UNHA MARÉ DE CEREIXAS , XABARÍNS E VARADOS!!
E cos primeiros quentes chegou tamén o excitante circuito de Abertos de Verán da LNB , e como é costume é no espectacular marco de Baltar donde se iniciou a xeira cunha explosiva nova edición do m´tico Aberto do Festival da Chaira donde ó gran abano de estrelas chairegas da LNB uníronse os históricos activistas do plán do Madia-Leva de Lugo , precisamente Merce , a palanadora Mindoniense da franquicia das Murallas enviounos un intenso micro-crónico que resume á perfección a intensidade do evento-billardeiro nas terras da Pastoriza: Tremendo aberto de billarda onte en Baltar. Ambientazo, moita participación e xente que colleu un palán por primeira vez na súa vida, nenos, nenas e mesmo un vallekano recén chegado da China que tiñamos de convidado no xantar do Madia Leva.
E ó final , Pepe do Cadaval fíxose co espectacular trofeo e co xabarín da séptima edición xa do Aberto da Chaira , un campión que a vindeiro ano terá de seguro que medirse co anterior gañador de Aberto , Daniel de Billardeiro Musicais , iste ano por lesión non puido estar fisicamente en Baltar para para a outava edición do torneo a loita polo supremacía no terneo do xabarín pode ser encarnizada...
É tempo de Abertos de Verán e tamén ñe tempo de cereixas , polo que os activistas da NorOeste conxugaron os dous tempos e realizaron iste sábádo en Paiosaco o primeiro gran Aberto das Cereixas.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home