O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, abril 01, 2017

ISTA FIND. IREMOS DE VIÁN Ó TEMPLE POR TERRAS LIBERADAS!!



















Iste sábado a serpe multicor da Norleste retorna á actividade e faino ensinando os dentes con candanseu varado nas bravas terras de Vián. A terra chá luguesa de acolle de novo unha enganchada transcendental no circuito billardeiro da conferencia mar que xa perfila a súa restra de clasificados cara ó sanguento Play Off Nacional_2017.

















Unha sangue que xa inundou os regos e corredoiras  a semana pasada en Mourente donde preto dun cento de activiatas LNB converteron o Aberto puntuábel da Conf, Ríasbaixas nunha multitudinaria e salvaxe treboada de pinchas e cachizas famentas de Coroza...















Unha Coroza cuxa imaxe estará presente tamén iste domingo no gran Aberto do Temple en Cambre donde a tribo da NorOeste dende as 11 da mañá desputará o seu gran torneo puntuábel , un paso máis para @s activistas atlánticos que despois do puñetazo riba da mesa co exitazo do Billarda All Stars_2017 queren por a guinda ó pastel preparando o asalto defitivo á Coroza dun dos seus palanadores ou palanadoras no vindeiro Play Off Nacional....ista find, iremos de Vián ó Temple por terras libradas , porque a forza da cada un dos nosos varados non pode ser inutle!!