O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, maio 20, 2018

PLAY OFF NACIONAL - 2018...ABALLOADA NACIONAL SEMPRE!!
















Coma o lume na herba seca , unha edición máis, chega a Compostela a gran serpe multicor da LNB  , porque a Liga Nacional de Billarda é un proxecto inmenso que de xeito natural flúe polas arterias e leiras ardentes do país enteiro e se retroalimenta cos nosos xuramentos e varados, un animal salvaxe que bisba, brúa e ouvea , un boi da chega embestido as adversidades en cadansúa conferencia ( NorLeste, NorOeste e Sur-RíasBaixas) , que iste domingo 27 de maio se dan cita na area-batida de Compostela para convertir a un ou unhas dos finalistas en gran Coroceir@ Nacional_2018 . Paláns en alto para crear noso propio Contra-Relato....Billarda e Aballoada Nacional Sempre!!

sexta-feira, julho 07, 2017

A AUTÉNTICA XA EN SLOVENIA PARA O SEU HISTÓRICO DEBUT NA COPA MEDITERRANEO FRONTE A CROACIA, RUMANIA , ITALIA E SLOVENIA!!













A ista find. a Auténtica colle o Batuxo da LNB e lanzase ó mediterrano para xogarse a vida  coma inmigrantes do desexo na edicion 2017 da Copa Mediterranea de Pandolo-Billarda na que a Auténtica debuta por primeira vez no inferno sloveno de Tartinijev competindo a cara de can por primeira vez coas grandes potencias billardeira do continente europeo Slovenia-Pandolo , Italia-Lippa , Croacia-Pandolo , Runania-Turca...

















As olladas das palanadoras e palanadores do Pandolo Sloveno e do continente todo están postas nos pupilos de Flores , Ismael dos Carabullo e Xan Rodiño de Lúa de Forza son os capitáns dista histórica Auténtica que en cada golpexo vai representar a un país que ferve a lume de carozo...

















Histórica imaxe da Auténtica realizando sesións de adestramento iste venres a medio día no aeroporto italiano de Venecia mentras agardaban pola equipaxe estraviado e a que a furgoneta pandolo chegara para levar a auténtica ao campamento base sloveno ...Avante Toda, Avante a Auténtica no Mediterrano todo!!

domingo, junho 25, 2017

MANU POZO , O GRAN PALANADOR CORDOVÉS DOS BILLARDEIROS MUSICIAS CRUZA A PONTE DOS SANTOS CO PITU CALEYA_2017!!



















O barruzo da sidra golpexando no fino vaso e bañando os nosos corpos e paláns , marca inexosarablemente o pistoletazo de saida na marxe cantábrica da brutal e impredecíbel xeira de abertos diste verán 2017.




















Cheiro a sidra e a pitu caleya unha vez incendiaron as festas de Piarnu no concello asturiano de Castrillón que unha vez , e xa van 10 con ista , acolleu o mítico torneo de Liriu do Pitu Caleya.



















E coma un raposo famento asexando no galiñeiro , Manu Pozo , o gran palanador cordovés dos Billardeiros Musicais dende o primeiro intre botoulle o ollo ó espectacular exemplar de Pitu Caleya situado coma sempre a pé de pista , un sentimento de supervivencia e persecucion salvaxe que transladou ó terreo de xogo en cadanseu golpexo na procura do tan desexado Castru.



















Un castru e un Pitu Caleya que unha vez máis tivo ó Comandante do Liru Hevia coma coordiandor e organizador diste prestixoso evento referencia bsoluta para o deporte do Liriu en Asturies.
















E mentras na beira cantábrica se combatía a canícula a base de fresca e cantarina sidra , na beira atlántica o viño e as sardiñas eran os acompañantes perfectos para cada varado en Poio no primeiro Aberto de billarda de San Xoán coordiando polos refenciais Armadiña Billarda



















Estoupaban os foguetes no ceo de Piarnu e os xeos nos primeiros vasos do vermu para celebrar e anunciar ó mundo a Manu Pozo coma gran e merecedor campión do Pitu Caleya-2017....Pitu e Hevia Sempre , Adiante  Liriu Asturies!!

sábado, junho 17, 2017

O ANHO MOURO EN BARREIROS, RAIO DE SOL EN LAXE E CACHIÇA NO FUSCALHO DA GUARDA





















Todo listo e disposto nos diferentes frontes LNB para que ista find. ceives de novo a ovella ou carneiro  mouro que levas dentro .




















