O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 31, 2009

ESTRÉASE O WEB OFICIAL DA CONF. CENTRO MENTRAS A GALEGA-2 ESTREA O MICRO-ESPAZO "A BILLARDA"!!

Coa tribu do NorLeste aínda descendendo dos montes de Santalla na Pontenova temos que facer un alto para coller alento antes de realizar o crónico do acontecido no espectacular Aberto das Troitas para anunciar dúas extraordinarias novas acontecidas fai moi poucas horas: Estreo do web oficial da Conferencia Centro [zona estornela] na mesma find na que a Galega - 2 estrea o micro espazo chamado A BILLARDA [ sábado:14 h / domingo: 00:38 ]. Pegade os fuciños porque seguiremos informanado distes acontecentos que se suman á gran nova que toda a xente que formamos a LNB estabamos agardando: Calvete reincorporouse á revolución no aberto das troitas confirmando a seu magnífico estado de recuperación chegando a unha final a 5 na que Hugo dos Billardeiros Musicais desfixo o seu propio maleficio fecéndose co Kilo de Troitas que o acredita coma o Campión no Aberto de Santalla , mentras que o outro kilo de troitas foi para o seu compañeiro de equipo Markitos que venceu no campionato de Varados , dous finalistas do absoluto nacional que con istas troitas fortalecen aínda máis a súa candidatura a un título en poder do todopoderoso Rubén dos Lideiras.....unha pretempada a lume de biqueira!!

quinta-feira, agosto 27, 2009

A RÍO REVOLTO ....GANANCIA DE PESCADORES, ISTE SÁBADO BAIXAN TURBAS AS AUGAS DA PONTENOVA!


Apaña as minocas que a LNB pon as troitas, vémonos en Santalla!!

quarta-feira, agosto 26, 2009

ABERTO DAS TROITAS DA PONTENOVA: A FIRME APOSTA DA LNB POLA SUPERVIVENCIA!!


Estás farto de ver a Bear Grylls comer camelos mortos no deserto, cangrexos e cobras vivas, ou como bebe os seus propios mexos gardados na pel de serpe previamente cociñada mentras ti tes que conformarte cun xantar precociñado mercado nun madito supermercado , ponlle fin a tanta comodidade e fartura botándote ó monte da Pontenova unicamente armado cun palán e cunha billarda para tratar de facerte co feixe de troitas bravas de autóctonas que iste vindeiro sábado 29 se desputa no Aberto de Billarda de Santalla. A LNB por en marcha a súa definitiva aposta pola supervivencia plena e absoluta de Aberto en Aberto con xaxún obrigatorio entre torneo e torneo ....atréveste ou queres seguir mantido polo consumismo salvaxe das áreas comerciais??

terça-feira, agosto 25, 2009

TROITAS DA LNB NA PONTENOVA FRONTE ÁS BIOINVASIÓN SALVAXES NOS RÍOS GALEGOS!!


Desafiando as bioinmasions masivas nos ríos galegos con augas plagadas de Carpas e Percasol americano , a LNB bota o anzó para nos caudalosos ríos do NorLeste e do Sur cazar as exquisitas troitas e troitos que resisten firmes as bioinvasión deportivas . Avance da pescata:

-Sábado 29 de outubro en Santalla :

ABERTO DAS TROITAS DA PONTENOVA
Inscripción: 636.843377 / lnb.norleste@gmail.com

11:30 H>> CONCURSO DE TRIPAS-VARADOS

13 H >> XANTAR NA CARPA DE SANTALLA (gratuito os 25 primeiros inscritos)

15:30 H. >> ABERTO DAS TROITAS DE SANTALLA

Avance:

- Domingo 6 de Setembro ribadeo
14 h>> xantar da aña moura do parroquial
[Taberna de Lola-Remourelle]

16:30 >>Billardeiros + Os Outros Vs Resto do Mundo
Cursiva
Contacto e inscripción para o xantar: 605.316896

-Sábado 5 de Setembro Salvaterra do Miño

12h>> II Aberto de Billarda festival da Poesía no Condado

Contacto e inscripción previa: 647.190789

segunda-feira, agosto 24, 2009

PAN DE CAPAZO , A B.S.O DUNHA ALIANZA DE SACHOS E BILLARDAS CARA A INVASIÓN DE COIRÓS!!


