CHARLY ATRAPA O COELLO EN REMOURELLE... E O TÍTULO DE GRAN CAMPIÓN ABSOLUTO DA NORLESTE 2017!!
A LNB destapou unha vez máis o poderoso frasco das esencias , e fixoo por todo o alto no gran Aberto do Coello de Suso en Remourelle , un dos epicentros brutais nos que cada vez que serpe multicor retorna á mítica pista de cemento volta a estourar o big bang en cada golpexo da madeira contra a mederia e en cada dentada do torrezomo contra a moa.
Derradeira xornada puntuábel ó igual que aconteceu o sábado no Campo de Fultol de Laxes no Beluso na Conf.Riasbaixas e o domingo no Melga de Ponteceso na Conf. Noroeste
E no horizonte salpicado pola ilusion e o arume a purin.....o desexo infindo de abonar cos noso golpexos o estadio do Fátima o vindeio domingo no Play Off Nacional _2017!!
Compostela agarda a toda a tribo LNB para a desputa da Coroza mais un apendice clave e fundadamental é a brutal forza tanto deportiva coma filosófica coa que a conferencia mae arriba nos campos de meiz do estadio do Fátima. E moitísima da culpa diste potente dicurso filosófico-deportivo que emana das pista de xogo e se perpetúa no noso subconciente colectivo é sen dúbida do gran palanador dos Remourelle Bulls Muriego . O actual posuidor do Xerro do Salnés soubo e sabe analizar cada molécula do ADN billardeiro para imporse cun discurso demoledor ó bacotexo enxordecedor do bruar das billardas. Anti.Tod@s... xa non quedan máis collóns , Eskorbuto e a LNB ás eleccions!!
A loita na pista de xogo deu paso á festa rachada na Taberna de Lola coa torrezamada coma prato forte amplificada por unha gran sesion de video-dj executada por Basi e unha espectacular entrega de premios dos campions de conferencia.
estalaban os torrezmos nas nosas bocas coma os lostregos e os foguetes o fan no ceo para alumar o camiño e anunciar a brutal festa que se aveciñaba...
Charly campión do Aberto do Coello e Campión Absoluto da Conf. Norleste , ó igual ca Xosé Collazo na NorOeste e ------ na RíasBaixas . En TodoLNB as táboas de clasicad@s para o Play off Nacional_2017 porque sexas da conferencia que sexas se tes o enome privilexio de loitar pola Coroza.... faino coa cabeza ergueita , os puños acendidos e as billardas e afiadas!!
1 Comments:
At 4:07 AM, raybanoutlet001 said…
michael kors handbags outlet
coach outlet
coach factory outlet
nike store
new orleans saints jerseys
louboutin shoes
ralph lauren
los angeles lakers jerseys
ugg boots
nike blazer pas cher
2017.8.23
Postar um comentário
<< Home