A Conferencia Mae como xa é norma pon a guinda á tempada regular coa desputa do Anho Mouro , o explosivo torneo por equipas presidido por un espectacuelar exemplar de ovella autócotona galega , desputaras iste domingo no campo das valgas de San Miguel de Reinante con sesion matutina , xantar de irmandade no Restaurante " El ultimo Cuple " e posterior desenlace ....poderán os Billardeiros Musicais continuar mantando a súa hexenonís niste histórico torneo esquilando ós esforzos dos seus contrincantes? a resposta iste domingo apartires das 11:30 h...


















E iste mesmo domingo os cativistas da Conf. NorOeste retornarán ó mítico Raio de Sol de Laxe para vitaminizar e mineraliizar o seu brutal proxecto billardeiro a base de vermuth , churrasco , pelos no peito e incendiario e emerxente rock galego....


E xa van 2 aniños !! e pra celebralo temos preparada unha festa que vai durar todo o día!!

Comenzaremos a 1 do mediodía con unha sesión vermuth folk, amenizada polos fenómenos de Antoxo Duns Poucos, grandes dentro da música tradicional galega, farannos disfrutar do seu bo facer.

Dende antes da sesión vermuth daremos churrasco gratis con cada consumición a todo aquél que o queira, ata a noite, haberá churrasco a fartar!! 

As 5 da tarde disputaráse o 3º Aberto de Billarda, quen queira participar podese apuntar no mesmo bar, por aquí ou vía whatsapp. Os gañadores levarán un orixinal trofeo.

E as 22:30 da noitiña, un acontecemento importante!!! Concerto presentación da banda de Rock en Galego NAYA!!!! presentación en exclusiva pra todos os que queirades vir!! Entrada de balde.

A banda está formada por:

Javi Naya: pai do proxecto,Guitarra,tocou na Orquesta Jazz do conservatorio, formou parte de grupos como Luar na Lubre, Bush Doctors, Madialeva, e actualmente forma parte de La Banda de los Denunciados.

Maite Lois: a voz, colaborou con múltiples músicos e formou parte de Madialeva, actualmente fai coros en La banda del Camión e pon a parte vocal en La Banda de los Denunciados.

Enrique Mirás:ó baixo, músico multidisciplinar , toca todo o que se poña por diante, e tocao ben, dando mostra diso en Madialeva, e en Aldraxe.

Jacobo Torres: a batería, tocou con bandas míticas da cidade da Coruña, Enkord, Bulldozers, Jacobo Paz & dos mundos, e actualmente maltrata os parches en La Banda de los Denunciados.

O dito,non vos perdades o estreno de esta gran formación!!!

E DURANTE TODO O DÍA (ATA AGOTAR EXISTENCIAS) CAÑAS A 1€ !!!!!!






















E o sábado a activade bilhardeira retorna ó universo da mítica Conferencia Sur , un lume que nunca puido ser desarticulado e que ista find. prenderá de novo con toda a forza no Aberto de Cachiça do C.S Fuscalho da Guarda no marco das activades de celebracion do seu V aniversario...Chupi Sempre , avante Conf. Sur!!  

Cachiça! Billarda, pincha, pateiro ou estornela! 
No Sur! Dende a atalaia da Guarda, ao amparo do C.S.Fuscalho. Porqué non vale parar.
Achegate e participa!

sábado, junho 03, 2017

XOTRAMU - MUIMENTA .....FILLOAS, BILLARDA E OZOCOgz!!

























Por fin os irmáns de OZOCOgz abrazan a revolucion LNB e fano no contexto brutal do encontro Xotramu de Muimenta que convirte iste sábado 3 de xuño a vila chairega  na gran capita muldial dos xogos e deportes tradiconais


















Coma en anteriores ocasións despois do xantar a iso das 15.30 h. desputarase o xa mítico Aberto da Filloa que escorrenta as grandes tensions vividas pola serpe multicor da LNB no final de infarto dunha tempada regular que desenvocou co retorno da Coroza, da man de Markitos,  ás terras da Conferenia Mae. Filloas , xarutos e botellíns sen vaso en Muimenta iste sábado para un aberto que abre a veda para os excitantes e sempre explosivos Abertos de Verán...prepara a túa larada-billardeira porque chega o Anho Mouro!! 

terça-feira, maio 30, 2017

PLAY OFF NACIONAL_2017>> PRESENTACIÓN , NÓ E DESENLACE!!



