O indixinismo máis salvaxe fixo que nas terras bravas e vermellas de Mariñaos, se achegasen posturas entre o sector LNB (auténtica) e a Alternativa LAS, de Coirós. Atentos a xogada billardeira mesturada coa Liga Armada de Sachos. Iste é a extremecedora imaxe e texto que aparece no Feisbuc da Randeeira , atención porque mentras que un feixe de troitas remontan o río para iste sábado celeberarse en Santalla o Aberto da Troita da Pontenova , iste pasado venres a tribu xermolo do NorLeste realizou un encontro no que se selou unha firme alinaza con Antón, o cantante e multiinstrumentista dos brutais Pan de Capazo que se atopaba en Mariñaos na súa mutación coma menbro do Las ( Liga Armanada do Sacho) ... o demáis xa é história. Dende o Norleste refórzase así a xa de por di poderosa Conferencia Central que dende xa conta con Coirós e con Antón coma un dos seus puntos de inflexión que facer que a Billarda se espalle coma lepra en toda a galaecia!!

PAN DE CAPAZO , SERPES , SACHOS E BILLARDAS!!

Con Maghúa inmersos no proxecto-sonoro República Billarda chega á eira-LNB a brutalidade medeival e valcanico-sefardí dos Pan de Capazo , unha agrupación multiétnica que fai moi pouco destrozáronlle as pernas a todos os que se achegaron a velos no festival de Pardiñas que non puido ter mellor convidados para soprar ou comer o lume das velas do seu 30 aniversario. Unha liña imaxinaria conduce xa os noso paláns mutados en sachos embravecidos cara a Coiros..

domingo, agosto 23, 2009

L´ASTURINU MUÉVESE ....E OS LIRIUS DO CNL TAMÉN!!


Tremía o chan ante o multitudinario dun aberto previo á ruada da noitiña en Tordoia no que a tribu estornela da Conf. Central fala xa do máis multudinario e feminino da história. A Billarda ó contrario ca outros deportes retrógados coma o futbol demostrou na Pontragha que non é cousa de homes, senón que de mulleres impulsivas e fartas do talibanismo deportivo instalado noutras esferas alleas á billarda. E se en Tordoia se fala xa da incusión na revolución de varias feaquicias LNB despois do Aberto diste sábado , en Asturies, a 2º xornada do Conceyu Nacional de Liriu incorporou a filas a unha nova e ruidosa entidade chamada Sidrones , cunha denominación de orixe: Candas.

A segunda xornada do CNL foi coordinada polo equipo Avilesino de Quirinal Liriu-Espor, aproveitaron a tesitura para estrear e lucir explendorosos o seu vermello da equipación oficial.

Co Abiertu Llonganiza d´avilés deu arrinque unha xornada que despois tivo o seu desquite regular entre os dous equipos presentes na pista, Espor[a] e Quirinal indo a vistoria para os espor@s por moi pouco facendo medrar a rivalidade entre dúas franquicias CNL

Lluis venceu no Abiertu Llonganiza d´avilés fronte ó extracomunitario viluba de Quirinal liriu-espor. Impresniante a pegada e o atine do "machetador" de espor[a] nistta histórica xornada de liriu e loita.


Lume nas rúas de Avilés para celebrar o primeiro "encastrau" da história , o equivalente ó noso Varado, realizado por Iyan de espor[a] .....e coma o lume nos contenedores así se espalla o liriu en asturies que xa decide entre Candás ou as Bárzanas donde será a próxima xornada de Liriu e loita. Adiante o lume polo cantábrico cara E.H!!

sexta-feira, agosto 21, 2009

DE TORDOIA A AVILÉS E DE AVILÉS A CELEIRO DE MARIÑOS!!


