O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, setembro 24, 2016

DENDE CUNTIS , SOÑANDO UN PAÍS CUNHA MAIORÍA ABSOLUTA LNB!!





































Unha edición máis e xa van 6 , os irmáns da refererencial Asociacion o Fervedoiro de Cuntis botan as billardas e paláns a pacer na mítica ärea recreatica dos Albariños donde xa tantos Varados e estupidos a prol da supervivencia socio-desportiva  indíxena se teñen producido.Non voltaremos pasar frio , nen medo nen sede...porque o paraiso chamado Albariños volta a ser un lugar uabrumador no que as troitas cantan e xogan á billarda en lugar de reflexionar sobre cal das papeletas será a que eleixan o domingo para exercer  a súa nova radicalizacion sumisa. Dende o inico dos tempos da civilixacion Fervedoiro-Billardeira de Cuntis os cartaces e videos propagadores do Evento foron unha brutal pegada do ADN diste Aberto diferente e diferenciado e con identidade propia no salvaxe almanake da LNB, mais ista sexta edición que coincide coa xornada de  refleción dunha vez máis intranscendental xornada eleitoral do parladoiro "rexional" , os activistas do Fervedoiro aproveitan o contexto para recordarche que as pepelinas que introduces no sobre do voto están feitas da mesma madeira coa que construimos as nosas billarda , para que quedarse con sucedanios se podes votar a Auténtica....


















O único raio de sol de espranza no actual contexto de desolacion e horizontes turbios é o que representa a túa militancia na LNB e o bruar da billarda na procura dun varal en forma de furna imposíbel sobre unha mesa claquera nun colexio eleitoral calquera ...iso foi o que se constatou fai unha semana na Laracha e o que ista xornada de non-reflexion se vai producir tamén en Cuntis baixo a supervision do gran Comandante da LNB Xosé Collazo

Unha xornada a do sábado que tamén traerá accion e reacion billardeira no marco dos II Xogos tradicionais de Combarro donde a tribo das RíasBaixas activará un  explosivo plan de captación de palanadores e palanadoras por medio da celebracion dun Abertiño de Billarda , o campo base de reclutamento estará activo apatires das 16 h. - esnaquiza o voto , colle o palán....Billarda Sempre , Adiante co Varal!!