O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, novembro 05, 2016

LATAS DE SARDIÑAS E BILLARDAS NAS INVISÍBEIS TRINCHIERAS DA CARRAXE!!















A espectacular exposición no museo Alfaco de Vigo sobre as latas de conserva atopadas nas trincheiras durente a guerra civil nos frontes do Ebro , Segre e Teruel " Cando obsevedes istas latas , tentade porvos no pelexo do soldado ao que serviron de sustento . Pechade os ollos e pensade no rapaz de entre 17 e 25 anos , sentado nunha trincheira , coa súa arma lista para ser utilizada e cunha distas latas latas entre as mans acompañada dun chusco de pan , inxerindo a súa única comida do día que podía convertersa na derradeira da vida.





















Oitenta anos despois nas trincheiras do desexo e do indexinismo un outro exercito regular cos paláns listos para entrar en loita se concentra iste domingo para dende as 11 h. abrir a lata das billardas na mítica Praza da Sardiñeira da Coruña e plantarlle cara ó mesmo verdugo das mil caras contra o  que os soldados da brigada internacional aloitaron














unha find á que que chegamos cargados de furia, furia  necesara para cuspir na tumba do amigo como fixemos xa fai anos na do punki da vida Lois Pereiro e fai tan só uns días na do Samurai de Cerceda Tabe . Furia tamén para cuspir dende a Sardiñeira na cara do inimigo, ise suxeiro que estaba fai oitenta anos ó outro lado da trincheira asexante mentras comiamos as latas de sardiñas e que hoxe está recén estreando goberno...Brigadas Indíxenas e Billarda Sempre!!