A LNB chama a unha volta ás orixes para encher as paredes das vilas e cidades do país enteiro cos nosos carteis e pintadas de spray e pintura, é por elo vos chamamos á necesidade que cada palanador e palanadora monte no seu carro material e carteleiría billerdeira para facernos cada día máis visíbeis dando cor e vida nunha sociedade , a actual, cada vez máis gris e escura...olla como luce o noso muro para ista find de loucura!!!


A LNB invadida absolutamente polo seseo , a gheada e a Ruada Som Systema para iste sábado polo serán continuar co seu imparábel espallamaneto pola área estornoela. Un enxamio de palanadores , palanadoras , gaiteiro@s, pandereteir@s , bailador@s....agardan por ti nun espectacular trobo de sons e estalos instalado na Pontragha en Tordoia.
Contacto directo: 660.268654


Asturies ferve e estoura iste sábado en Avilés coa desputa da 2º xornada regular do seu campionato nacional que inclúe espicha e un Aberto final para a inclusión de todo manífero que se anime a loitar pola Llonganiza , alimento autóctono para a marcha implacábel dunha fera chamada Conceyu Nacional de Liriu. / Contacto directo: 645.863915


San Caetano_09 , a mítica festa que bota ó monte á tribo do NorLeste , niste edición fai unha firme aposta pola lusofonía misturada con torrezmada e tortilla de ovos e patacas da terra, un ano máis a LNB cos irmáns do San Caetano dispostos a dárlle a volta á tortilla!!
Contacto directo:696.969052
. E para os que prefiran carne iste sábado na área Norleste en Remourelle festa da carne ó caldeiro , que naide pase fame nen sede!!

quinta-feira, agosto 20, 2009

CONFIRMADO>> SÁBADO 22 ABERTO DE BILLARDA E RUADA NA PONTRAGHA (TORDOIA)


Aberto de Billarda e Ruada na Pontraga (Tordoia):

A recén estreada Conferencia Central non está disposta a deixar pasar unha find sen actividade e despois da inmersión cucaña confirma un explosivo Aberto para iste sábado na Pontragha (Tordoia) que se fraguou na intensidade brutal do Fouciño de Ouro do Pino coa converxencia total entre as representantes da A.C Brisas do Quenllo e a LNB . E coma única B.S.O posíbel diste furacán de intesidade que invade as terras de Ordes só poden ser os boxeadores contra o pelexo de castrón , tamén coñecidos coma MAGHÚA, que aferrúen ó persoal á realzar as danzas de guerra nista explosiva ruada billardeira na Pontragha....xa estas tardando en porte en contacto: 660.268654. E atención porque estamos preparando a cola e basoira para niste muro realizar a pegada cos espectaculares carteis que poboan ista find nos difresentes frontes en loita....

O sábado 22 de agosto organizado pola Asociación Cultural Brisas do Quenllo na Pontraga (Tordoia)

Programa:

17:00. Aberto de Billarda
- Contos con Celso Sanmartín
- Churrascada.

19:00 Ruada coa actuación de:
- Bailadores e Cantadores da Pontraga,
- Bouba Pandereteiras
- Maghúa
- Flor da Maquía

quarta-feira, agosto 19, 2009

ISTA FIND COLLE O PALÁN E CORRE PARA BEIRA CANTÁBRICA!!


Atención: preparade o bandullo e o carabullo porque adiantamos acontecementos para ista find que bota por fóra se te pilla pola beira cantábrica:

-Venres 21 e Sábado 22 de Agosto:

SAN CAETANO 2009 : A FESTA DA TORTILLA

Os compañeiros da franquicia LNB Irmandade San Caetano organizan ista histórica festa que estivo paralizada durante uns anos polo colonialismo e a sin razón, dende iste venres e sábado voltan un ano máis a ferver as patacas na tixola e as danzas na carballeira ó carón da Capela:

Venres 21

21 h. Torrezmada popular + actuación de Café Caxaça + vervena

Sábado 22

14 h >> Festa da tortilla
concurso de tortillas e degustación gratutita d gran tortilla San Caetano
no serán:
xogos populares e actuación folk dos Minhotos


-Sábado 22 de Agosto

REMOURELLE [Ribadeo] : IV FESTA DA CARNE Ó CALDEIRO

Toda a xente dos finalistas nacionais , Remourelle Bulls , estarán presentes na primeira liña de mesa nista espectacular festa-xantar na máis brava parroquia ribadense. Recomendamos non quedarse a medias e de postre en Remourelle pedir ....tarta elada e carne asada!!

