DA ZAPATEIRA A LAXE, A LNB TENSA O ADIVAL DA HISTÓRIA CUN EXPLOSIVO ALL STARS_2017 NA COSTA DA MORTE!!
A noite dun Billarda All Stars sempre é máxica e máis máxica e salvase é se a tribo LNB desemboca despois dun día enteiro de varados e furia coma unha larada de lobos e lobas famentos diante dun esceario con 12labirinto e os seus compañeiros de grella artistica , Xenderal e Druidas da Rolda
Arrincaba unha histórica xornada no espectacular marco da praia de Laxe cun multitudinario concurso de tripas e varados que pola súa gran afluencia impedía que se celebrase o mítico concurso de mates que para unha vindeira edicion quedará
Xantar de luxazo no restaurante o Pino donde as diferentes confluencias da LNB presentes en Laxe mentras lle metían o dente á carne fresca e lle petaban ó viño e likor estableceron os tecidos para os futuros asaltos
Pero ademáis da multitudinaria asistencia e da gran xention organizativa da Noroeste , iste All Stars Laxe:2017 pasará á história pola espectacular retransmision en tempo real polo Facebook-Live , unha incendiaria version de Tele-Varal ao vivo que converteu ista edicion do partido das estrelas no máis seguido de todos cantos se teñen celebrado. Explosivas doses en forma de estalos a pé de pista con Serxio coma enviado especial e Xosé Miguel coma cámara alebrestrado fixeron posíbel iste gran suceso que eclipsou totalmente o partido de Galicia vs Francia de futbol gaélico emitido pola Galega.
E sobre a area de Laxe no lusco e fusco desputouse o gran partido das estrelas no que palanadores coma David Fontan tensaron o gran adival da LNB que une Laxe co primeiro Billarda All Stars celebrado na Zapateira da Coruña.
Xosé Collazo foi o gran campión do concurso triplas-Varados All Stars_2017 e o mítico Ivan de Furabolos da Conf. Centro foi o campión absoluto no partido das estrelas. Paláns e alto porque o vindeiro Billarda All Stars por primeira vez na história desputarase no hemisferia sul do país...Billarda Sempre , Adiante All Stars!!
1 Comments:
At 9:19 AM, 5689 said…
zzzzz2018.10.17
reebok outlet
birken stock
supreme
kate spade handbags
pandora outlet
ecco shoes
pandora charms
ugg boots
ugg outlet
ralph lauren polo
Postar um comentário
<< Home