Ruxiron os paláns , as billarda e os centos de Rumoros@s da LNB que iste pasado domingo se deron cita no espectacular marco do campo de futbol de terra do Fátima para a celebración por todo o alto e baixo da gran muiñada do Play Off Nacional-2017



















iste próximo sábado a Galega emitirá a Copa Ibérica de Futbol Gaélico que se vai desputar na Coruña, unha excelente nova para todo o desporto autoxestionado e de raigame mais unha mágoa que ista cobertura do ente publico galego non se extenda máis aló xa que por desgraza eventos multitudinarios como o noso Play Off Nacional continúa na penumbra máis absoluta dista canle publica.




















Será que o poder , as institucions e os medios publicos galegos temen e igual con razón a firmeza e queren evitar o inevitábel ...a brutal proxeccion nacional e internacional da indomábel Tribo Coroza!!



















Desporte e xantar autoxestionado , as tortillas e o viño voltou correr a regos coma o sangue correrá dende o Caurel a Compostela para derrubar coas forza das nosas billarda as fiestras tapiadas polo feixismo para que os nosos irmnás do centro social Escarnio e Maldecir volten vacinar de vida e coraxe as pedras do seu local na praza de Cervantes.



















E non só viño e cervexa regaron cada un dos nosos varados , sidra artesá e galega ó estilo bretón saíu da neveita portatil da tribo da Noroeste para de xeito solidario acompañar os petiscos das mesas veciñas ...saiban todos ahí fóra , se queres auténtica sidra galega dirixete a Martiño de Campo da Feira



















E no medio da tempestade de varados , petiscos e grolos ....o xuri do Millo Corvo arrincaba o seu paseiño armado con navallas e coitelos para elexir  a mellor e peor tortilla do Play Off Nacional




















Aromas e sabores das mellores tortillas do país misturábanse coa coñac coa que algun dos xuices do Milla Corvo desinfectaba os beizos despois de cada petisco- Non cho quero decir , a tortilla realizada por Luis Camiña dos Corredoiras de Bueu foi a Millo Corvo 2017.


















Finais de mañán e tarde queconvertiron o estadio do Fátima nise Estornópolis que todos levamos dentro...
















Adriana de Valpaço proclamouse campioa nacional infantil





















A Mñitica Chefa de Corredoiras de Bueu campioa nacional feminia


















Markitos de Billardeiros Musicais rachaba o horizonte e preparaba o corpo e a boneca para vestir a Coroza proclamnadose Campión Nacional de Varados.


EQUIPOS: 1º Corredoiras Bueu / 2º Carabullo de Muimenta / 3º Gharaboto Marin























E coma colofón brutal Markitos de Billardeiros Musicias proclamouse Coroceir@ Nacional_2017 convertindose ademñais no primeiro gran tricampión nacional absoluto da LNB...Coroza Sempre , Adiante Play Off Nacional!!

segunda-feira, maio 29, 2017

BAIXO O ARCO DA VELLA COMPOSTELÁ MARKITOS DE BILLARDEIROS MUSICAIS....COROCEIR@ NACIONAL_2017!!

















DESPOIS DUNHA NOVA XORNADA HISTÓRICA NO ESTADIO DO FÁTIMA , A COROZA MÁIS UNHA VEZ E XA VAN TRES , BUSCOU E ATOPOU COMA UN LOBO ATOPA A LEBRE NO MONTE XEADO O CORPO E IALMA DE MARKYTOS , O GRAN PALANADOR DOS BILLARDEIROS MUSICAIS RECIBÍU NO LUSCO E FUSCO ADORNADO CUN ESPECTACULAR ARCO DA VELLA  DE MANS SEU COMPAÑEIRO DE CONFERENCIA CHOUSA A COROZA QUE O ACREDITA COMA GRAN COROCEIR@ NACIONAL_2017!!

















