O "TENDERETE DA LNB" ESTARÁ EN COMPOSTELA O DÍA DA PATRIA DISTRIBUINDO DE CONTRABANDO AS CAMISETAS DOS 10 ANOS DE ACTIVIDADE E HIPERENXEBRISMO!!
A maquinaria anti-comercial da LNB xa a pleno rendemento para a distibucion das espectaculares camisetas conmemorativas dos 10 anos de actividade e hiperenxebrimo . O Tenderete da LNB xa está na rúa para que poidas adquirir ista xoia do deseño galego que nunca atoparás nunha tenda de Zara , Stradibarius ou Primark...
E iste día da Patria en Compostela pon o teu localizador de Varais a pleno rendemento porque o Tenderete da LNB estará escondido detrás de calquera esquina despachado camisetas de contrabando e se non o das atopado ...a partires das 17 H estará a pé de pista no campo de hockey herba do campus Sur donde se celebrará unha nova edición do xa mítico Aberto do Día da Patria do marco do Festigal.
Un espazo , no que se vai celebrar o Aberto , que o Festigal reservou para o deporte galego de seu e que dende as 16 h abrirá lume cos irmáns do xogo do pau , ás 18 h con esgrima histórica e ás 19 h.pechará coas enganchadas corpo a corpe da loita tradiconal galega dos alotador@s da Cambadela...Billarda , Patria ou Morte!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home