O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 06, 2012

PALÁNS E BILLARDAS EMPURRAN NO DESERTO MARROQUÍ O PANDA VERMELLO DE JUAN E DANI NO SALVAXE PANDA RAID_2012!!

















Foi mítico nos diferentes sanedrins billardeiros aquela querencia e desexo absolutamente alebrestrado dun palanador ourensán de espetar o seu carro contra o estadio do Santiago Bernabeu , pois ben , fai uns días un coche pilotado por outros dous palanadoures pasoulle rozando na saída do Panda Raid_2012, unha espectacular competición que dende a metrópole española arrinca cara o país irman de Marrocos para en 8 días realizar o trazado marcado pola organización.




















Juan e Dani participan no seu Panda nista competición e ó igual que fixeran os palanadores do Spartak de Muimenta na súa furgo-ambulancia Madia-Leva cara Mongolia , desafían a podredume capitalista que inunda as competicións do desporto do motor. Piloto e copiloto acoplaron paláns e billardas na súa equipaxe de abordo e amiazan con realizar o segundo abertinho de billarda no Magreb despois daquel mítico Aberto do Cus-Cus de Marakech levado a adiante polo Tuareb da Faisca Xosé Miguel . Podedes seguir minuto a minuto e segundo a segundo cada acción do panda-billardeiro nas non estradas marroquís no seu explosivo facebook , e atención porque a LNB en colaboración co irmán RuAn está a punto de por en marcha os seu particular raid de merchandising billardeiro que vai rachar moldes....

1 Comments:

  • At 4:26 AM, Anonymous Anônimo said…

    Pra Raids o que fixo Otero este Sábado noite (e desta vez nom votou o carro à cuneta, foi muuuuuuito pior)

     

Postar um comentário

<< Home