-Avilés: sábado 22 de agosto

2º xornada Conceyu Nacional de Liriu


As tres franquicias do CNL : ESPOR[A] - QUIRINAL -ASTURLIRU desputan a segunda xornada da competición irmá da LNB no pais asturiano . E Atención porque despois do partido regular espectacualr espicha isotónica para a partires das 18:30 desputar a saborosa Llonganiza d´aviles en formato Aberto para todos os machetadores e palanadores que queiran meterlle o dente a ista xoia da gastronomía da vila do adiantado. A cita na Pista da Madalena en pleno centro urbán avilesino, donde os lirius convivirán cos skaiters da pista do lado....como diría Juan Pico: Primeio o bandullo e despois o carabullo!!

terça-feira, agosto 18, 2009

SOUTIPEDRE , A LNB XA TEN A SÚA PROPIA SIERRA MAESTRA!!


Se dende a Sierra Mestra Fidel e o Che liberaron un país enteiro en loita , Xosé Miguel e Toño Randeeira acenderon tamén a mecha e o puro da victoria nas terras altas de Soutipedre. A LNB xa ten a súa propia Sierra Maestra dende a cal iste pasaDo find comezou unha batalla sen volta atrás , o da libraración total por medio da billarda do xugo imperialista. Bótalle un ollo ó album completo do campamento base donde a cúpula do indixenismo galego prepara a súa revolución billardeira....Avante porque a história tamén nos absolverá!!


Os enfaixados da LNB de San Xoan de Río durante o histórico día da patria dirixiron ista histórica inmersión en Soutipedre abrindo brecha pola que vai entrar a poderosa Conferencia Sur para incorporar á guerrilla billardeira a todos iste palanadores e palanadoras de Soutipedre, Manzaneda , Trives e desmáis aborixes das terras altas, Soutipedre a nosa Sierra Maestra!!

segunda-feira, agosto 17, 2009

A LNB ELÉVASE A CENTOS DE METROS SOBRE O NIVEL NORMAL!!


Dende o efervescente feisbuc da Randeeira tiramos istas espectaculares fotos e cometarios do enviado especial de TELE-VARAL ás terras altas de Soutipedre: Indíxenas, aborixenes, xente nova de Ourense, persoal acreditado da LNB todos misturados no campo de xogos de Soutipedre, Terras de Trives. 1.000 mts. de altitude, non se coñece o efecto Bolivia nos rendementos do persoal.


Elementos da LNB, a 1800 mts. de altitude, inspeccionando novos campos de xogo no único de medio transporte posíbel e válido para acceder a Cabeza de Manzaneda.

RADIO-VARAL: CUCAÑAS E BILLARDA , ENGRAXANDO O FUTURO NA PONTE!!
[preme]


Equilibrios na cucaña cunha multitude enfervorizada berrando que a Ponte existe, olla aquí o album completo publicado nun xornal da capital galega


E coma antesala brutal do domingo das cucañas , espectacular Aberto de billarda na Ponte con presencia da xente da Conferencia Central que se achegou ate o recén segado campo da Ponte para compartir experiencias e tentar unir forzas cara un futuro de converxencia , olla aquí o album completo dista histórica xornada.

sexta-feira, agosto 14, 2009

DA PONTE A MANZANEDA...A MÁQUINA DE MALLAR DA LNB NON DÁ TREGUA!!


