BILLARDA , LACÓN . VIÑO DE VILABOA E ENCROBAS SEMPRE!!
A tribo da NorOeste rachaba a mañán do domingo cos seus poderosos varados en homenaxe á loita e resistencia nas Encrobas.
As billardas coma radical soporte poético-literario estanse a impoñer nas pistas da LNB e en cada recuncho do país donde un berro xordo precisa das nosas billardas impresas, nengún sitio mellor que ó carón do busto do referencial Moncho Valcarce apousentar o noso fero ouveo de carraxe e resistencia indíxana.
Un aberto das Encrobas que tivo moitas derivadas , entre eleas o pase do documental " unha muller que pasa-silencio" nun centro social ateigado de xente que puido desfrutar tamén da exposicion itinerante de cartaces e estalos dos 10 anos de activiade e hiperenxebrismo da LNB.
E das Encrobas a Meira , non corazón da terra cha luguesa celebrábase na tarde do domingo unha nova edicion do mítico Aberto do Lacón.
É tempo de cocidos e de apoloxía da matanza , son moitos os fogares donde aínda os cochos colgan abertos das bigas , en poio do dereito a matar na casa a LNB coroou ó gran palanador dos Billardeiros Musicais Manolo Pozo coma gran campión do Aberto do Lacón. O palanador ribadense despois de asaltar varias veces os podiums da Noroeste por fin en Meira racha o xeo na conferencia mae , que é a súa natural , e faise co primeiro ó carón de Pepe de Outeiro coma segundo clasificado e Franco coma terceiro.
Un día antes , o sábado en Vilaboa , un novo aberto multitudinario irrompía na Conf. RíasBaixas, no máis alto Ricard lanznado ó carón da súa billarda a mensaxe de que quen tivo coroza retivo xestas , unhas xestas e un xogo que poden facer que a final de tempada a Coroza volte a cubrir o seu fibroso corpo de atleta-LNB....Billarda , Lacón, Viño de Vilaboa e Encrobas Sempre!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home