UNHA COROZA CONSEGUIDA A FERRO E LUME NUNHA FINAL DAS QUE FAN AFECCIÓN E DEIXA PEGADA NO SUBCONSCIENTE COLECTIVO DE TODA A SERPE MULTICOR DA LNB NA QUE O DOS BILLARDEIROS MUSICAIS DESPREGOU TODO O SEU PODERÍO PARA  NEUTRALIZAR OS EMBITES DUN EMBRAVECIDO DANI RINO QUE SE COROOU SEGUNDO CLASIFICADO E DE CHARLY DOS CARABULLO QUE EN NENGUNHA DAS TRES CARREIRAS DA FINAL ATOPOU O VIEIRO QUE O GUIARA CARA A ISE OLIMPO DOS TRES ELEXIDOS.. BILLARDA SEMPRE , NORABOA MARKYTOS COROCEIR@ NACIONAL_2017!! 

sábado, maio 27, 2017

PLAY OFF NACIONAL_2017>> A LOITA POLA COROZA NA PATRIA SALVAXE DO GARAÑON FERIDO!!
















Unha edición máis do Play Off Nacional de Billarda , Nachok prestorunos os seus ollos e pulsaciós necesarias para plasmar dun xeito brutal e tanxibel a magnitude da traxedia . Coma garañons feridos a sepre multucor da LNB retorna da man do mítico MARIO de Conxo ó espectacular marco do campo do Atlético Fátima para en Compostela  para enfrontarnos plalanadores e palanadoras famentos ó gran desafio da Coroza da LNB .Play Off Nacional_2017 porque sexas da conferenmcoa que sexas , se tes o enorme privilexio de loitar pola Coroza faino coa cabeza ergueita , os puños acendidos e a cabeza ergueita...




















PLAY OFF NACIONAL 2017>> prepara a tixola os ovos da casa , as patacas con vermes ....porque volta o incendiario concurso anti-gastronómico do Millo Corvo á mellor e peor tortilla do Play Off Nacional , iste dominfo no campo do Fátima en Compostela Billarda e Tortillas contra a prohibicion do cultivo da pataca autóctona na Galiza!!


PLAY OFF NACIONAL_2017>> Iste domingo a Guagua da LNB-NorLeste ó igual que as caravanas de carros dende a Coruña e das Rías Baixas , sairá da estación de buses de Ribadeo ás 7:30 h. parada chairega na rotonda grande de Vilalba polas 9 h. Almorzo no Bar o Cruceiro do Pino a base de bocadinhos de xamón e café de "pota-madre" para cargar os paláns coa forza e precision necesaria para o asalto á Coroza..Billarda Sempre, Adiante LNB!! - En TodoLNB está po sistema de compèticon e listaqxe de clasifucad@s!!

domingo, maio 21, 2017

CHARLY ATRAPA O COELLO EN REMOURELLE... E O TÍTULO DE GRAN CAMPIÓN ABSOLUTO DA NORLESTE 2017!!



















A LNB destapou unha vez máis o poderoso frasco das esencias , e fixoo por todo o alto no gran Aberto do Coello de Suso en Remourelle , un dos epicentros brutais nos que cada vez que serpe multicor retorna á mítica pista de cemento volta a estourar o big bang en cada golpexo da madeira contra a mederia e en cada dentada do torrezomo contra a moa.


















Derradeira xornada puntuábel ó igual que aconteceu o sábado no Campo de Fultol de Laxes no Beluso na Conf.Riasbaixas e o domingo no Melga de Ponteceso na Conf. Noroeste




















E no horizonte salpicado pola ilusion e o arume a purin.....o desexo infindo de abonar cos noso golpexos o estadio do Fátima o vindeio domingo no Play Off Nacional _2017!!    






Compostela agarda a toda a tribo LNB para a desputa da Coroza mais un apendice clave e fundadamental é a brutal forza tanto deportiva coma filosófica coa que a conferencia mae arriba nos campos de meiz do estadio do Fátima. E moitísima da culpa diste potente dicurso filosófico-deportivo que emana das pista de xogo e se perpetúa no noso subconciente colectivo é sen dúbida do gran palanador dos Remourelle Bulls Muriego . O actual posuidor do Xerro do Salnés soubo e sabe analizar cada molécula do ADN billardeiro para imporse cun discurso demoledor ó bacotexo enxordecedor do bruar das billardas. Anti.Tod@s... xa non quedan máis collóns , Eskorbuto e a LNB ás eleccions!!



















A loita na pista de xogo deu paso á festa rachada na Taberna de Lola coa torrezamada coma prato forte amplificada por unha gran sesion de video-dj executada por Basi  e unha espectacular entrega de premios dos campions de conferencia.



















estalaban os torrezmos nas nosas bocas coma os lostregos e os foguetes o fan no ceo para alumar o camiño e anunciar a brutal festa que se aveciñaba...


















