O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, maio 31, 2006

ASTUR-EO, FINALISTAS DO SUPER-4!!


De pé: Urbano,Iván,David,Asunción e Mónica.
Agachad@s: María, Marta,Adri e Teresa.
Unha das seleccións debutantes nista interparroquial de Celeiro foron ASTUR-EO deron a gran sorpresa do campionato ó chantárense na final contra a toda poderosa selección de San Cosme, utilizaron a estratexa e liquidaron na semifinal a Celeiro pero nista primeira participación interparroquial resistiuselles o desexado Galo do SUPER-4!!

terça-feira, maio 30, 2006

DOS CEBOLLITAS Á INTERPARROQUIAL!!

Exténdese o rumor coma o lume entre a herba seca, Diego Armando Maradona podería formar parte da Selección Parroquial de Vilamartín-Pequeno para tratar de acadar xunto cos seus parentes o único título que lle queda por conseguir ó astro arxentino, o Galo da Interparroquial!!, de seguro que na visita que Diego vai facer ás terras da Mariña de Lugo a man de Deus vai defender o orgullo dos seus antepasados na fraticida competición interparroquial!!

Diego sempre destacou por defender os seus , na visita prometida a Vilamartín Pequeno para coñecer os seus parentes na mari�a Luguesa de seguro que se enfunda a guerreira da súa sempre rebelde parroquia!! Posted by Picasa

segunda-feira, maio 29, 2006

SAN COSME GALEOU O SUPER-4!!

A selección parroquial de San Cosme proclamouse de xeito maxistral vencedora absoluta dun espectacular torneo interparroquial que confirmou o excelente estado de saude dun deporte a billarda-LNB que continúa a rachar moldes incluso nas estacións máis cálidas do ano. Lourenzá levou a culler de pau que acredita a ista selección parroquial coma a pecha cancelas do Super-4 , Celeiro desfondouse ante a impresioante táctica imposta pola debutante selección Astur-Eo que pese a chantarse na final de xeito sorpresivo plantou cara ate o último golpexo a uns intratables palanadores e palanadoras de San Cosme. Tele-Varal ten a exclusiva dos mellores intres diste Super-4 de Celeiro 2006!!

San Cosme levou o Galo do Super-4!! Posted by Picasa

sexta-feira, maio 26, 2006

CHEGA O SUPER-4 INTERPARROQUIAL!!

O COLISEUM DE CELEIRO DE MARIÑAOS XA ESTÁ PREPARADO PARA ACOLLER A ARDENTE XORNADA QUE ISTE DOMINGO 28 VAI DISPARAR O INICIO DAS AGARDADAS SERIES INTERPARROQUIAIS, O DENOMINADO SUPER-4 VAI TER PISTOLETAZO DE SAÍDA ÁS 12 DO MEDIODÍA CO FRATICIDA ENCONTRO ENTRE A DEBUTANTE SELECCIÓN PARROQUIAL DE LOURENZÁ E A XA EXPERIMENTADA SELECCIÓN DE SAN COSME, ÁS 16 XÓGASE A SEGUINTE SEMIFINAL ENTRE OS LOCAIS CELEIRO E A TAMÉN DEBUTANTE SELECCIÓN DENOMINADA ASTUR-EO, A FINAL A PARTIRES DAS 18:30 . CANDO AS CEREIXAS OKUPAN AS ESTRADAS DO PAÍS AS SERIES INTERPARROQUIAIS TOMAN TAMÉN A FRANXA MÁIS VERMELLA DA MARIÑA LUGUESA!!

Celeiro e San Cosme van atopar dous duros ósos que roer nas seleccións de Lourenzá e Astur-Eo que debutan nistas series interparroquiais do 2006. Posted by Picasa

sexta-feira, maio 05, 2006

ABÓNATE A TELE-VARAL!!

TELE-VARAL VAI RETRANSMITIR EN EXCLUSIVA O MUNDIAL INTERPARROQUIAL A DESPUTAR NO ESPECTACULAR ESTADIO MULTIUSOS DE CELEIRO MARIÑAOS , NO CONCELLO DE BARREIROS . COLLE SITIO OU PREPARA O TEU RECEPTOR PORQUE O 28 DE MAIO VAISE VIVIR UNHA XORNADA HISTÓRICA Á QUE NEN A SEXTA NEN DIXITAL PLUS ESTÁN CONVIDADOS.

TELE-VARAL chega ate onde ningunha outra canle pode adentrarse!! Posted by Picasa