O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, abril 30, 2017

NA TERRA DAS CIGOÑAS .... BILLARDA , CERVEXAS E PEGAS REBOLDÁS!!



















Recta final na Conferencia Mae cun multitudinario Aberto en Mosteiro , concello de Pol , no que as equipas chairegas pese a pisaren o acelerador non puideron aplacar o empurre dos todopoderosos Billardeiros Musicaias.



















Cos aborixes Castroverdiáns da referencial Chave das Noces ó pleno , co comandante Seixas dirixindo cada unha das embestidas ó Varal , as franquicias da terra das cigoñas querían demostrar o seu podería asaltando o podium de Pol antes de pechar tempada no mítico Aberto do Coello de Remourelle




















Máis de medio centro de palanadores e palanadoras loitaron polos espectaculares trofeos de Polka que acreditaron a Regueiro de Troitas Bravas coma terceiro clasificado , Pepe Vidal do Cadaval coma segundo e a Markitos de BM coma campión absoluto. No capítulo de franquicias unha ves máis os Billardeiros Musicais pasaron o rodillo e fixéronse co trofeo ó mellor equipo da xornada . A serpe multicor continúa a súa brutal travesía , próxima estacion sábado 6 de maio Xerro do Salnes en Xil Meaño...Billarda e Viño Sempre , Adiante co Varal!!