BILLARDA , UN LUGAR ABRUMADOR...
O Coroceir@ Nacional que tod@s levamos dentro agarda ansioso polo domingo 29 de Maio , alindando as vacas facendo de tripas corazón en cada un dos recunchos do seu subconsciente escarlata, alimentando con cada latexo as xestas e os paláns coas que combater en Compostela, unha vez máis, a gran barbarie colonial infinda...
A tribo da NorOeste afía os desexos concentrándose en Paiosaco na Laracha para que un dos seus activistas cubra cos Coroza por primeira vez na história a caluga e todo o seu ser , Billas do Noroeste cargadas co salitre e a brisa da Costa da Morte desafiando cama o país todo un destino predestinado porque.. para eles é o vento , para nós é a fame , para eles é o ceo , para nós son as miserias e o inverno!!
Regos de sangue , suór e tinta percorren os regos e corredoiras de cada recuncho da Conferencia RíasBaixas na angustiada espera polo incerto solpor, Sécase a boca , a gorxa enmudece , sécaselle a pel ó palán e á billarda e un volcán estala en cada varado...
O paraiso é un lugar abrumador , no lugar de coellos a prensa local saca da chisteira Osos Pardos surfeando nos valados da noite , Vilamartin-Pequeno e Remourelle epicentros brutais do estourido billardeiro reciben cos brazos abertos a toda clase de fauna ..porque no paraiso somos verdes coma as rabizas e naturais coma os diamantes e o zurro ...Billarda Sempre , Adiante co Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home