18 cabalos , 130 anos ....a poderosa máquina de mallar da LNB instalada no Pino apadriña o nacemento da Conferencia Central , alí estivo TELE-VARAL para inmortalizar o espectacular alumeamento . Olla o histórico video estalo mentras botas man ó palán e billarda porque ista find hai movida, e non da promovida por nengún "untamento" , tanto na recén estreada área estornela coma na Conferencia Sur ( división ourensá)


Sábado 15-8 dende as 10:oo h : ABERTO DAS CUCAÑAS NA PONTE ( entre Padrón e Ponteceso) / Contacto Directo: 660.268654


Sábado 15-8 ás 17 h : ABERTO DA SACHADA EN SOUTIPEDRE [MANZANEDA] / Contacto Directo: 627.78089>> estación de esquí nunca máis!!

quarta-feira, agosto 12, 2009

SÁBADO 15 DE AGOSTO : CUCAÑAS E BILLARDAS ....PORQUE A PONTE EXISTE E RESISTE!!

A LNB afianza as súas alianzas por terra e agora cos compañeiros da Ponte , polo aire e polo río..atención porque salta a alarma en plena "zona estornela" xa que iste sábado apartires das 10:00 h temos unha cita inexcusábel cunha festa e cun aberto de billarda que vai rachar moldes. Entre Padrón e Pontecesures sitúanse xeograficamente istes escaladores da carraxe que coa mesma materia prima ca nós esnaquizan co xugo de imperialismo deportivo berrando que A Ponte existe e as cucañas patrimonio cultural xa!! .

E para apoiar a moción a LNB falou con cocky , un dos máximos responsábeis dise macro-evento que vai ter como arrinque un espectacular Torneo de Billarda ó xeito tradiconal da Ponte apoiado pola xente da nova Conf. Central que lle amosará ós palanadores da Ponte o sistema de competición LNB para a súa posíbel integración na confencia.
Cucañas contacto-lina directa: 647.281888 e Atentos porque fala Cocky:

As cucañas da Ponte son simplemente as "acuáticas". Parece ser que tamén as hai terrestres...facendo escalada vertical, pero nós facémolas horizontais. No río.

O sistema é o seguinte:
-un pau de eucalipto recébase con produtos esvarantes...tales como cebo, grasa...etc e na punta do pau clávase unha bandeira.
-os participantes deben percorrer descalzos a lonxitude do pau ate coller a bandeira.
-non se pode ir doutro xeito que non sexa de pé.

Na Ponte danse 3 premios, que á parte dos correspondentes trofeos levan consigo unha dotación económica, e que depende da recadación para as festas de cada ano...
Antes podía participar calquera, pero de uns anos para aquí, para ir ó pau é obrigatorio cumplimentar un formulario para eximir á comisión organizadora de calquera posible desfeita que cada quen poida sufrir no seu físico(hai uns anos un rapaz levou un golpe nunha orella ó bater co pau). Temos un documento no que se demostra que xa no ano 1916 se realizaba este xogo. No facebook tamén temos un grupo recentemente creado:

AS CUCAÑAS NO RÍO ULLA: INTESESE TURÍSTICO OU CULTURAL XA!!

Este "aberto" ten como fin o de xuntar os veciños da aldea nunha actividade máis o día da festa. Comezámolo a facer o ano pasado cando eu formaba parte da comisión de festas, coa idea de recuperar un dos xogos populares que dende facía anos ninguén desfrutaba, e a verdade, tivo máis éxito do que críamos, xa que os nosos vellos se apuntaron sen pensalo, e claro, xa que nós pouco xogamos ó longo da nosa vida(eu teño 28 anos) os equipos que chegaron ás fases finais...eran de xente máis vella.

O torneo dará comezo sobre as 10:00 da mañán e que como pola tarde hai partido de futbol entre solteiros e casados....seguramente as fases finais se rematarán o domingo, tamén pola mañá...xa que pola tarde temos as cucañas. Envío algunhas fotos tanto do torneo de estornela do ano pasado como das cucañas.

terça-feira, agosto 11, 2009

PREME E ESCOITA A MÁQUINA DA MALLAR DA LNB CELEBRANDO O NACEMENTO DA CONF. CENTRAL!!

