O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 30, 2016

MONTEXALO É O EXEMPLO - #FaitedaLNB ....VEN , PARTICIPA E DIFUNDE!!















Un avion estrélase por falta de gasofa nun descampado colombian segando con elo a vidas de case todo o equipo de futbol brasileiro que ía nel , nunha outra explanada un outro avión , o da Conferencia Noroeste da LNB, despega firme e cargado de combustíbel de biomasa de toxo e ilusion dende a espectacular pista de despegue do Montexalo . Unha mañá histórica na que a referencial conf. atlantica rachou cadeas acadando un brutal novo record de asistencia.



















A redefinicion da estructura territorial da LNB reflexouse tanto no campo de xogo coma no podium , a noroeste acolle históricamente palanadores e palanadoras nómadas da norleste mais amplifica o súa nómina á natural absorcion da tribo estornela orixinaria da mítica conf. centro . Un podium que por primeira vez nista tempada desterrou a palanadres da conf. mae e deu entrada a Toño da Centro no terceiro posto , Collazo no segundo e Andrade no máis alto.















Un exitazo que xente e emocións compartidas que de seguro non vai deixar de medrar na Noroeste e en todos os frontes abertos pola LNB , en verbas dos organizadores diste grande evento no Montexalo puido ser aínda máis multitudinario de ter posto os cartaces en algun dos bares cercanos , polo que incidimos na necesidade do boca a e o varado a varado . #FaitedaLNB ..Ven, participa na difunde!!