O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, janeiro 17, 2017

UN PIXAMA PARA A MONCLOA ,UNHA GALIÑA DE MÓS PARA AS RÍAS BAIXAS E DUCIAS DE OVOS PARA MUIMENTA!!


O cumio irlandés - español deixou unha das imaxes máis surrealistas para deporte galego que de seguro tardará moito tempo en ser superada. Que o primeiro ministro irlándés agasalle a rajoy cunha camiseta da seleccion galega de futbol gaélico é un feito que nen o máis coñecedor das artes protocarias poderia nen sequera imaxinar. É iste agasallo "ao máis alto nivel" un feito positivo ou un insulto para o futbol gaélico galego? . A resposta está no ar .... e de seguir rajoy recibindo agasallos "autótonos" nos seus futuros cumios internacionais de que pesidente e que qué país che gostaria que recibira a camiseta da Auténtica?

















Un outro feito desacougante foi a presenza de varios comandos de palanadores e palanadoras chegados da Conf. RíasBaixas que coma adelonciñas famentas asaltaron o antigo campo de futbol de Castro Ribeiras de Lea na procura das dúcias de ovos e dos espectaculares exemplares e Galiñas autóctonas no gran Aberto da Galiña de Mos coordiando pola referencia equipa aborixe das terras do Lea O Cadaval. Xan Rodiño dos Lúa de Forza das RíasBaixas proclamouse campión absoluto diste gran aberto e xunto cos Carabullo coma campións por equipas e Geni de BM coma campiona feminina coparon o máis alto diste podium niste primeiro torneo do ano no hemisferio chairego. Galiñas e Pitos de Mos Sempre, Adiante co varal!!