A nova Conferencia Central da LNB despois de estreáese ó grande na pista do Pino do I Aberto do Fouciño de Ouro, invadir o esceario da carballeira donde os irmáns de MAGHUA puxeron lume no medio da xeada , dan unha patada na porta dos estudios da radio, anteriormente coñecida coma galega, para agarrar o micro e berrarlle ó páis enteiro que unha nova conferencia con territorialidade propia xa está en marcha. O poderoso espíritu das Quimbambas volta embravecido asomar polas ondas máis aínda cando unha das madriñas da LNB, Concha de la Fuente, estivo na propia pista do Pino vendo nacer a criatura. Non agardes máis dálle ó Play e deixa que o brutal son da máquina de mallar da LNB se espalle entre os toxos e silvas dun país e dunha tribu en movimento...

domingo, agosto 09, 2009

O LICOR CAFÉ E O MEL DOS ANCARES FAN OFICIAL A NOVA CONFERENCIA CENTRAL DA LNB [área estornela]!!


Foto-Varal: I Aberto do Fouciño de Ouro

A istas horas da noite de domingo na que realizamos iste histórico estalo , mentras os carros retornan á casa cargados coa paixón da victoria e a música dunha orquestra calquera resoa no palco de Cervantes despois que o pavillón municipal case se viñera abaixo . O furacán LNB arrasou literalmente a tearañas do teito cos Varados acadados no II Aberto do Urogalo, varados de loucura nun multitudinario aberto que triplicou a populación Cervantina e que certificou o histórico paso dádo o día anterior no concello do Pino duarante o I Aberto do Fouciño de Ouro , que foi nada máis e nada menos, que a posta en marcha oficialmente da CONFERENCIA CENTRAL [ área estornela]

Mentras que noutros frontes a máxima é suplicar subvencións e axeonllarse ante o amo para comer da súa man, a LNB afrontou no contexto dista find o monumental reto de medrar e multiplicarse pondo en funcionamento outra Conferencia máis no contorno de Compostela, atención porque se vives na zona xa estás tardando en rachar coa cadeas e unirte á nova tribu central que ten o seu embrión no poder e na máxia dinamizadora dos Furabolos.

UN HISTÓRICO BRINDE DE LICOR CAFÉ FAI OFICIAL A CONFERENCIA CENTRAL!!

Un poderoso brinde con licor café na barra do Cruceiro oficializou a posta en marcha da Conferencia Central , e deixa como é de lei na LNB, que o licor más bravo correndo polas nosas veas nos déa lexitimidade plena que nunca un papel cruñado será capaz de outorgarnos.

Brindes tamén son os que se están a producir a istas horas no campo da festa de Cervantes, a tribu dirixida por Sak nos Ancares lugueses, certificaron a proposta LNB deixando coma o licor café ,o poderoso veleno da billarda correndo polas veas de cada un dos palanadores e palanadoras do II Aberto do Urogalo. Mentras nos golpexan pola tele con partidos amistosos a LNB propón no verán partidos de seriedade e compromiso máximo , ise é o gran reto que fai imposíbel a derrota en calquera campo e en calquera contexto, é por elo que aquí van os podiums dos campións:

OS PODIUMS DO PINO E DOS ANCARES:

I ABERTO DO FOUCIÑO DE OURO (O PINO)


campión: Toño -furabolos

2º clasificado: Rubén-furabolos

3º clasificado: Daniel-billardeiros musicais


II ABERTO DO UROGALO ( CERVANTES-ANCARES)

campión: Daniel-billardeiros musicais

2º clasificado: Alex-dynamo de lugogrado

3º clasificado: Geni-os outros

sexta-feira, agosto 07, 2009

A MÁQUINA DE MALLAR DA LNB PERCORRE O PAIS DOS ANCARES ATE O PINO!!


