O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, setembro 03, 2016

NO VALECO DE MONDOÑEDO E EN CADA TABERNA E CUNCA DO PÁIS ....BILLARDA SEMPRE , ADIANTE LNB MIL INVERNOS MÁIS!!

















No lusco e fusco dunha abrasadora noite de verán no Valeco de Mondoñedo , epicentro instrumental da gran Conf, Mae da LNB, a serpe mulitcor billardeira adentrouse no cálido niño de viño e tapas para a aprobacion do calendario de competicion do primeiro ano da segunda década de andaina anti-oficial-




















E por suposto será Alvariño o palanador de Muimenta que milita nos Polka , será unhas das grandes estrelas dista competicon que racha moldes e que iste mesmo sábado coordiana un dos explosivos abertos de pretempada no espectacular marco da praia fluvia da súa vila natal chairega.



















E ó iguaal que Alvariño e toda a tribo do NorLeste quenta motores , os activistas da NorOeste iste domingo 4 de setembro se botan ó Monte Alto para desfrutar das festas diste mítico barrio coruñés cuxa guinda será ás 17h. un gran Aberto de Billarda na que as estrelas do hemisferio atlántico conquistarán o futuro e presente cos seus paláns de xeo de lume.




















Porque a auténtica rebelion nistes tempos de calma tensa consiste en ollar con firmeza o horizonte ate pulverizar o Varal ...Billarda Sempre, Adiante LNB mil invernos máis!!