SANTI E OS CARABULLO, AS ADELONCIÑAS QUE CONVERTERON A FAXARDA NUN INFERNO PARA OS BILLARDEIROS MUSICIAS!!
Voltou o Apalpador da LNB ó campo da Faxarda de Ribadeo para facer entregra do espectacular exemplar de Galo autóctono galego ó campion do Aberto que iste sábado acadou a súa xa décima edición. Un Aberto que supuxo un brutal golpe do palán sobre a mesa dos Billardeiros Musicais xa que Santi coma campión absoluto e a súa franquicia os Carabullo selaron un maxistral pleno na propia casa da poderoso franquicia ribadense.
Ambientazo na Faxarda nunha tarde de sol , furia e billarda que achegou á loita polo mítico Galo da LNB a preto dun cento de fementos palanadores e palanadoras da Conf. NorLeste
Co jet lag incorporado nos seus paláns os anti-eurodeputados da LNB recén aterrados despois da súa histórica accion billardeira en Bruxelas , estiveron na Faxarda loitando corpo a corpo co resto de participantes pola gloria de abrazar e bicar o gran Galo da LNB.
Fai uns días puidemos ver unha furna coas cinzas de Fidel Castro percorrendo o camiño dende a Habana a Santiago de Cuba, iste sábado na Faxarda unha outra furna de carton branco chea de vida e paixón revolucionaria coa a do comandante , estivo a pé de pista gardando no seu interior un impresionante exemplar de Galo Autóctono galego polo que as ducias de palanadores e palanadoras que se mutaron en adelonciñas famentas na procura dun galiñeiro
A seleccion de Brasil no 1950 fronte a Uruguai e no 2014 fronte alemania sufriron ambas derrotas que se coñecen coma Maracanazo , os Billardeiros Musicais na décima edición do Aberto do Galo coa victoria dos Carabullo sufriron o seu particular Faxardazo.
E por se non fora pouco impacto xogando na casa deixar nas mans de Carabullo o titulo de campións de franquicia, Santi tamén de Carabullo fíxose co Galo da LNB , con Noé de Troitas Bravas na segunda posicion e con Daniel salvando os mobles e orgullo dos Billardeiros Musicias no terceiro posto
E ó día segunte , na mañá do domingo en Eiris a Conf. Noroeste voltaba coller as armas...
Quinta xornada da Conferencia Noroeste de Billarda,celebrada no campo de fútbol en Eirís (A Coruña)
Campión:X.Collazo.
Subcampión:Berdillo.
Terceiro:Daniel.
1 Comments:
At 3:29 AM, Unknown said…
polo ralph lauren
ray ban sunglasses outlet
fitflops sale
nike outlet
mont blanc outlet
coach outlet
polo ralph lauren
ray ban sunglasses
saics running shoes
nike tn
Postar um comentário
<< Home