Naturalmente fieis á nosa filosofía comezamos a xeira dista find á reves , arrinando o domingo ás 19 h. a moitos metros de altitude sobre o nivel do mar, arrodeados de urogalos e osos galegos donde se ben non foi posibel a tan desexada caravana de mulleres de fai uns anos, si haberá multitudinaria caravana de palanadores e palanadoras á concello de Cervantes para desputa do xa mítico II ABERTO DO UROGALO. A expectación deste campeonato de billarda está a ser máxima, o éxito da pasada edición fixo que ate o concelleiro de deportes de Cervantes contactara coa LNB para solicitar a presenza dun aberto para as festas populares deste ano; naturalmente a LNB non ía faltar á cita nos Ancares e máis ainda co apoio institucional e sobre todo popular. Nun concello habituado aos pacíficos bois nen un touro bravo ceibe puido ultrapasar no ruxe-ruxe popular ao creado polo aberto de billarda. Probablemente na comarca no que o deporte segue máis vivo e máis presente nos seus habitantes a LNB ven consolidar unha proposta moderna nuns sólidos alicerces. O éxito histórico está case asegurado! E para que non te perdas olla o mapa antes de arricar!!

"I ABERTO DO FOUCIÑO DE OURO" NO MARCO DO FESTIVAL DO PINO-FOLK:



A espectacular máquina de mallar da LNB acéndese no Pino apartires das 12 h diste sábado para a desputa do concurso de triplas paralelo á concentración de coches antigos , os larry birds da billarda probarán punteiría antes do xantar de irmandade no Restaurante O Cruceiro despois do cal os palanadores e palanadoras afiarán os dentes para a desputa do Fouciño de Ouro....haberá caravana de carros para ambos torneos, non te quedes na casa xungue os bois de tiro (os colloudos son outros) e tira cara ás perigosas zonas cero billardeiras!!

quinta-feira, agosto 06, 2009

MAGHÚA ..... NA FRONTE UN FOUCIÑO, UN UROGALO E UN CANTAR!!


Sabemos que hai xente que non pode durmir nistas noites de abafante canicula , arrastándose polo colchón suando en frío invadidos por pesadelos e músicas trepidantes coma a da espectacular sonoriade dos aborixes das ferriñas e da pel de castrón , MAGHÚA , o poder indíxena dos pandereteiros coruños que estáran iste sábado boxeando sobre o ring no Festival do Pino Folk, un acontecemento que mistura a música tribal galega e a malla que dará coma único resultado posíbel , a loita a morte no serán polo Fouciño de Ouro , donde haberá poderosa e nutida representación de tódalas confencias da LNB dispostas a por o seu gran na malla billardeira organizada polos irmáns Furabolos.

DO FOUCIÑO DO PINO Ó UROGALO DOS ANCARES!!

Pero se fai uns días saltaron todas as alarmas na cidade de Xixón polo presenza da tribu Lirui en primeira liña de praia nunha acción coordianda cos compañeiros de Fai! , en Trives as alarmas asaltan xa a casa consistorial ante a posibilidade totalmente real dunha invasión na Vila dun exercito sedento para unirse ó Macro-Botellón de medianoite. Pero non pensedes que a festa remata isa noite cuns copazos en Trives, pola mañá alarma máxima en toda a zona central do calfato lugués xa que as gorzas van pedir caña a regos para coller forzas para despexar a mente e polo serán desputar no concello de Cervantes o xa mítico II Aberto do Urogalo en pleno corazón dos Ancarés. Non agardes máis , descolga o teléfono e ponte en contacto coa palloza para inscribirte no Aberto do Urogalo: 659.628892

quarta-feira, agosto 05, 2009

NEN BEBIDAS ENERXÉTICAS NEN ROUPAS DEPORTIVAS, MACROBOTELLÓNS E PELES PARA OS CORPOS LNB!!
























Xa o comentabamos , se a brutal inmersión billardeira vai facer tremer ista find a zona centro do país coa loita polo Fouciño de Ouro dos irmáns Furabolos do Pino e brotar o sangue nos Ancares coa enganchada polas prumas do Urogalo de Cervantes , os actos festivos con pegada LNB non van ser menos brutais , dende Trives ate Mos , quén dixo que queriamos evolucionar??

No concello Ourensán de Trives a partires da meidanoite na praza do Pilón tes unha cita ineludíbel co Macro-Botellón que organizan a xuventude alegre e combativa da Vila na cal poderás falar e organizar Abertos sen o zumbido da música comercial nos teus ouvidos.