Charly campión do Aberto do Coello e Campión Absoluto da Conf. Norleste , ó igual ca Xosé Collazo na NorOeste e  ------ na RíasBaixas . En TodoLNB  as táboas de clasicad@s para o Play off Nacional_2017 porque sexas da conferencia que sexas se tes o enome privilexio de loitar pola Coroza.... faino coa cabeza ergueita , os puños acendidos e as billardas e afiadas!!

domingo, maio 07, 2017

MURIEGO , O MÍTICO PALANADOR TAPIEGO DOS REMOULLE BULLS ARRASA EN XIL E FAISE CO XERRO DO SALNÉS 2017!!

































No mítico poema de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no que se inspirou o berro do Adiante co Varal , o protagonista pregunta polas portas das casas se lle deron morcillas a Vidal , niste Xerro 2017 por fin , despois de moitos anos de loita nas pistas da LNB contra o varal e si mesmo , Muriego o gran palanador Tapiego dos míticos Remourlle Bulls fíxose co gran Tesouro que supon o seu primeiro triunfo absoluto nun aberto LNB . E non podía ter mellor esceario ca Xil e mellor trofeo que o Xerro do Salnés...
DÉRONLLE AQUÍ  UN XERRO A MURIEGO?? , AQUÍ SI , ....POIS ADIANTE COA TABERNA DA CANCELA E ADIANTE CO VARAL!!



















O Xerro-Bus da LNB partía dende Ribadeo cara a Xil ás 8 en punto da mañá cun ollo posto nas cuncas e o outro no varal da Pista das Angustias...



















Parada técnica no Bar O´Cruceiro do Pino , cafés e bocadillos de xamón , queixo e panceta prepararon ós corpos dos palanadores e palanadoras para afrontar unha dura e histórica xornada de furanchos e billarda . En Compostela Hazte Oír tiña o seu bus dando voltas e a LNB tiña os paláns preaparados por se nos cruzabamos de fronte ...



















Chegada a Xil e as portas da Taberna da cancela se abriron un ano máis de para en par para o abrazar dunha nova edición do XerroSo Salnés. Unha edición na que Abel , non puido estar presente por mor dunha escoradura de faciana despois dunha caida en patinete. Iste feito marcou totalmente a edición 2017 do Xerro polo que en cada cunca e en cada varado Abel e Paula estiveron presentes!!















Despois dos primeiros grolos na Cancela , o mítico Cesar de Xil exerceu de sherpa no brutal labirinto de emicions da xira de furanchos




















A serpe multicor furancheiro-billardeira metíase en faena combatindo os raios de sol do mediodía a base de viño e bos petiscos de materia prima autóctona.



















unha expedicion billadeira que contou cunha poderosa presenza de palanadores e palanadoras asturianos e do eo-navia , Fer , palanador de Serantes e o paparazi de Barreiros "Antonio" desfrutaron coma ananos xunta o resto da tribo na inmersion furancheira na procura dise gran "tesouro" interior que todos levamos dentro.




















Un Tesouro que Cesar e Serxio coñecen perfectamente xa que dende o primeiro Xerro aló polo 2005 Cesar o palanador de Xil estivo presente nalquel mítico churrasco inaugual cociñado por Abel e Alfredo, e Serxio , o palanador da Faisca que viveu en care n propia os sanguentos anos do chumbo da salvaxe Conferencia Sur.




















Xantar de irmandade ...



















e incio das hostilidades na mítica pista das Angustia para a desputa do Xerro do Salnés 2017



















Bruaban as billarda nun aberto do xerro que contou coa presenza de palanadores de todos os hemisferios pese a que había aberto puntuábel na Conf. RíasBaixas



















Palanadores aborixes de Xil competiron a un gran nivel e colaron a un dos seus xogadores na gran final a CATRO xunto a Geni e Daniel de Billardeiros Musicais e Muriego dos Remoulle Bulls.



















Tivo que ser en terras do Salnés e fronte á mítica Capela das Angustias de Xil donde o gran palanador Tapiego Muriego dos Remourelle Bulls despois de moitos anos de loita e compromiso total coa billarda coma xeito de vida e filosofía acada o triunfo absoluto nun aberto da LNB. Telefono vermello , voamos cara Remourelle co Xerro!!