O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 03, 2017

OS CARABULLOS ASALTAN A BOLA DE LISCOS E XAN RODIÑO DESEMBARCA NO TEMPLE!!



















A bola de liscos e a tribo toda da Norleste tivo que buscar territorios alternativos por mor do impracticábel do campo de Vián. O pavillón municipal de Bretoña era o espazo predisposto pero a tarde e o voo das cigoñas invitaba ao risco de invadir o campo de futbol anexo...



















elección correcta a de deixar que as billardas e os palanadores aloitaran pola bola de liscos a ceo aberto...


















a brisa chairega e as raiolas de sol golpexaban o pelexo dos palanadores e palanadoras que converteron cada golpexo nunha brutal exaltacion e apoloxía dos liscos e das freces.



















Ao final Carabullo fixo bicar a lona ós todopoderosos Billardeiros Musicais , consolidandose a equipa chairega coma unha temíbel franquicia fóra da gaiola dos pavillóns..


















E mías cando  dous seus palanadores , Charli e Javi Moran fixéronse con primeiro e segundo posto respectivamente condenando a Daniel ó terceiro andar do podium


















E ó día seguinte na NorOeste , novo record absoluto de asistencia rozando za o medio cento de activistas LNB na pista do Temple en Cambre.


















O exitazo do Billarda All Stars de Laxe xestionado pola Noroeste está a reflectir xa directamente nos seus cada vez máis multitudinarios Abertos


















Novena xornada da Conferencia Noroeste de Billarda,celebrada na pista polideportiva do Temple (Cambre).
Campión:Xan Rodiño.
Subcampión:Eduardo Garcia.
Terceiro:Luis Camiña.
Campión infantil:Juanma