O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 07, 2011

PRIMEIRO CONTACTO DA LNB CO INTEGRISMO BILLARDEIRO NO ABERTO DO COUS COUS DE MARRAKECH...MOITO BEREBER E MOI POUCO QUE BEBER!!


Mentras os irmáns das tribus galaiko-bereberes do Centro continúan na súa cruzada sobre as medidas de paláns e billarda pondo en marcha unha enquisa na súa web oficial coa que tantear ás dferentes opinions sobre o tema na serpe multicor, e mentras iso pasa unha outra cruzada moitísimo màis grave e perigoa se tinxíu sobre os palanadores que tentaron levar adicnate o explosivo Aberto do Cous-Cous de Marrakech , persecución da polía marroquí e a imposibilidade de montar a cantina na Haima-LNB desencadearon unha cadea de acontecementos que pouco máis acaban co Califa da Faisca Xosé Miguel ( Moaña ) e os seus acompañantes pudríndose nunha cadea marroquí durante anos ó mais puro estilo expreso de medianoite , por sorte os activistas billardeiros xa están con todos nosoutros de volta e con lingua e brazos para contalo, ahí vai o seu extremecedor foto-crónico:

Cando o Aberto do Cous-Cous estaba a piques de comezar, e centos de espectadores agardaban este esperado acontecemento, a policía Marroquí acudíu alertada ao set-cantina que a LNB montara na plaza Djemaa El Fna alertada por comerciantes locais pola venta de bebidas alcoholicas. Ao chegar a policía e ver que se vendía licor café, e ver que os siareiros alxerianos que viñeran a animar a súa selección que xogaba ese mesmo día contra Marrocos en Marrakesh estaban armados con paláns e bebendo licor café amenazou a cantina que era ilegal o consumo de alcohol en Marrocos e que para disputar o Aberto tería que deixar de venderse alcohol.

Celebrouse unha asamblea entre os participantes do aberto e decidiuse por unanimidade suspender o aberto e acudir a un lugar liberado en Marrakesh onde a cantina LNB puidese funcionar con normalidade.

En Marrocos, moito bereber e moi pouco beber.

1 Comments:

  • At 8:53 PM, Anonymous Anônimo said…

    O novo hit das discos billardeiras

    http://gobarbra.com/hit/new-dade7273b60e03b08c2ac7b2d7b8d6c3

     

Postar um comentário

<< Home