cantábrica na xornada do domingo. Permanecede atentos ás pantallas porque chega a tan agardada lista de combocados pola Auténtica , máis a brutal axenda de Abertos da find que terán un denominador común : O apoio total a isa referencia absoluta a nível internacional do noso deporte que evoluciona favorabelemente da súa doenza e que pese a non poder estar fisicamente con todos nós , estará en cada un dos golpexos da Auténtica .....tod@s somos CALVETE!!

domingo, novembro 01, 2009

O CARRO E A AUTÉNTICA ...CANTA O SEU EIXO TAN BEN QUE A SEÑARDADE ME ESPANTA!!


O carro e o home é un filme de 1941, sen dúbida unha das mellores aproximacións ao mundo rural galego que se fixeron nunca e unha das referencias fundamentais do documental etnográfico no estado español. A obra débese á acción do seu director, Antonio Román, e dun dos etnógrafos máis importantes da historia galega, Xocas.

O relato iníciase coa corta dunha árbore da que tirar a madeira para o carro, e remata co seu enterramento. O obxectivo do documental é achegarse á cultura popular e empregar as posibilidades da linguaxe cinematográfica para divulgala. Nun intre no que só nos falta xunguir os burros ó xugo imponse a revisión dista xoia de cinema nacional para afrontar en condicións e en plenitude os grandes retos que temos diante...cargai no carro un mundo de xente , escribe o poeta nun dos versos do noso himno, que conecta coa obra do fundamental Xocas e dos Auténticos Fuxan os Ventos:

Non canta na Chá ninguén,
por éso, meu carro canta,
canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai canto tan fermoso:
fino coma un asubío,
anque é, as vegadas, saudoso
faise no ar rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
iQué fermosa e a sua feitura!
iQué lixereza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde meu carro pasa.
iCarrétame herba pro gando!
iTraime a colleita pra casa!