O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, setembro 18, 2016

CALVETE EN CADA VARADO E TALLADA EN REMOURELLE , EN CADA GROLO NO RAIO DE SOL DA LARACHA E EN CADA SALUCO EN SANXENXO!!


















Soñouno Calvete o resto han contalo....así versa o himno da LNB no que estoura ó igual ca un barreno na noite pecha o nome do gran referente histórico dista gran serpe multico chamada LNB. Calvete en cada varado sempre e en cada tallada do año mouro que iste domingo se inxerirá na Taberna de Remourellle na nova edicion do Menorial en honra do gran palanador dos Petaouco. Xantar de irmandade que contará coa presencia de míticos persoaxes da revocion billardeira coma Carmiña e a propia compañeira do palanador que entregará os premios do Aberto-Memorial que se desputará despois do xantar.



















Saída neutralizada no pelotán da NorLeste que terá o seu inicio de competicion oficial co explosivo Aberto de Outeiro e habitoallamento brutal para a tribo da NorOeste no referencial bar Raio de Sol da Laracha que iste domingo será o epicentro dunha grande velada de Billarda e emocions compartidas que servirá entre outras cousas para desintoxicarse da podredume eleitoral que sobrevoa o ambiente.

















E donde xa están a fume de carozo metidos na competicion oficla é na Conf. RíasBaixas que iste sábado desputaron o segundo aberto puntuábel no espectacular marco de Arnosa en SanXenxo para celebrar entre outras cousas o inicio do fin do asedio do turismo colonial e salvaxe....Billarda Sempre e Terra A Nosa!!