AS BILLARDAS DA LNB BRÚAN A PROL DO GzExit NA PORTA DO PARLAMENTO EUROPEO EN BRUXELAS!!
Dous dos ARMADANÇAS , Ismael de Outeiro e Xabier Cordal , na praza da porta do parlamento europeo cos pes enlamados en terra liberada e cos ollos chantados no futuro dun país , dunha cultura e dun desporto ceive do circulo da cadea de estrelas
Abertinho histórico no que as billardas da LNB asulagaron a praza na porta de entrada do paralamento europeo.
O desporto nacional galego acadou a visivilidade en Bruxelas que en moitas prazas e espazos do país se nos nega.
Somos un país , o máis remoto ...dispostos a resistir o asulagamento en cada varado
Palán ergueito, no brazo unha estrela,
a nave de buxo rebenta a mañá;
fura o nordeste cun seco varado,
dálle na frente ao Imperio do Mal,
pobo, que esperas?, adiante co varal!
O perigoso Komando-Billarda camuflado no medio da comision cultural galega convidada por AGE ao parlamento europeo na tardiña do mércores 7 de decembro decidíu relizar o seu discurso pechando a boca e os puños sobre o palán para deixar que as billardas falaran co seu bruar sobre a brisa de Buxelas...GzExit , Billarda Sempre Adiante co Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home