E EN MOS .... A LNB VOLTA ÁS CAVERNAS COS IRMÁNS DO COLECTIVO MOS-KEOS!!


VENRES, 7 DE AGOSTO – DÍA DA INVOLUCIÓN
- Pola tarde: Chegada das tribos.
- Ó solpor: Proxección das Curtas da Prehistoria.
- Á noitiña: Música, con Cé-Orquestra Pantasma.

SÁBADO, 8 DE AGOSTO - DÍA GRANDE
- Pola mañá:
• Obradoiros: útiles de pedra, arqueoloxía, elaboración de pan e pintura corporal.
• Demostracións: tiro con arco e tiro con propulsor.
• Compañía de títeres Tanxarina.
• Grupo de percusión Bata-Unga.
• Gastronomía: carne ó caldeiro, polvo á feira e asados.

- Pola tarde:
• Ataque na cova: Enfrentamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha.
• Recepción: Benvida ás tribos participantes e intercambio de agasallos.
• Xogos Olímpicos entre as tribos e carreira de relevos Na Procura do Lume.
• Construcción do monumento megalítico.
• Invocación ós espíritos da Mámoa da Penacova co chamán Leo e Arremecaghoná.

- Pola noite concertos de:
O Leo i Arremecaghona
Skandalo GZ
A Tuna Rastafari.
A Banda Potenkim.

terça-feira, agosto 04, 2009

VAI PREPARANDO O ANIMAL E XUNGUÍNDOLLE OS APARELLOS PORQUE ISTA FIND TIRAMOS CARA Á PERIGOSA ZONA CENTRO!!


Preparade o animal, o carro e o macuto porque no horizonde alvíscase xa unha find máis de infarto e loucura billardeira , dúas paradas das que van deixar fonda pegada na zona centro do país e unha vía de escape para o relax imposíbel no sur do coa festa da prehistória en Mos e cun espectacular botellón o sábado pola noite en Trives , ambos estalos festivos con selo inequívoco da tribu LNB.


-sábado 8 de Agosto:

Concello do Pino : ABERTO DO FOUCIÑO DE OURO

-domingo 9 de agosto:

Concello de Cervantes (Os Ancares) : ABERTO DO UROGALO

Atención porque haberá caravanas de carros dende diferentes puntos do país para acudir a istes torneos polo que mantede os fuciños na pantalla para mantervos informados tanto se queredes facer dedo na estrada como para coñecer o espectacular programa que vos ides atopar nos puntos quentes de cada xornada. Xúnguete á caravana LNB!!>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 03, 2009

O ANTITOURADAS APREIXADO EN PONTEVEDRA SERÁ HOMENAXEADO NOS ABERTOS DA LNB!!

Espectacular impacto o ocasionado pola idea lanzada dende a LNB e a Coordenadora antitouradas para convertir a praza de touros de Pontevedra no primeiro Billardódromo estábel do país. O enfurecemento foi tal por parte dos sectores protaurinos que incluso a cuadriña de José Tomás se víu implicada nun desagradábel suceso cando polas 5 da mañá nun estado de total embriaguez chegaban ó hotel nunha furgoneta que se detivo ante unha delegación antitaurina que pacificamente esixían o cesamento da tortura animal como espectáculo en territorio galego , foi tal o enfado do séquito do de Galapagar que non dubidaron en apearse do vehículo para agredir brutalmente ós membros da comitiva antitouradas. Como non podía ser doutro xeito a posterior chegada da policía rematou cun activista antitaurino detido mentras os membros da cuadrilla de José Tomás dormían a mona pracidamente no seu hotel. Fai unha semanas José Tomás avandoaba a monumental de barcelona empuñando unha senyera , ista find o toureiro de Galapagar avandóa Galiza deixando disturbios e sángue nas rúas de Pontevedra, qué sentido ten todo isto?? .... a única vinganza posíbel é acudir en masa realizar a danza do pasodóbel da carraxe nos espectaculares abertos dista vindeira find nos que se pedirá a libertade inmendiata e sen cargos do campañeiro apreixado en Pontevedra....e recompensa especial para os que acudan en traxes de luces!!