O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, agosto 14, 2016

CUN ÉXITO DESBORDANTE VOLTOU Ó CIRCUITO DE VERÁN O MÍTICO ABERTO DO UROGALO DOS ANCARES!!

















Non foi no Carioca Areana de Río donde o Urogalo voltou bruar e emosar a súa espectacular prumaxe, senón que foi no campo de terra fronte ó pavillón municipal de Cervantes nos Ancares..

















donde o autocnono animal acompañado dunha poderosa tribo de palandores e palandoras famentos de billarda asediaron o Varal Cervantino
















Trocando o palán pola libreta de enfrontamentos estivo unha vez máis o grande Sak , o mítico palanador lugués que mantén sempre aceso o lume da palloza da LNB nos Ancares , foi quen coordinou e arbitrou iste mítico Aberto do Urogalo que despois duns anos en estado de ivernacón coma os osos que habitan tamén istas terras , voltou ó calendario de verán da LNB coa forza dun xabarín ferido

















Del tamén son as verbas do crónico do Aberto do Urogalo 2016 celebrado na primisra semana de agosto coincidindo coas festas locais >
>Rematou o aberto de Urogalo, con público totalmente entregado ao
desenfreno billardeiro. Desde nativos experimentados a novos
palanadores, pasando por emigrados retornados. O gañador foi Pablo,
novísimo palanador pero que xa levaba varios urogalos ás costas.



















Os Ancares coa sua feira con artesania, pitas de Mos, fotografia,
musica e baile pero a estrela da tarde foron as duas horas e media de
billarda nos colexios. 

E como non detrás do rastro das billardas
 queda sempre

a reivindicacion dunha fauna animal e vexetal autóctona e diversa que o Urogalo representa

porque nos nosos montes queremos coellos e pitas do monte 

e non chisqueiros do madrid e amo galicia

            que prenden o lume e nos condean a morte
                
Billarda e Urogalo Sempre, Adiante co Varal!!